Letra das Festas
San Froilán 2013
Círculo de las Artes
Xoves, 10 de outubro, ás 19:30 horas
Entrada de balde
HISTORIAS DO SAN FROILÁN DE HAI 50 ANOS
Músicas, atraccións e espectáculos, persoeiros, anécdotas …
Participarán doce persoas nacidas ou residentes en Lugo desde hai moitos anos:
Adela Figueroa, profesora e escritora.
Alfonso Blanco Torrado, crego e activista social.
Xerardo Pardo de Vera, avogado, actor e antigo batería do histórico grupo de música pop “Los Pekenikes”.
Manuel Pajón, músico, baixo desde 1969 a 1980 da “Calú 96”, histórica orquestra de Lugo que amenizou o San Froilán moitos anos.
Mª Concepción López Fernández, que achegará lembranzas de cando era a nena.
Pilar Yáñez Lombardía, foi mestra ata que unha enfermidade a deixou sen vista con apenas 49 anos.
Felipe Arias, arqueólogo e historiador, director do Museo do Castro de Viladonga.
Xesús Regueiro, responsable da Galería Sargadelos de Lugo
Jorge Chao, foi concelleiro do PP e directivo do baloncesto en Lugo moitos anos.
Higinio Martínez Fernández de la Vega, funcionario xubilado, avogado, sobriño-neto de Celestino Fernández de La Vega.
Suso Arrizado, antigo traballador na térmica das Pontes e en Alúmina, dedicado ao sindicalismo nacionalista desde mozo.
Xosé López, mestre xubilado, natural de Guntín, que lembra as súas visitas ao san Froilán cando era neno.
A fermosa fotografía que ilustra o cartel de convocatoria deste acto (Comendo o polbo no San Froilán de 1970) é da autoría do veterano fotógrafo Carlos Valcárcel.
Na parte musical interveñen Sito Sedes, unha das voces con máis personalidade da música galega do último medio século, acompañado ao piano por Sergio del Castillo, músico cubano afincado en Galicia desde 1994, que interpretarán temas de moda das décadas dos 50 e 60 do pasado século.
COORDINAN E PRESENTAN: Isidro Novo e Antonio Reigosa (sección de literatura de tradición oral da AELG).

.jpg)
Agradecemos a Carlos Valcárcel a cesión do uso da fotografía Comendo o polbo no San Froilán - 1970.
Cartel en pdf