A Asociación de Escritores en Lingua Galega en colaboración co Servizo Galego de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, comeza o 26 de setembro en Padrón unha nova quenda de cinco obradoiros de creación literaria que levarán durante o outono outras tantas escritoras a Ribeira, Santa Comba, Sanxenxo e Cuntis e enfocados principalmente a colectivos de mulleres.
Esta serie de obradoiros dan continuidade a un proxecto que no que xa participaron as escritoras Marta Dacosta, Laura Caveiro, Estíbaliz Espinosa, María Xosé Queizán e María Reimóndez.