8 de outubro de 2014
Co apoio da Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a colaboración do Círculo de las Artes
Foto da actividade

 

 

HISTORIAS DE TOLOS, CHALADOS E TRASLIDOS
Memoria de personaxes singulares de Lugo e arredores
Entrada de balde
 
 
Letra das Festas 
San Froilán 2014
Círculo de las Artes
Mércores, 8 de outubro
18:00 h.
 
Interveñen
Ángel Martínez Fernández de la Vega, Paco Nieto, Isidro Novo, Lourdes Abuíde, Lois Pérez e Marica Campo.
 
Música
Abraham Cupeiro e Héctor Barro

 
Coa colaboración da Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a coordinación e presentación de Antonio Reigosa e Isidro Novo, a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en  Lingua Galega organiza a cuarta edición desta "revista de literatura oral ao vivo" que sae sempre polo San Froilán, e na que este ano interveñen persoas que rememoran persoeiros singulares de Lugo e arredores, todos reais, denominados de mil maneiras: tolos, loucos, dementes, chalados, chiflados, lunáticos, maniáticos, idos, majaretas,  traslidos e outros moitos calificativos para diferencialos de todos os que nos consideramos “normais”. Entre eles O Currinche, Caín, Balbino,  anécdotas de Fole ou de Cunqueiro e… algunas sorpresas que non podemos revelar.