|
Mesa redonda de Poesía. Introdución
Presenta: Rexina Rodríguez Vega
Rosa Enriquez
EscritoraTeresa Moure
Escritora |
|
Mesa redonda de Poesía
Presenta: Rexina Rodríguez Vega
Rosa Enriquez
Escritora |
|
Mesa redonda de Poesía
Presenta: Rexina Rodríguez Vega
Teresa Moure
Escritora |
|
Mesa redonda de Poesía. Quenda de preguntas
Presenta: Rexina Rodríguez Vega
Teresa Moure
EscritoraRosa Enriquez
Escritora |
|
Mesa redonda de Narrativa. Introdución
Presenta: Rexina Rodríguez Vega
Juan Tallón
XornalistaManuel Darriba
Escritor, Xornalista |
|
Mesa redonda de Narrativa
Presenta: Rexina Rodríguez Vega
Juan Tallón
Xornalista |
|
Mesa redonda de Narrativa
Presenta: Rexina Rodríguez Vega
Manuel Darriba
Escritor, Xornalista |
|
Mesa redonda de Narrativa. Quenda de preguntas
Presenta: Rexina Rodríguez Vega
Juan Tallón
XornalistaManuel Darriba
Escritor, Xornalista |
|
|
Mesa redonde de Teatro. Presentación
Presenta: Rexina Rodríguez Vega
Valentín García
Secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. |
|
Mesa redonda de Teatro
Advertencia +18. Este vídeo contén imaxes con carácter explícito que poden xerar susceptibilidade no espectador/a.
Presenta: Rexina Rodríguez Vega
Clara Gayo
actrizMarta Pérez
actriz |
|
Mesa redonda de Teatro. Coloquio
Presenta: Rexina Rodríguez Vega
Clara Gayo
actrizMarta Pérez
actriz |
Vexa o cartel e o programa de man da actividade en formato pdf.
Hai agora dez anos, a escritora Luz Pozo Garza inauguraba o I ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, daquela, na Universidade da Coruña. Un ano despois a Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo uniuse a esta iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Neste tempo a literatura galega achegouse á comunidade universitaria en primeira persoa, coa participación de nomes tan senlleiros das letras do país como Xosé Neira Vilas, Mª do Carme Kruckenberg, Mª Xosé Queizán, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Marcos Calveiro, Xosé Monteagudo, Marilar Aleixandre ou Quico Cadaval entre outros moitos que quixeron debater con estudantes e docentes sobre o panorama actual da escrita galega. Pero o ciclo é tamén un xeito, como explica a súa coordinadora, a profesora e escritora Rexina Vega, de darlle unha palestra ás novas voces da literatura galega.
Este xoves inaugurouse a décima edición que, baixo o título Afinidades electivas?, aposta pola subxectividade, para que cada autor ou autora non fale da súa propia obra, senón de quen os acompaña na mesa. As primeiras en probar este formato foron este xoves Rosa Enríquez e Teresa Moure. O obxectivo, como destaca Rexina Vega, “é establecer un diálogo de verdade, lonxe dos discursos litúrxicos habituais dos actos culturais”.
Outra das novidades desta décima edición é que varias sesións se trasladan ao centro de Vigo. “A idea é que a Universidade baixe á cidade, porque estamos lonxe e influímos moi pouco na vida cultural e iso é desbaldir oportunidades”. Neste sentido, a organización apostou por colaborar co tecido asociativo e non polo eido institucional, por iso escolleron como sede o Charenton Club, “un dos motores culturais de Vigo que nos permite crear unha sinerxía entre o activismo cultural da cidade e a Universidade”. A seguinte cita será o 9 de outubro cunha mesa sobre narrativa con Juan Tallón e Manuel Darriba e a de peche o día 16 con Clara Gayo e Marta Pérez falando de teatro.
Para Rosa Enríquez falar de Teresa Moure non é doado “porque ten unha obra ampla, pero o que máis me interesa é o seu traballo de ensaio e de narrativa”. A escritora e xornalista pon o foco no seu discurso feminista, “un discurso necesario” que recoñece que “pode resultar incómodo pero necesario para que todas as mulleres tomemos conciencia de moitos temas que temos interiorizados pero dos que non somos conscientes”. Por outra banda, tamén se referiu ao seu discurso literario, que está imbuído do discurso político. “Paréceme moi honesta porque creo que é complicado saírse da política e en toda a súa obra fainos ver que non existen espazos de neutralidade”, destaca.
Este foro de debate serviu tamén para que as escritora reflexionasen sobre a situación actual da literatura e da lingua galega e ambas coinciden con Rexina Vega en que vive un momento de crise, de falta de apoios e de invisibilización. Moure recoñece que a crise económica pode afectar ao compromiso dos lectores pero considera máis importante “a política de persecución á lingua galega promovida pola Xunta de Galicia que colocou ás editoriais que publican en galego en situacións complicadas e afectou tamén á dinamización da vida cultural do país”. Rosa Enríquez destaca que a crise na literatura galega é maior ca na española porque é considerada unha literatura “subalterna”. Recoñece que existe un “problema de lectores” pero tamén considera innegable que “a situación do galego é precaria, non existe un bilingüismo harmónico, senón un conflito evidente”.
Fronte a “tanto pesimismo e desesperanza polos atrancos do idioma” Teresa Moure quixo recoñecer o esforzo de todos aqueles defensores e loitadores da lingua. “O actual momento cultural e literario galego está baseado nunha forte militancia, unha actitude de compromiso co idioma que require unha dose moi forte de voluntarismo e de enerxía” e, nese sentido, subliñou que “a lingua seguirá viva mentres traballemos para que siga viva”.