Este seminario internacional reuniu representantes do mundo editorial, da crítica e da creación poética, tanto de Galiza como de Irlanda, co obxecto de poñer en común as súas experiencias en relación ao fenómeno recente de emerxencia de mulleres poetas en ambas comunidades. Deuselles a palabra ás escritoras, quen dialogaron cos críticos e editores sobre as relacións entre creación, edición e crítica.