Do 18 de novembro de 2025 ao 29 de novembro de 2025
Unha iniciativa da Escola de Escritorĉs da AELG, co apoio do Concello de Santiago de Compostela
Foto da actividade

- Exploraremos a cidade como espazo literario e simbólico.

- Fomentaremos a escrita creativa a partir da observación urbana.

- Descubriremos as "cidades ocultas" que se agochan dentro de Santiago (memoria, emoción, lenda, soños, utopía, abandono...).

- Crearemos textos literarios inspirados na cidade.

 

- A cargo de Daniel Asorey.

- Terá 4 sesións de 2 horas e media cada unha.

- Hai un total de 15 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.

- O obradoiro desenvolverase en Zona C. Punto de Información Cultural (Rúa Preguntoiro, nº 1, Praza de Cervantes), en Santiago de Compostela.

 

Calendario

- Martes 18 de novembro, de 16:30 a 19:00 h.

- Sábado 22 de novembro, de 11:30 a 14:00 h.

- Martes 25 de novembro, de 16:30 a 19:00 h.

- Sábado 29 de novembro, de 11:30 a 14:00 h.

 
 
 

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.