A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXIX edición, recaendo na figura de Fina Casalderrey, que será homenaxeada en Pontevedra no mes de xuño de 2023.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida da homenaxeada ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación da árbore simbólica elixida pola propia autora e a colocación dun monólito conmemorativo.
ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN
I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
1995 • Boa, Taramancos
II Edición: BERNARDINO GRAÑA
1996 • Cangas do Morrazo
III Edición: MANUEL MARÍA
1997 • Outeiro de Rei
IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
1998 • Vigo
V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS
1999 • Gres, Vila de Cruces
VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo)
2000 • Parada do Courel
VII Edición: LUZ POZO GARZA
2001 • Ribadeo
VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO
2002 • Vilalba
IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO
2003 • Nogueira de Ramuín
X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO ZUNZUNEGUI
2004 • Teis, Vigo
XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ
2005 • Ourense
XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG
2006 • Vigo
XIII Edición: MANUEL LOURENZO
2007 • O Valadouro
XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR
2008 • Melide
XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
2009 • Vilalba
XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE
2010 • Santiago de Compostela
XVII Edición: PACO MARTÍN
2011 • Lugo
XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS
2012 • Ribadeo
XIX Edición: MARICA CAMPO
2013 • O Incio
XX Edición: XABIER P. DOCAMPO
2014 • Castro Ribeiras de Lea
XXI Edición: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO
2015 • Vilaboa
XXII Edición: HELENA VILLAR JANEIRO
2016 • Rianxo
XXIII Edición: MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
2017 • Lugo
XXIV Edición: NACHO TAIBO
2018 • Oleiros
XXV Edición: PILAR PALLARÉS
2019 • A Coruña
XXVI Edición: VÍTOR VAQUEIRO
2020 • Santiago de Compostela
XXVII Edición: CONCHA BLANCO
2021 • Cee
XXVIII Edición: XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ OCA
2022 • Pontevedra