Recollendo unha vella demanda de información do mundo literario, de grande actualidade e interese para todos os axentes implicados no sector, a Asociación de Escritores en Lingua Galega quixo deitar algunha luz sobre un asunto que tanto preocupa a escritores e editores.
Para iso presentamos a “Xornada sobre a propiedade intelectual”, na que contamos con voces autorizadas de profesionais e representantes institucionais xunto con escritores e editores, para conseguir abranguer o tema desde todas as perspectivas.
Programa.
10:00
“Retos da nova Lei da Propiedade Intelectual”, por D. Juan Mollá, Vicepresidente de CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos) Prema aquí para ler a súa intervención, en .pdf.
Coloquio.
11:30
“Dereitos de Autor e novas tecnoloxías: os dereitos dixitais”, por Dona Marta Malmierca, responsable do Departamento de Servizos Xurídicos e Licenzas
de CEDRO. Prema aquí para ver un resumo da intervención.
Coloquio.
Para saber como encargar a Cedro a xestión dos dereitos dixitais, clique aquí.
14:30 Xantar no Restaurante O’16, Rúa de S. Pedro, 16.
17:00-19:00
Mesa redonda, “O libro en galego. Retos de futuro. ”
Xabier P. Docampo, escritor, en representación da AELG.
Tucho Calvo, escritor-editor
X.M. Gómez Clemente, presidente da Asociación Galega de Tradutores.
A AELG quere iniciar este 2006 ofrecendo un servizo asistencial aos nosos asociados/as que consideramos básico e fundamental: o coñecemento da Lei de Propiedade Intelectual e, moi especialmente, o dereito recoñecido ao cobro en concepto de dereitos de autor/a que todos os creadores de obra orixinal, en formato literario, artístico ou científico, deben percibir polo seu traballo de creación.
Durante esta xornada de reflexión e traballo, na que contaremos con destacados representantes de CEDRO, intentaremos esclarecer aquelas dúbidas que habitualmente xorden a este respecto nos nosos socios e socias, para poder conseguir para estes o obxectivo último que nos move no noso proxecto global: o recoñecemento e a dignificación do noso traballo como creadores e creadoras, así como servir de guía para a progresiva profesionalización do sector.