- A cargo de Carmen Conde, Larraitz Urruzola e Avelino González.
- Terá 4 sesións de 2 horas cada unha.
- Hai un total de 20 prazas por sesión para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.
- O obradoiro desenvolverase no Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n, 27002), en Lugo durante o mes de decembro de 2025.
Calendario
- Mércores 10 de decembro de 2025, de 18:00 a 20:00 h. con Carmen Conde
- Venres 12 de decembro de 2025, de 18:00 a 20:00 h. con Carmen Conde
- Mércores 17 de decembro de 2025, de 18:00 a 20:00 h. con Larraitz Urruzola
- Xoves 18 de decembro de 2025, de 18:00 a 20:00 h. con Avelino González

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
