A homenaxe “O Escritor na súa Terra” que cada ano impulsa a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou no 2002 á súa VIII edición, recaendo nesta ocasión e por decisión unánime na figura do sobranceiro escritor vilalbés Xosé Chao Rego, a quen se concedeu a “Letra E”, máximo galardón da AELG. Trátase de homenaxear, a través dunha serie de eventos que conforman xa unha tradición na traxectoria da nosa entidade, un dos máis insignes e recoñecidos ensaístas da Historia da Literatura Galega. Unha homenaxe múltiple e popular no marco da vila natal do autor, capaz de concitar a maior e máis diversa participación tanto entre os seus conveciños coma entre intelectuais de todo o país.
Programa de actos:
1. Plantación dun Bidueiro (Árbore do Escritor) e descubrimento dunha Pedra escultórica conmemorativa.
2. Inauguración oficial dunha rúa co nome de Xosé Chao Rego.
3. Acto oficial de entrega da “Letra E” (escultura do artista Moncho Amigo) a Xosé Chao Rego, na propia Casa do Concello.
Xantar de confraternidade, aberto a socios da AELG, veciños de Vilalba e demáis persoas interesadas.