Acto subvencionado e patrocinado por CEDRO e a Consellería de Cultura. Organizado coa colaboración do Concello de Corcubión e a Federación Galega pola Cultura Marítima.
Este encontro responde a unha clara demanda e xurde inicialmente do ánimo de trasladar os nosos maiores esforzos e atencións para este ano cara unha zona extraordinariamente rica nunha fértil cultura de seu vencellada a todo o que é o mundo do mar. Un acervo popular ligado a unha cultura oral e a un patrimonio enxebre, que foi obxecto das análises e reflexións dos maiores especialistas do país na materia xunto a todo aquel que quixo acompañarnos, socios da AELG e demáis xentes relacionadas co mundo da cultura, o ensino e o mar, destacando, ademais a presencia dunha representación das Asociacións "Mar da Pedra de Amigos das Gamelas" (Cangas do Morrazo) e a "Federación Galega pola Cultura Marítima", con sede en Cambados, integrada por un total de 20 asociacións que trababallan na recuperación e difusión de toda a cultura relacionada co mar e as súas manifestacións (revistas, encontros, exposicións, regatas) e que celebra este ano o seu X Aniversario.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|

