Do 6 de setembro de 2025 ao 25 de outubro de 2025
Unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, coa colaboración do Concello de Moaña e o patrocinio da Xunta de Galicia
Foto da actividade

O corpus poético de Xosé Manuel Millán Otero constitúe unha das voces máis intensas, sensibles e comprometidas da poesía galega contemporánea. O seu estilo está marcado pola profundidade existencial, a conexión coa paisaxe e o uso dunha linguaxe evocadora. Diremos pupila, lábio e terra. Camiñaremos polo linde da materia. Traballaremos voz con voz aos seus textos para achegarnos, nun intento fugaz, á súa obra. Fomentaremos a escritura creativa, inspirándonos na súa capacidade para transformar a realidade en imaxe poética.

Digo pupila lábio terra digo. Unha aproximación posible á obra poética de Xosé Manuel Millán Otero

A cargo de Míriam Ferradáns e cunha sesión especial con Xosé Daniel Costas Currás.

 

Hai 20 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, fíxose enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando nome, apelidos e o nome deste obradoiro.

O obradoiro desenvolverase na Casa da Mocidade (cMo) de Moaña (Rúa María Martín, s/n).

 

Calendario e horarios

- Sábados 6, 13, 20 e 27 de setembro; 4, 11, 18 e 25 de outubro de 2025, de 11:00 a 13:30 h.

 
 
 

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.