Do 12 de abril de 2025 ao 24 de maio de 2025
Unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra

Canto como conto. As cores da música na lingua. Timbres, ritmo e dinámicas das voces cantadas e faladas.

Dirixido a persoas que utilizan a voz e a expresión oral  (poetas, contacontos, actrices e actores, locutores, cantantes etc. ) e que procuran unha comunicación máis auténtica, profunda e persoal co público.

Con metodoloxía  práctica e individualizada, e de orientación “somática”.

Aborda a estreita relación entre música, canto, fala, emoción e sensación, revisando a complexa convivencia entre a linguaxe verbal e a musical.

Incide na linguaxe das sensacións revalidando os elementos comunicativos preverbais da voz  (sons “animais”, interxeccións, timbres e efectos) que conectan cunha comunicación emotiva, xenuína e rica en matices.

 
 

- A cargo de Cristal Méndez Queizán (Maga de Voz), coa intervención nunha das sesións de Marga do Val.

- 15 prazas dispoñíbeis para persoas maiores de 18 anos.

- A inscrición, gratuíta e obrigatoria, farase mediante correo electrónico en oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro. As prazas asignaranse por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.

- O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n).

 

Calendario

- Días: sábados 12 e 26 de abril; e 3, 10 e 24 de maio de 2025.

- Horarios: de 10:30 a 13:30 h.

 

 

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.