Pola súa contribución en diversos eidos do Xornalismo, sempre á altura das necesidades do seu tempo e, particularmente, por poñer os alicerces para termos uns medios de comunicación galegos e en galego, Tareixa Navaza, Manuel Lombao, Margarita Ledo e Xosé Manuel García Palmeiro recibirán no transcurso da Gala das Letras esta distinción da AELG.
Será o sábado 9 de maio, ás 20.00, no Círculo de las Artes da cidade de Lugo.