Con este premio, que xa recibiron Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge e Bernardo Atxaga, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca aqueles autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca con esta mención a alta calidade literaria do conxunto da súa obra, coa que nos dá testemuño do seu tempo, do noso tempo, desde un insubornábel compromiso ético. A súa é unha traxectoria literaria incontestábel, apreciada por crítica e público, nun consenso difícil de conseguir.
Con motivo da súa visita a Galiza, Luiz Ruffato desenvolveu o seguinte programa de actividades promovidas pola AELG:
9 Maio
Lugo
17:30h, mesa-redonda organizada pela AELG, "Conversa co brasileiro Luiz Ruffato, Escritor Galego Universal" (Refeitório Museu Provincial) Com a presença dos galardoados/as com os Prémios AELG 2015 Institucións e Os/As Bos/Boas e Xenerosos/as. Acto aberto ao público. Vexa aquí as fotos do encontro.
20.00h, Entrega do prêmio Escritor Galego Universal durante a Gala das Letras (Círculo de las Artes). Vexa aquí as fotos da Gala.
Con anterioridade, o día 7 de maio, estivo na Coruña pola mañá:
11.30h Encontro cos médios de comunicación na Libraría Linda Rama (Rúa Porta de Aires, 4).
12.30h Encontro/palestra na Universidade, Faculdade de Filologia: "Uma literatura na periferia do mundo" (Dpto. de Galego-Português, Francês e Linguística da UdC).
E en Santiago pola tarde:
19:00h "Encontros no Paraninfo com Luiz Ruffato" (acompanham Carlos Quiroga e Carmen Villarino Pardo).
-----