26 de agosto de 2008
Unha coedición da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Na Biblioteca de Estudos Locais (Casa da Cultura Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga), tivo lugar ás 19.00 horas un recital poético musical con motivo da presentación do libro A Coruña á luz das Letras (Editorial TRIFOLIUM).

Esta actividade foi organizada pola Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega e pretende commemorar o 800 aniversario da fundación da cidade da Coruña. A publicación consta de escritos sobre a cidade de arredor de 50 autores e autoras socios/as da AELG.
 
Vexa aquí o discurso do presidente da Aelg
 
Celebrarase ademáis un recital poético a cargo dalgúns dos colaboradores do libro: Eva Veiga, Estíbaliz Espinosa, Yolanda Castaño, Xulio L. Valcárcel, Salvador García-Bodaño e Xavier Alcalá.