Ás 19:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, presentouse o libro To the Winds Our Sails, antoloxía de poetas galegas feita por autoras irlandesas, editado por Mary O'Donnell e Manuela Palacios en Salmon Books. No acto desenvolveuse un recital de poesía presentado por Olivia Rodríguez, no que participaron: Luz Pozo Garza, Mary O’Donnell, María do Carme Kruckenberg, Ana Romaní, Maurice Harmon, Chus Pato, Lorna Shaughnessy, Marilar Aleixandre, Xiana Arias, Luz Pichel, María Lado e María do Cebreiro. Colaboraron a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), o Ministerio de Educación e Ciencia (Proxecto Us and Them (FFI2009-08475/FILO)) e o Grupo de investigación Discourse and Identity (GI 1924)
Este libro naceu do Seminario Internacional "Creación, Edición e Crítica: poetas galegas e irlandesas", organizado pola AELG os días 16 e 17 de outubro de 2008, que reuniu representantes do mundo editorial, da crítica e da creación poética, tanto de Galiza como de Irlanda, co obxecto de poñer en común as súas experiencias en relación ao fenómeno recente de emerxencia de mulleres poetas en ambas comunidades. Vexa máis información aquí.