Letra das Festas. A revista oral do San Froilán 2019
Popurrí de orquestras, bises e verbenas. Memorias desde o palco!
Non hai festa sen verbena, nin verbena sen orquestra, nin orquestra que non presuma de que lle pidan un bis!
- Mércores, 9 de outubro, ás 18:00
- Salón de Actos do Centro Cultural Vello Cárcere (Avda. Alcalde Anxo López Pérez, 34 –perto da estación de autobuses–)
- ENTRADA DE BALDE
Contaron e cantaron:
- Luís Cortiñas
- Verónica Cambón
- Gerardo Iribar
- Tino López
Ambientación musical:
- Tania Pérez
Coordinaron e presentaron:
- Lois Pérez
- Antonio Reigosa
Foi unha estupenda novena edición, con moita asistencia de público, arredor de 130 persoas, e un ritmo perfecto durante a hora e media case exacta que durou. As intervencións dos convidados foron excelentes, con experiencias e idades moi variadas:
Luís Cortiñas, 86 anos, gravou discos con Los Brillantes e acompañou a Mª Dolores Pradera en directos. Ademais de ter unha experiencia profesional en Alemaña.
Gerardo Iribar, 66 anos, músico afeccionado, percusionista que viña para falar da súa andaina musical e acabou cantando dous temas, amais de acompañar a Tania Pérez coas culleres, interpretando unha muiñeira.
Tino López, algo máis novo, experto baixista dunha longa traxectoria, desde grupos como Semen Up ou Os Resentidos, pasando por orquestras e moi variados grupos musicais de case toda tipo de músicas.
Verónica Cambón, 30 anos, ilustrounos sobre a problemática da muller nun mundo tan masculino. E cantou, como fai cando actúa nas verbenas parroquiais.
Tania Pérez, 28 anos, muller orquestra total, acompañou a todos os que quixeron cantar co seu teclado e o seu acordeón. Ten enorme éxito nas festas populares do occidente de Asturies e na fronteira oriental galega.