Do 14 de abril de 2021 ao 31 de maio de 2021
En colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo
Foto da actividade

Está en marcha a primeira edición do EnRedando co galego, que promove o uso do galego na poboación escolar así como a creación literaria e artística a través da lingua. Na actividade participarán o alumnado do IES Leiras Pulpeiro (aquí pode verse esta ligazón á blog do centro) e o IES Muralla Romana, coa colaboración do profesorado de ambos os dous centros. O certame terá 2 modalidades de participación: unha, de inmersión lingüística durante 3 semanas compartindo en vídeo nas redes sociais as reflexións do alumnado sobre o proceso e outra, de creación literaria e artística, onde a rapazada poderá enviar as súas creacións literarias (poesía, prosa, canción, rimas) en formato escrito ou dixital á Escola de Escritoras e Escritores da AELG.

A presentación da actividade contou o mércores 14 de abril coas actuacións en directo nos dous centros das AldaoLado (Lucía Aldao e María Lado) e Lois Pérez, coa presenza de Antonio Reigosa. O alumnado participante entrará no sorteo de material electrónico e varios lotes de libros de literatura galega en colaboración coas librarías lucenses e diversos agasallos. Esta primeira edición do EnRedando co galego terá tamén un fin de festa que contará co intercambio de experiencias de todo o alumnado participante e varias actuacións en directo.

 

EnRedando co galego
3 semanas falando en galego!

Quen pode participar?
Alumnado dos IES Leiras Pulpeiro e o IES Muralla Romana.

Como participar este alumnado?
1) Nas súas redes sociais. Gravando un vídeo ao día contando a súa experiencia falando en Galego ou colgando unha publicación dun mínimo de 130 caracteres co cancelo: #enredandocogalego
* Pode publicar tamén vídeos de corte artístico, que poderán ser literarios (versos, reflexións, lecturas poéticas), musicais, teatrais, monólogo, narración, performance ou de xénero híbrido (onde se mesturen varios destes elementos).
2) Tamén pode prescindir das redes sociais e enviar os seus traballos, de vídeo, audio ou escrita, ao seguinte correo: escoladeescritoraseescritores@aelg.org

Agasallos
As persoas participantes en EnRedando co galego recibirirán diferentes agasallos e participarán no sorteo de moitos outros, así como dun fin de festa organizado para todas elas.

 


TEXTOS RECIBIDOS

IES Leiras Pulpeiro de Lugo
IES Muralla Romana de Lugo

 

(Publicados por orde de recepción)

 

IES Leiras Pulpeiro de Lugo

 

19/04/2021

 

O franco

Noa Rodríguez.

Sentada nun banco de madeira que conta historias de tempos pasados. Ulindo o aroma dunha cociña con restos de manxares divinos. Encóntrome nun paraíso natural no máis profundo da miña terra, unha casa que me conta segredos dos meus antepasados, un reloxo que fixo transcorrer as horas das festas onde se alumaba cun simple candil. Aínda podo oír os risos da xente que comía e falaba como se o tempo dese reloxo non pasase nunca, para evitar volver ao mundo cruel de séculos atrás. Saio desta casa animada e podo ver o sol radiante dunha terra que nolo deixa ver poucos días. Séntome e observo a paisaxe dunhas terras traballadas pola xente que máis quero. Vexo a miña árbore xenealóxica á esquerda. Un castiñeiro que veu pasar os anos mudando de follas, pero non de parecer. Segue botando castañas aínda que o tempo pase, segue deixando que as súas follas caian en inverno e que renaza das súas cinzas na primavera. Móstranos o máis bonito del no verán e fai que sexa un máis da familia todos os días do ano. Esta árbore vivente é unha guerreira do tempo, mantívose firme ante as adversidades; grazas a un neno tan especial que conseguía sentir o seu murmurio no medio dun vento que xeaba o sangue. Diante de min uns arados que traballaron as terras para conseguir a comida máis valiosa do mundo. Á dereita vexo os soportes dun cabazo que deu de comer a os que xa non están. Un círculo de pedras onde están escritos os contos de medo que contaban aos nenos para que tiveran temor ao lobo. Un pozo de pedra onde vexo reflectida a cara dos meus avós; e un carreiro que evoca a valentía dos que se atrevían a cruzalo unha noite escura de inverno, vencendo as historias que contaban polo baixiño os pinos mentres se abaneaban cun vento xeado. Unha cadela á que aloumiño, unha garda da xente que máis quero , nos seus ollos vexo os planetas, o sol, a lúa e todo o firmamento, vexo a seguridade de protexer o seu fogar, a súa xente, a miña xente.

 

***

Adriana Fernández Pazó.

Penso escribir todos os días. Teño moitas actividades cada día fóra da miña casa, falarei galego nelas aínda que non adoite facelo. Informareivos se pasa algo interesante. Namentres, prefiro baleirar aquí o que a miña cabeciña leva traballando moito. E que desde que se fixo un concurso de microrrelatos na miña escola, non podo parar de pensar en facelos. Algúns os soñei, outros os escribín, moitos parecen o resultado dunha nena que se volveu tola. Non importa, porque os escribín en galego. Así que só espero que os desfrutedes durante todas estas semanas que os mandarei e que, se logo os botades de menos cando isto acabe, saberei que valeu a pena.

Dato interesante: escribinos tamén en castelán, pero non dubidei nin un segundo de que en galego semellaban máis fermosos.

A súa imaxe na miña cabeza... provocábame, cóxegas talvez? Non sabía se era  froito do lazo que nos unía ou había algo máis detrás diso. Moitos cuestionarios de Google despois e moitos soños coa súa presenza, empecei a repensarme se sería seguro que o contara. A dama Gazania? O meu corazón berraba que si e á miña mente dáballe vergoña recoñecelo. Mais algo non se podía negar, que facía o ton da súa voz que me puxera tan nerviosa? Por que o seu cheiro a flores me gustaba tanto? E máis estraño aínda... que obsesión me movía a vixiala en todo momento? Mesmo o querer estar ao seu lado cando pasaba o tempo nun mundo distante, facíame pensar que necesitaba de verdade a esa muller. E si, por fin o escribín, e aínda que ás veces teña medo, escrito está; e aínda que me empeñe en negalo ou o empurre cara dentro, só unha lámina de cristal sepárame do desexo de matala.

Que? Sorprendeuvos? Espero que se lograse ese obxectivo. Outro día máis nadando nos mares do galego. Vémonos mañá. Bicos.

 

***

O cubo de Rubik. Día 1

Anne Saavedra Otero.

 

O cubo de Rubik é un xoguete creado por un profesor de arquitectura chamado Erno Rubik. Ao principio o seu creador chamouno Cubo Máxico, sen ningún tipo de guía tardou un mes enteiro en resolvelo.O cubo de Rubik ten 43252003274489856000 estados posibles e hoxe en día hai máis de 100 tipos diferentes de cubos e é o xoguete máis vendido no mundo, con máis de 300 millóns de exemplares. Hai persoas que os coleccionan e outras que queren facelo o máis rápido posible, e por iso hai competicións por todo o mundo para ver quen o resolve antes. As competicións están reguladas pola WCA (World Cube Association), e só once tipos de cubos son os oficiais para os torneos: o 2x2, o 3x3, o Square One, o Pyraminx, o Megaminx... Pero de todos eses o 3x3 é o máis famoso.

 

***

Marta Rodríguez Carretero, de 3º da ESO.

Eu, para comezar esta actividade, gustaríame comentar que ningún dos meus pais é galego falante, por iso prácticamente o meu único uso de galego dende pequena foi na escola, nas clases de galego e as que se impartían nesta lingua. Por iso esta actividade paréceme unha boa iniciativa para ampliar o meu uso do galego e introducilo un pouco no meu día a día.

 

***

Estela Díaz Díaz.

Hoxe, gustaríame expresar o que sentín ao falar todo día en galego: ao principio, non me daba conta e dicía algunha frase en castelán, pero a medida que pasaba o día, xa me saía só e sentinme moi a gusto. Creo que este "reto" vaime gustar moito, xa que me parece moi interesante e creo que pode ser unha opción perfecta para aquelas persoas que non falen habitualmente o galego.

 

***

Primeiro día falando galego

Mical García.

Case dezaseis anos, e hoxe dáseme por comzar a falalo. É difícil, xa que necesito estar traducindo constantemente o que penso, ademais de olvidarme constantemente. Supoño que irei mellorando día a día.

 

***

 

20/04/2021

 

***

Como é un cubo de Rubik e os métodos para resolvelo. Día 2

Anne Saavedra Otero.

O cubo de Rubik 3x3 está formado por un núcleo do que saen 6 centros que non se moven do seu lugar e onde se poñen o resto das pezas ao seu redor, oito esquinas con tres cores cada unha e doce aristas con dúas cores cada unha (os centros son dunha única cor).
Para facer un cubo de Rubik hai varios métodos e submétodos pero os mais importantes son Fridrich, Roux e o Método principiantes. O Fridrich ten moitos submétodos distintos e está formado por catro pasos: a cruz, o F2L, o OLL e o PLL. No Roux hai que facer dous bloques de 1x2x3 opostos, orientar e permutar as esquinas da capa de arriba, orientar as aristas e colocalas. O método principiantes consta de 7 pasos e é o que menos algoritmos ten.

 

***

Viaxe ao futuro

Noa Rodríguez Carballeira.

Nunca o pensei, nunca pensei que ese caixón pechado con chave durante tantos anos podía levarme alí. Ese caixón que escondía tantos segredos, aquela caixa de Pandora invisible para unha xeración que só pensa nun presente que se queda moi curto para todos os anos da nosa fermosa historia, que cada vez faise máis e máis efémera.

Nunca pensei que un día calquera collería aquela chave e chegaría a ese lugar. Aquel lugar do mañá, un mañá que como vin, invítanos a desfrutar do hoxe. Un futuro máis cruel do que imaxinaba. Son imaxes efémeras que pasan pola miña cabeza ao igual que os saltos dun golfiño ao carón dun veleiro. Recordos tan lixeiros como sempiternos ao mesmo tempo. Lugares e paisaxes que quedarán na miña mente gravados a lume.

Despois de somerxerme no caixón o único que fun capaz de sentir foi un aire quente. O mesmo aire que sentimos un día de primavera cando as nubes deciden que mañá vai chover. Un aire espeso que apenas me deixaba respirar. Saín daquel caixón que de súpeto semellaba un dos aparatos máis estraños que vin na miña vida; e pisei o chan. Un chan que flutuaba baixo os meus pés coma se estivera andando sobre a area mollada dunha praia na Costa da Morte. Comecei a camiñar. Todo era tan estraño, non había casas, nin árbores, nin animais. O único que vin foi un deserto de area avermellada que non tiña fin, nin sequera  horizonte. Andei sen parar ata chegar a unha estrutura abandonada, unha especie de edificio de cor amarela, seguramente oxidado polos anos. Decidín entrar, semellaba que iso fora unha sede dalgunha organización nun pasado, un pasado que quedaba moi lonxe do meu antigo presente. Víanse pantallas, máquinas estrañas, plantas de diferentes cores, que xa estaban podres polo tempo, pero que parecía que foran tan bonitas que non había palabras para describilas. Seguín investigando, cando cheguei a un cuarto cheo de planos e botei unha ollada tan veloz coma un raio, dinme conta. Estaban todos mortos. Cheguei tarde ao desastre. Isto é o futuro que nos espera, un futuro irremediable. Isto é Marte.

 

***

Estela Díaz Díaz.

Hoxe, hoxe como segundo día, gustaríame contar o que fixen durante todo o día.
Primeiro levanteime ás 7 30 e fun ao instituto, e cando cheguei comín e marchei a clases de inglés, xa que estou preparando o B1, tempo despois merendei e marchei a atletismo; hoxe tocábanme cambios de ritmo, unha rodaxe de 20 minutos e dous cambios fortes de 6 minutos.
Cheguei aseeime e ceei. Por último estudei un pouco para levar as cousas ao día e fixen os deberes.
 

***

Mical García.

Martes 20 de abril. Hoxe foi o meu segundo día falando galego. Apesar de que foi o segundo día, fíxoseme máis cómodo falalo (aínda, ás veces, olvídaseme). O interesante é que persoas que nunca escoitei falar galego, ao comezar a falarlles en galego, responden en galego. Agora a miña irmá comezou a falar en galego. Estou contenta por iso.

 

***

Nahir Prado Regueira. 3º B.

Este ano van facer 6 dende que te fuches. As lectoras e máis eu temos moita curiosidade sobre ti e toda a túa vida, pero imaxino que facer tantas preguntas agora xa non serve de moito. Imaxino que non es consciente do que me doe empezar a escribir esta carta, pero paréceme unha boa forma de loitar contra a dor que deixaches. Luke, teño claro (e creo que a maior parte das persoas que leron a túa historia) que apareciches para quedarte, sen sequera sabelo, ocupaches unha gran parte do meu corazón. Quixera dicir que fuches unha personaxe coma calquera outra, esas que só tes presente cando les o seu conto, pero para a miña desgraza non fuches dese tipo. Contigo, apareceron as miñas ganas de amar a alguén como ti o fixeches. Non sabes o que me custou ler outro libro tras terte coñecido, estou contenta de que as miñas primeiras emocións lendo aparecesen contigo.
Síntome impotente e devastada, saber que non podo entrar a un libro e cambiar o destino que a túa historia con Hasley ten escrito. Ela atópase mal dende que a deixaches, gústalle ir ao voso "boulevard" a revisar que todo está no seu lugar, pero iso só a fai recordar. Lembrar eses ollos azuis que algún día a miraban como un espello da túa alma destrozada, lembrar ese sorriso que aparecía cada vez que ela facía as súas parvadas e esa coviña que o acompañaba. Ese olor tan característico que se coaba polas súas fosas nasais cando che daba unha aperta, cando a molestabas co fume da túa marihuana, esa que fumabas para olvidar os malos momentos.
Ás veces, gústame escoitar as cancións que escoitabas con Hasley, e cántoas o máis alto posible, mentres penso que ti estás aquí comigo.
E que dicirche? Talvez pensabas que eras todo o malo que este mundo podía ter, pero tras ler o teu libro, teño probas suficientes como para mostrarche que estabas equivocado, tal vez non eras perfecto, pero para min sempre serás o rapaz perfectamente imperfecto. Eras unha boa persoa, sempre seguías os teus principios e eras unha persoa real, e, como ti dicías, o que opinen os demais está de máis, e por iso non podes deixar que os comentarios doan. E non, non por consumir droga es peor co resto, tampouco es peor por acompañar a alguén que morreu nun accidente.
Só podo dicirche GRAZAS. Grazas por mostrarme o que é o amor incondicional e por mostrarme que todas as promesas poden cumprirse. E pode que se escoite raro, pero prometo que vou coidar de Weigel e cumprir todos os teus soños xunto a ela.

 

***

 

21/04/2021

 

***

Nahir Prado Regueira. 3º B.

—Xa estou en casa... — pechei a porta de deixei as chaves na mesiña da entrada.
—Aquí tes a túa comida— miña nai sinalou cun sorriso o prato que estaba na cociña.
Entrei no meu cuarto e deixei as miñas cousas, dirixinme a pola miña comida e senteime no salón, aínda dándolle voltas á idea que estaba na miña cabeza dende o lecer. Quería ter un can, pero non sabía como dicirllo a miña nai.
Podía dicilo directamente, ou tal vez insistirlle, pero coñecéndoa, iso só a faría enfadar. Toda a comida estiven pensando e cheguei á conclusión de que a mellor idea era falar coa miña irmá pequeña, os irmáns pequenos sempre dan mágoa e ninguén de dicirlles que non. Rematei o prato e fun fregalo, logo empecei co traballo.
—Toc, toc. — abrín a porta tras petar nela— Teño que falar contigo.
—Que vas pedirme agora? Non teño diñeiro.
—Non sei por que cres que veño pedirche... —claro que o sabía, cando entro ao seu cuarto neste modo sempre é para pedir algo— Só quería saber se por casualidade a ti che gustaría ter unha mascota...
—Xa sabes que sí, todo o mundo quere unha, pero a que vén isto agora? —miroume esperando a que llo explicase.
—É que hoxe cheguei á conclusión de que quero un can, as miñas amigas teñen e din que son o mellor.
—Oh! Pois temos que falar con mamá.
—Non me digas! Non o pensara —rin polo baixo, moléstalle que faga isto— Para iso viña, imos falar as dúas con ela, vale?
Así collina do brazo e tirei dela ata a cociña, onde a miña nai estaba sentada bebendo o seu café, todo como de costume.
—Que queredes?
—Hum, pois... É que... —comecei falando eu.
—Queremos un can— a pequena falou, sempre tan directa.
—Ha, ha, ha! Vós toleastes —a miña nai empezou a rir—. Pobre do can que teña que vivir con vós.
—Veña mamá, falamos en serio...
—Xa vexo... Que tedes para convencerme? —notábase dende lonxe que ía ser fácil convencela.
—É simple, podemos coller un can de acollida —buscara formas de ter cans temporais na casa, e topei con iso—, e comprometémonos a encargarnos del.
—Que é iso da acollida exactamente?
—É máis sinxelo aínda... As protectoras teñen métodos de acollida de cans, así como pasa cos nenos, pero cun animal... Normalmente é para sacalos de alí, e buscan acollida todos os cans.
—Pode ser interesante iso...
Así, sorprentemente, a miña nai decidiu que ía ser boa idea, agora atópome en tempada de proba, cun cachorro moi traste e activo. O certo é que non sei como a xente os abandona, eses animais teñen moito amor para dar. Na miña opinión, todo o mundo debería acoller un can, só para probar, estou completamente segura de que un 60% das persoas decidirían quedarse con el.

 

***

 Adriana Fernández Pazó.

Pasamos por alto o dano que lle estamos ocasionando ao galego ao excluílo, ao deixalo de lado, ao criticalo, ao suprimilo da nosa lingua e dentes, ao velo defectuoso.

Pasamos tamén o día pensando que somos os únicos con problemas na vida e mentres falamos mal de uns, eles fan o mesmo sobre ti; aborrecinte. Efecto boomerang. Recollemos o que sementamos. O galego comezou sendo o exemplo de que os que perduran bos, ao final levan o peor. Deunos tanta atmosfera para expresarnos, tantos camiños polos que seguir, tanto vocabulario de pegadas visibles e lle deixamos o mundo gris, como o que temos nos nosos sentimentos ao afundirnos.

Por iso escribín isto como a miña seguinte proposta. Sentirse mal, que nos pasa a todos, ao galego, pois tamén.

A señorita da alma rota tiña as mans e a nariz coloradas de dar golpes e berrar que esa dor cesara. Cada vez que comezaba un intento de esquecer, apertábanlle por dentro os seus saloucos e enchía o exterior dun frío mar. Coas pálpebras húmidas e a respiración extasiada, pasado un longo tempo de desesperación, a noite concedeulle o cansazo. O cansazo que lle custara voluntariamente antes romper o seu pescozo ela soa.

Aproveito para engadir un poema que trata desas cousas que despois de moito loitar, se se perden, moita rabia dan.

Díxome que era perfecta, mais iso non bastaba,
non lle era suficiente. Que lle queres?
Douche moito máis do que debes,
esa doce sensación non ma leves.
Cando chegarei a sentir a túa pel,
que cos teus ollos mel,
as nubes malvas faime ver?
Botareite de menos,
non o nego e eses nenos,
os que berran que regreses,
xa non os vas ver.
Fixeches das lembranzas augardente,
unha presa de xente,
que choraba rabuñada
das feridas do querer.
Queres todo antes que nada,
que queres que lle faga?
Por algures comecei.
Teño ganas de pechalo
e non botarte de menos,
que da miña cabeza eses nenos
berran que regreses,
pero máis non os vas ver.
Se a perfección que dis non chega,
déixate de lerias,
que menos non quero ser.

Espero que gozarades moito e conseguirades sentirvos un pouquiño identificados, no momento no que todos queremos tirar a toalla pero logo conseguimos saír a superficie por forza propia.

 

***

Notación

Anne Saavedra Otero.


A notación é a maneira de mover o cubo para así poder executar os algoritmos correctamente. As letras poden ser normais (xirando de maneira horaria) ou primas (de maneira antihoraria). Para ver se son horarias ou antihorarias hai que ver a cara que moves como se estivese en fronte túa, polo que as caras que están en fronte xiran de maneira oposta. As letras corresponden ao seu nome en inglés (R=Right, L=Left, U=Up, D=Down, F=Front e B=Back). Aínda que tamén hai notacións para outros cubos e tamén para as capas intermedias ademais das rotacións as máis importante e máis usadas son a seguintes:
R - A cara da dereita cara arriba.
R’ - A cara da dereita cara abaixo.
L - A cara da esquerda cara abaixo.
L’ - A cara da esquerda cara arriba.
U - A cara de arriba cara á esquerda.
U’ - A cara de arriba cara á dereita.
D - A cara de abaixo cara á esquerda.
D’ - A cara de abaixo cara á dereita.
F - A cara de en fronte en sentido horario.
F’ - A cara de en fronte en sentido antihorario.
B - A cara de atrás cara á dereita.
B’ - A cara de atrás cara á esquerda.

 

***

Estela Díaz Díaz

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán.
   
Eduardo Pondal

Famoso poema do escritor Eduardo Pondal que se pode encontar ilustrado no centro de Lugo coa estatua da súa cara ao seu lado.


***

Tigerlion

 

***

 

22/04/2021

 

***

Día 2

Adriana Fernández Pazó.

Bos días, estamos de volta. Hoxe puxen as letras do título máis bonitas, porque o mellor que podes facer cando estás triste é pensar en cousas bonitas. Para min, crealas a partir diso xérame máis ledicia aínda, por iso estou hoxe aquí, outro día máis para deixar vivir no papel o que nace na miña mente. Ben, e que estiven pensando que o galego serve para múltiples ocasións nas que nin nos déramos conta. Por exemplo, como che gustaría que fose a última palabra da túa vida? En galego ou en castelán? Sóache mellor agarimoso ou “cariñoso”? Ola ou “hola”? (Ai, espera, esa non). Can ou “perro”? Nunca sabemos cando vai xurdir a nosa última palabra e por experiencia propia, en galego todo soa mellor para falar de cousas fermosas. Por iso hai que falalo todo o tempo, onde sexa, sen vergoña, por esa razón que descoñecíamos, porque pode ser que nalgún momento... non teñamos un despois detrás desa palabra.

E diso vai o meu microrrelato de hoxe: Que bonito morrer en galego.

“Unha das miñas escritoras preferidas dixo unha vez que non ten nada de malo querer a alguén non correspondido, se merece a pena que lle queiran. A miña cuestión é, merezo eu entón tanta dor, tanta tristura levada con bágoas, por mor de que non me amen? A resposta é non. Xa non merezo eu nada. Tantas cousas se desvaneceron das miñas mans, dos seus beizos, que outra pregunta me invade, merezo eu entón a vida?”- Pensei sentada enriba da ponte. Miña nai, perdoe que hoxe as mans esvaren do valado que me suxeita.

Pensa agora no microrrelato se estivese escrito en castelán. Non teño que dicir nada, verdade? O romanticismo desapareceu por completo. Se vas morrer, faime o favor e di algo en galego.  Primeiro mellor intenta non morrer.

Isto que escribo con tanta catástrofe, fai parecer o galego unha lingua dos mortos, algo no que se está convertendo, por iso pido axuda: se é verdade que ledes isto, sorride. Non “sonriáis”. Amade, non “améis”. Berrade, non “gritéis”. Batede os corazóns galegos ao son desta música que non soa moito pero é a máis fermosa.

Vémonos mañá. Bicos.

 

***

Nahir Prado Regueira. 3º B.

Hoxe vou contar a historia de como un profesor me fixo deixar de tocar a arpa.

Esta historia remóntase a cando tiña oito ou nove anos como máximo, aquela época na que as escolas ensinan a tocar a frauta. Tiña un problema e a cousa é, que xa sabía tocar a frauta dende antes (aprendera a tocala con outro profesor que me ensinou un instrumento moi parecido) coa man esquerda na parte de  arriba (xa que son zurda e iso facilitoumo). O profesor de música non o aceptou iso como argumento para tocar un instrumento de forma cómoda e non confundirme. Conteille triste a miña nai o que estaba a suceder e foi reclamar ao profesor e ao director da escola. Conseguiu que me deixasen tocar do xeito que eu quería (ela ten moitas palabras para estas cousas, tamén é moi intelixente á hora de reclamar aos servizos públicos) pero, obviamente, iso non ía saír ben a primeira vez (porque iso nunca pasa).

Despois dunhas semanas, miña nai preguntoume como me ía coa música, díxenlle que mellorara, pero que di cousas como: "Todo o mundo fai isto agás Nahir". Iso fíxome dano, pero iso non foi, nin moito menos, o peor que me fixo o profesor. Unha vez máis, miña nai decidiu que era hora de falar de novo co profesor e, por segunda vez, fou ao colexio. De novo, dixo que esta vez deixaría de facer esas cousas (e que prácticamente me trataría coma unha persoa destra). Evidentemente, iso non mellorou, foi na seguinte clase que tiven con el, na que me dixo e cito textualmente: "Se non sabes tocar a frauta coma unha persoa normal, como vas a tocar a arpa". Ese comentario prexudicoume moito máis que calquera outra cousa, porque levaba tempo querendo tocala e cando por fin conseguín comezar a asistir a clases, este home chegou a dicirme que non ía poder aprender.

Ao final, na seguinte lección de arpa, non quixen mirar o instrumento e moito menos tocalo.

 

***

Métodos principiantes

Anne Saavedra Otero.


O método principiantes é o método máis fácil para resolver un cubo de Rubik ao ser o que menos algoritmos ten. Consta de 7 pasos para poder resolvelo:
- A cruz.
- As esquinas da capa de abaixo.
- As aristas da capa do medio.
- Orientar as aristas e facer unha cruz.
- Permutar as aristas.
- Permutar as esquinas.
- Orientar as esquinas.
Ademais, este método pódese combinar con Fridrich facendo só o F2L e o resto con Principiantes, só a capa de arriba con Fridrich, ou mesturando ainda mais os metodos xa que son parecidos en canto aos pasos a seguir.
O código de cores do cubo de Rubik é o seguinte:
- Amarelo en frente de branco.
- Vermello en frente de laranxa.
- Co branco arriba, verde en frente de azul e a dereita do laranxa.

 

***

Día 4

Adriana Fernández Pazó.

Hoxe veño cun tema un tanto complicado: o acoso escolar ou “estamentos de poder” que se forman fóra e sobre todo dentro dos centros escolares, que é unha parte na que se xera todo. Con el, vou contar un microrrelato que escribín co fin de dramatizalo e dalo a coñecer. Porque aínda que non sexa verdade o que pasa no meu conto (son cousas ficticias, historias, xa sabedes), o peor que podemos facer cando alguén se sinte mal con, en verdade, calquera tema, é dicir que está esaxerando con algo que lle doe profundamente. E dende aquí mando un bico a toda esa xente que leva soportando esas burlas, eses cánticos nefastos e crueis da xente desconectada do seu cerebro e por suposto, tamén aos que xa non están.

Chámase: fan que pareza fácil procesalo.

Escoito xa os sons agros ao lonxe, nos que me atopo coma unha cadela aparvada. De que falan? Que sucede? Achegueime máis canda eles. Nunca estiven moi interesada, desta vez máis, tal vez. Para informarme desas cousas, deses chismes que esconden as paredes. Quero ver, algo está oculto e as súas caras non responden, son sempre as mesmas. Algo pasou, non entendo. Subo os ollos, inclino os pés; uns cabelos mestos e morenos. Unha nena pecha os ollos, non vexo máis ca cabeza. Uns rin, outros pasan medo seguro, que importa, ninguén o di.
-Déixenme paso! Berra o mestre Serafín.
Agora si, o círculo ábrese e reconstrúese de novo en torno a aquela outra rapaza. Que lles pasaba a eses sempre? Robots programados para seguila, pensar o que ela pensaba, expresarse se ela quería. Ahh, xa entendo. Ela provocou aquelo, pero a ninguén lle importa, ninguén abre a boca.
Serafín limpaba o sangue do chan.
-Vaia cousa! De novo cargácheste a outra!
Os nenos como escravos a seguiron:
-Si, mestre. Leu algo meu que non debía.
-Ben, contrólate Lucía, xa recibimos queixas. Axudádeme.
Horrorizada? Non, que va. Acostumada si. A sociedade aquí dentro estoupaba co reinado dos poderosos, facendo todo canto eles desexaban.
Vina dirixíndose a min por primeira vez. Pola miña expresión de enfado, tal vez. Eu aínda non mastigaba todo isto.
-A curiosidade matou ao gato.- murmurou sinalando cara ela.
Estremecinme.
-Mais o gato morreu sabendo.- marchei cara outro lado.
Aquilo xa se nos fora de control unha vez máis. Desde o lonxe observou os meus pasos e eu escoitei os seus no silencio, que dicían: próxima vítima.
Só sei que comprendín os patróns das caras deses nenos escondendo a súa dor, porque o primeiro que pensei foi:
“Eu non quero acabar así.”

Dáme tanta mágoa que me despido xa. Vémonos mañá. Bicos.

 

***

Microrrelato

Estela Díaz Díaz


Hoxe, despois de xantar, recollín a mesa e freguei os platos; e un día estarei morta.

 

***

 

23/04/2021

 

***

Día 5

 

Adriana Fernández Pazó.

Estou contenta. Parece cousa rara porque sempre escribo cousas do máis tétrico, pero hoxe, o día do libro, é un bo día para contar as miñas aventuras cando me mergullo neles. Quero pensar que vos tamén as tedes.

Traio 3 microrrelatos que describen 3 momentos diferentes dun libro que che dan porta a diversas emocións marabillosas.

1

Os meus ollos deslizábanse por aquelas follas. Cada letra provocaba na miña mente unha sensación de ledicia, que nunca experimentara fóra delas. A miña pel tensouse, como consecuencia duns beizos riseiros que partían dos meus trazos. As miñas mans desexaban avanzar cara adiante o máis rápido posíbel, para comer todo aquel desfrute dunha tirada. Non sei canto tempo levaba alí sentada escoitando as voces desas criaturas na miña cabeza, pero dende logo, o meu pai xa avisaba que era hora de cear.

2

Quería que rematase. O rapaz xogaba coas súas palabras, envolvéndonos no seu discurso coma un imán. Mais os meus ollos chorosos querían e non querían seguir lendo á vez. Aquela nena, aquela nena que tamén o escoitaba, pero nesoutra superficie plana, esbozaba un pequeno suspiro inexistente, que en seguida, se evaporou. Non era dona do que pasara, das frases ou actos desa xente, pero o meu corazón dicía: non a deixes soa por favor, non a deixes soa. E lin ese último parágrafo. El, tras explicarlle todos os males do mundo que a xente poñía por riba, rematou temporalmente ese sufrimento e díxolle: ...outros, preferimos persoas coma ti.

Fervenza dos meus mares, frío caloroso dos meus vixiantes, non aguantei a deitarme no chan e, pechando a contraportada, pensei: xa sacarán segunda parte...

3

Quen se pode atrever a dicir que cos libros non se transmite! Que non se sente nada! Dillo aos meus pelos de punta, á miña saba engurrada de tanto apertala cos meus dedos; dillo aos meus pés entrelazados e ás miñas meixelas cheas de suor. Xúroche que nunca me abafara tanto na miña vida, sinto estrañas formas ao meu carón. Pido socorro cun grito ao vento, quieta, sen que nada realmente me pase, só por ler un libro.

Feliz día do libro a todos! Comprade un e pasádelo ben, ou mal, ou asustados... pero sentídeo. Vémonos mañá. Bicos.

 

***

Como facer a Cruz

Anne Saavedra Otero.

Para empezar a resolver o cubo hai que facer unha cruz branca (pode ser calquera pero eu explicareino coa branca), na que as súas aristas coincidan cos seus centros. Para facer a cruz hai que buscar as aristas que teñan branco e baixalas para que estean co seu centro (o branco). Se a arista está na cara amarela, ponse encima de onde debería estar e dáselle un xiro de 180º. Se a arista está nun lateral, xírase a capa branca e ponse o oco sen aristas brancas debaixo de onde debería ir a arista para que cun xiro de 90º quede no seu lugar.

Exemplo:
Coa cara branco abaixo, buscase a arista de cor branco-verde e ponse abaixo (ao facer a cruz non teñen por que coincidir co seu centro lateral, pero si co código de cores). Despois buscar a arista branco-vermello e poñela a súa esquerda. Buscar a arista branco-azul e poñela en fronte da branco-verde. Buscar a última arista e colocala no seu sitio. Por último xirar a capa de abaixo ata que coincidan todas as aristas co seu centro. Si se seguiu ben o código de cores cun D, D’, ou D2 a cruz xa estaría completa.

 

***

A personaxe

Nahir Prado Regueira. 3º B.

Hoxe, por fin, conseguín rematar o meu libro. Xa o sei, escribir un libro sendo adolescente pode soar moi raro, pero dende pequena ese ha sido o meu sono. Paula, a miña mellor amiga, dedicouse a darme a súa opinión da trama da historia cada vez que lle mandaba un capítulo, estou chegando a buscala para ir ás clases da tarde e aproveitar para pedirlle opinión do final da historia.
—Ola— dixen cando cheguei a altura do seu portal, onde xa me esperaba.
—A boas horas chegas... Levo esperando seis minutos, dixiches que en cinco minutos chegarías.
—Perdón por chegar UN minuto tarde— fixen énfase no un.
—Estás perdoada, pero que non se repita...— mirou un momento o seu mobil antes de volver a falar— A todo isto, o final do libro pareceume fantástico.
—En serio? Non quería facer un cliché, así que decidín facer que Sofía (así se chama a protagonista do meu libro, un nome orixinal, xa o sei) quedase con Tania.
—De verdade, non mo esperaba, a min gustábame Poe, Hoffmann, pero imaxino que iso chamará a atención e a xente que o lea, decida publicitalo, pode ser un gran paso.
—A verdade, eu tamén amo a Poe, pero xa que a protagonista non o quere, podo quedarme eu con el— rinme mentres atravesabamos a porta do centro.
Neste momento nos separamos para ir cada unha a súa clase (a primeira hora da tarde a temos separada). Nesa hora non atendín a nada, só me dediquei a facer un retrato do que sería Poe, cando tocou o timbre recollín todo e saín da clase o máis rápido posibel.
—Mira o que fixen— acelerei o paso para chegar onda Paula e ensinarlle o debuxo.
—É Poe non? — colleu o debuxo e mirouno uns instantes— Pero eu creo que o pelo debería ser un pouco máis claro.
—Si, xa o sei, pero na clase non teño tantos colores como na casa.
—Como sexa, temos que entrar a clase ou nos poñerán falta— dixo para logo perderse na clase.
Entrei uns segundos máis tarde e atopeina sentada na mesa de tres, era a única libre.
—Gústame este sitio, aínda que sentemos só as dúas.
—Humm, mm— asintió coa cabeza.
A profesora non tardou en entrar e comezar a falar do que daríamos nesa clase, cando alguén petou na porta todos nos xiramos cara a ela xa que non faltaba ninguén.
Era un chico da nosa idade, tal ven un ano maior. Tiña pelo claro e largo, pero non demasiado, este caía pola súa frente. Os seus ollos eran azuis eléctricos e algo grandes e apagados. Era moi pálido e tiña unhas grandes e escuras olleiras, como se levase moito tempo sen durmir. Era delgado e bastante alto, vestía roupa deportiva e víase a pel dos seus brazos. Non pude evitar pensar no personaxe na miña historia, era case como se houbese saído das páxinas.
—Perdón, estaba rematando de cubrir uns papeis en consellería, podo pasar?
Nese momento deixei de prestar atención, a súa voz era grave, máis do que esperaba.
—Nahir, pensas o mesmo que eu? —Paula falou baixo, de modo que só eu a escoitaba.
—É idéntico a Poe— falamos á vez as dúas.
—Nenos, preséntovos a Poe Hoffman, un alumno novo, espero que o tratedes como se merece...—a voz da profesora fíxonos calar.—De momento, podes sentar aí— sinalou a cadeira xunto a min, era o único lugar libre da clase.
—Isto debe de ser mentira, moita casualidade...
—Demasiados parecidos— completou a miña amiga— debe ser casualidade, non le fagas caso.
A clase avanzou e a profesora púxonos exercicios, rematei cedo, como sempre, e púxenme a retocar o debuxo.
—Quen o diría? Acabo de chegar e xa teño admiradoras— a voz de Poe sacoume do meu mundo.
—Oh, por favor, non penses cousas raras, o debuxo o fixen na hora anterior, é unha personaxe dun libro... — rin amargamente
—Ahá. O que digas. Podes axudarme con este exericio?
Así foi como coñecín a Poe, o neno novo. É algo reservado e fai moitas preguntas, tal como a personaxe do meu libro, esto era raro, demasiado para o meu gusto. Expliqueille o exercicio e foi á salida desa clase cando lle fixen unha pregunta que faría que todo cambiase.
—Poe.
—Eh? Oh, es ti... Que querías?
—Nahir, déixao, que vergoña— Paula tirou da manga da miña camiseta.
—Non, teño que facelo... Poe, lembras algo da túa familia? Ou de que lles pasou?
—O certo é que non... Por que?
—Es el Paula... É a personaxe do meu libro...
—Estas toleando, imos a miña casa e así descansas— Paula colleume do brazo.
—Poe, son a túa creadora.
—Podes dicirme algo que non saiba xa? —Poe falou e estou segura de que me puxen branca.

 

***

Estela Díaz Díaz.

Praia das Catedrais, precioso sitio para visitar aquí en Galicia, en Ribadeo.
Sitio perfecto para facer turismo e moitas fotografías cando a marea está baixa.
Paga moitísimo a pena visitar este lugar polos maravillosos acantilados e cheos de arcos feitos pola propia natureza.
 

***

 

24/04/2021

 

***

Día 6

Adriana Fernández Pazó.

Ola, boa fin de semana. E quen di boa... di enganosa tamén. Non sei se escoitastes unha noticia que se estendeu polas redes e, finalmente, nos medios, de que se inventara un bulo baseado nun reto de abusar de mulleres. Se tedes algunha dúbida ou vos sorprende, buscade no Internet: “ que sucede o 24 de abril”. Iso dáme pé a falar das situacións machistas diarias que pasan na sociedade nos meus microrrelatos de hoxe. Vaia.
Recompilei historias das miñas amigas, coñecidas, familiares e mais miñas para escribir o seguinte. Son alternativas, xa que os finais non sempre sorprenden, como debería ser nos microrrelatos, pero só espero que vos transmitan.

Saía da tenda, pensando que tan bo manxar me podía esperar na casa. De súpeto, uns berros altos e desafinados interromperon os meus pensamentos, seica tamén o meu apetito. “Agh, que pasa agora?”, lembro que pensei. Virei un pouquiño os ollos para poder observar quen estaba ás miñas costas. Tres homes que tomaran algunhas cervexas de mais ficaban case ao meu carón. Acelerei o paso. “Non traio o móbil”. Mirei ao redor. Podería encontrar a alguén por se acontecía algo?
Nun próximo paso, pareceron darse conta da miña presenza e, na proximidade, comezaron a falar para min. “Nena! Nena! Estás xorda?”. Os outros dous rían como condenados. “Mario, xa sei, está morta de medo. Mira como treme. Que crees que che vamos facer rapaza? Non nos provoques”. Eu tiña demasiado medo como para xirar a cabeza e xa case correndo, cambiei de rúa. Ao final dela, un rapaz de aproximadamente 17 anos, escoitando música polos cascos.
“Estás a ignorarnos? Nena estúpida”.
Ai, non. A súa man tocou no meu ombro. Que fago? Os meus pés non responden. O paso de peóns tornouse en verde tras o semáforo. Era a miña única oportunidade. El desviábase alí. Corrín coma unha besta, sentín xa a respiración na gorxa, achegueime o máis que puiden e collinlle a man daquel rapaz.
Miroume asustado. Escoitou os berros ao non tan lonxe. Eu non sabía se comprendera, ata que dixo alto para que todos escoitaran: Veña irmanciña, imos para casa que nos esperan.
E eses tres, quedaron lelos.

Volvía eu da escola desta vez, contenta cos exames que fixera, cansa tras horas de estudo. Puxera a habitual mochila xigante de rodas que non levaba nunca sobre as rodas e estas, rabuñábanme as costelas. Retumbaba aquela canción que escoitara na radio e collín o desvío de sempre entre aqueles edificios altos e amarelos.
-    Guapa!
Quen berraba tanto? Mirei ao redor. Un señor apoiaba os brazos na ventá.
-    Guapa!
Espera un momento, era a min a quen se dirixía? Mirei de novo a todos lados. Non parecía haber ninguén máis. Procesei aquel comentario, púxome incómoda, sentinme acosada.
“Non estou para parvadas, cabaleiro”. Seguín a miña senda.
-    Guapa!
Imos ver, pero xa está ben. Non aguantei máis.
-    Anda que vostede, cara de cu!
A súa expresión de estarse divertindo cambiou a unha de enfado.
-    Mira que che vou alí, eh!
En menos de 3 segundos o motor do meu corpo xa se prendera rapidamente cara á miña casa, despois de escoitar as súas pisadas baixando polas escaleiras.

Había máis dun quilómetro que me seguía. Estaba segura. Cada sitio que cruzaba, cada curva que escollía, cada erro de dirección que eu tiña. Decidín intervir.
-    Onde vai vostede?
-    Á miña casa.
-    E onde está iso.
-    Na rúa...-...
Non recordo ben cal dixera e eu, sen ter nin menor idea de rúas, co Google Maps na miña man aquel intre, asentín.
-    Pois vaia vostede diante, se lle parece.
Sorprendeuse, pero seguiu camiñando, sen saber moi ben para onde ía. Miraba de vez en cando cara atrás. Nun momento de despiste, escondinme detrás do contedor. “ A ver onde vas agora, pillabún...” Fun tecleando o 062.
Xirouse unha vez máis. Ao ver que eu non estaba alí, mirou para os lados sen sorte. Retirouse coa súa busca e vino chamar por teléfono.
-    Perdina. Volvo para casa.
-    Non ías xa?
Quedou pasmado, eu saíra do meu agocho.
-    Voute…
Os ruídos da serea de policía calaron o que puido ser a miña morte.

Algunha vez che aconteceu algo parecido? Espero que nunca, e hoxe ten coidado.
Vémonos mañá. Bicos.

 

***

A personaxe II

Nahir Prado Regueira. 3º B.

Vale, non mo esperaba, unha personaxe dun libro fóra del? Onde se viu iso?
—Ehh— só puden emitir ese son.
—Pero... Como vas ser Poe? Ti estás escoitando o que dis? Estás tolo, case tanto coma ela— Paula falou cos ollos moi abertos.
—Podes crerme ou non, eu sei quen sou e de onde veño, ti decides— encolleu os ombreiros mentres miraba ao redor.
—Ahm, esto... Esto non pode estar sucedendo, non é posibel. Podes explicarme como saliches de alí? Non atopo ningunha explicación.
—É sinxelo... Bueno non. A verdade é que non o entendo moi ben, pero sí sei, que todas as personaxes que sofren desamor, saen dos libros para coñecer a súa escritora, ou polo menos intentalo.
—Definitivamente, paréceme que teremos que ir a algún sitio para que me expliques a historia, non consigo entendelo.
—E eu? Estou pintada? —Paula interrpiu sinalándose.
—Estou falando con ela, non contigo, eu estou aquí grazas a ela, non a ti— Poe bufou.
—Non creo que debas de falarlle así, é dicir, ela axudoume de certo modo a escribir a túa forma de ser, aínda que só o fixese lendo e dicindo a súa opinión.
—Ajá claro... Perdoa— era a miña creación e imaxino que por eso souben que non o dicía en serio.
—De todos modos... Paula, creo que é mellor que vaiamos só el máis eu, son eu a que ten que coñecer todo eso.
—Oh hum... Claro— miroume con ollos de cadeliño indefenso, tratando de darme pena.
—Non funciona... — Poe falou por min— E ti, se queres, podemos ir ahora a dar una volta e así falamos diso.
—Non direi que non a iso... Pero primero, podemos acompañar a Paula a casa? Non quero deixala soa.
—Si, como sexa, eu teño todo o tempo do mundo.
Así Poe e eu, acompañamos a Paula a súa casa, sei que non lle gustaba a idea e que ía a estar escribíndome, falando da personaxe saída do libro. Agora estamos sentados nun bar e está a punto de falar.
—Non sei que queres que diga... Só sei que as personaxes dos libros somos de outra dimensión, podes pensar que estou tolo ou que trato de tomarte o pelo, pero non é así. Ben, a cousa é, que cada vez que remata un libro no que unha pesonaxe non principal non ten o seu final feliz, esa personaxe sae del para buscar a súa escritora... Creo que se supón que podo intentar convencerte de que escribas un final feliz para min, e así poder á miña dimensión, pero sei que se non o fago, poderei quedar nesta.
Eu só escoitaba, a miña cabeza trataba de entendelo todo, pero era un pouco difícil.
—Tamén sei, que non todo o mundo ten a miña sorte, non sempre topan a súa escritora á primeira, ás veces nin sequera a atopan por moito que busquen. O problema é que agora non sei se quero volver... Todo é tan diferente, os sitios, as persoas, ti.
Estaba bebendo e empecei a toser, non sabía ao que se refería.
—Eu? E iso a que ven? Acabas de coñerme.
—Certo, olvidei de contarche, que as emocións das personaxes e o escritor están nunha conexión constante, así que podería dicirse que te coñezo dende sempre... Como cres que souben que ti eras a miña creadora?
—Ben, ten todo o sentido... Pero isto é raro, é dicir, eu estou toliña por xente coma ti, e que encima sexas a miña creación fanme estar a punto de morrer.
—Entón por que non intentalo? Pode ser que non funcione... Pero ti me coñeces perfectamente e eu a ti tamén, sei o que che gusta e viceversa... É perfecto intentalo, de todos modos, se non che gusta a situación, só tes que facer que eu teña un bo final no libro.
Aí foi onde me din conta de que se dicía que si, podería saber como era saír cun chico "perfecto" e por riba saído dun libro.
—Non pode ser... —comezou a rir, a súa risa era como a imaxinara— Gústame a túa forma de ver as cousas, entón é un si?
Estúpida, así me considerei nese momento, tamén podía saber o que penso, dende logo, as sorpresas só acababan de empezar. E si, iso era un si.

 

***

Como completar a cara branca

Anne Saavedra Otero.

Despois de facer a cruz hai que facer as esquinas da cara branca para poder acabar a primeira capa. Primeiro hai que buscar calquera esquina que teña branco. Despois, hai que poñela entre os centros dos outros cores que ten a esquina (se a esquina e branca-verde-vermella, hai que poñela entre os centros verde e vermello). Cando xa estea encima, hai que baixar a cara de onde estea esa esquina para que quede o branco na capa de abaixo. Despois, gardase xirando a cara na que quedou esa esquina cara o lado contrario da capa na que estaba anteriormente.
Recupérase o primeiro movemento e despois o segundo.
Repítese  o mesmo co resto das esquinas.

 

Casos distintos:
Se unha arista esta mal no lugar incorrecto, so hai que insertar outra de calqueira forma para sacala.
Se a parte branca da esquina esta na parte de arriba, na capa amarela, hai que poñela enriba de onde debería ir e  facer R U R’ U’ tres veces.

 

***

Estela Díaz Díaz.

O sábado tiven competición aquí, en Lugo, eu fago atletismo dende os 6 anos e onte tocábame facer un 600 metros lisos, quedei segunda e estou moi contenta xa que esa proba e de medio fondo e iso non se me da moi ben, xa que eu practico fondo, distancias longas. Pero fixen moi boa marca e no 600 agora estou de 8° a nivel galego. En cambio, no 1000, 2000 e 3000 metros son subcampeona galega.

 

***

 

25/04/2021

 

***

Día 7

Adriana Fernández Pazó.

O último día desta primeira semana participando! Estou moi entusiasmada con isto, pero sabedes que me entusiasma moito tamén? A primavera! É tan espiritual, vistosa e acolledora...

É a miña estación favorita, por iso hoxe vou falar dela. Pero tamén falarei do bonito das outras estacións, porque teñen moito que contar. A ver se adiviñades de cal falo en cada momento!

1

Temos os botóns da chaqueta desabrochados e axítanse cara aos lados. Teño a certeza de que a folla parda de canela que recollera caeu do meu peto. Non vexo máis que vellos agochados esperando a súa quenda de recoller esas pelotiñas saborosas e espiñosas. Quero regresar a casa, parece que o ceo me vai mollar dentro de pouco. Só penso que nesta época o amencer plasmouse sobre as árbores, sobre as follas e sobre o chan. Amarelo, ocre, laranxa, vista distante que acolle os niños dos paxaros.

2

As flores danzan formando un camiño de caramelos: caramelos de limón, de menta, de fresa, de lavanda... Quero probalos todos. O ceo despexado ilumina as miñas pegadas e as herbas louvan os meus pasos. Só teño ganas de saltar, danzar, xogar, mirar a cor maxenta cando vai anoitecendo. Respirar o aire fresco e perfumado do vento e taparme na miña cama, soñando que voo por enriba das montañas, dos vales e dos nenos. Eses nenos que rin tanto cando chega esta tempada.

3

Unha reunión de pombas polo chan. Pombas da paz, pombas arrefriadas. Pombas que me fan desfilar de pés a cabeza, que me fan ramplas polas que berrar xuntos. O armario baleiro para saír á rúa, nada é suficiente. Os meus dentes bailan claqué e as miñas pernas imitan ás bolboretas voar. Chegar a casa e beberse a fogueira enteira para non quedar coma unha estatua. O meu maior medo é quedar destapado pola noite. Soño e non soño con amigos pouco duradeiros, con cenorias como nariz. Cunha cheminea pola que non caben os avós e onde un saco con agasallos me espera nalgunha porta.

4

Onde a suor das súas mans xa non resulta agradábel, polo preferir da auga cristalina na miña pel. Cando collo aire rápido e o desfruto, cando salpica a ledicia nos meus ollos, cando o meu descanso é traballar enerxicamente as miñas amizades. Medio espida capto o sol, despois de rodearme desa capa protectora que fai de escudo ao males do ardente ceo. Sementes pedreiras noto nas dedas, onde as cunchas xogan ás agochadas. Benditas vacacións ofrecidas pola calor.

Conseguíchelo? Vémonos mañá. Bicos.

 

***

Colocar as aristas (cara á dereita)

Anne Saavedra Otero.

Cando xa tes a capa inferior completa, toca facer a capa intermedia, a que non ten nin branco nin amarelo. Primeiro, hai que buscar as aristas que non teñan amarelo e que estean na capa superior. Cando se atopa, hai que facer que o color da arista que estea enfrente nosa coincida co seu centro. Despois, con esa arista enfrente de nós, comprobase que cun movemento de F estea no seu lugar. Isto quere dicir que a arista elexida ten que ir cara á dereita. Despois de comprobalo faise un movemento de F’ e faise o seguinte algoritmo: U R U’ R’ F R’ F’ R.
Os catro primeiros movementos son para xuntar a esquina coa arista e os catro seguintes serían coma insertar unha arista.
Se unha arista está no lugar incorrecto, so habería que insertar outra calquera no seu lugar, realizando o mesmo algoritmo para que esta se vaia e poder insertalala correctamente.

 

***

Estela Díaz Díaz.

Hoxe, gustaríame recomendar unha serie que vin, moi popular e grabada aquí en Galicia.
Chámase O sabor das margaridas e emitíuse na televisión pero tamén está en Netflix.
Son 12 episodios e trata dunha policía que está a investigar un caso.
Esta serie pódela ver tanto en galego como en castelán; pareceume moi entretida e interesante.

 

***

 

26/04/2021

 

***

Día 8

Adriana Fernández Pazó.

Hoxe tiven clase de música pola tarde e o outro día fixen unha enquisa coa miña amiga sobre que animal fantástico serías. A min saíume a serea, así que a miña cabeza mesturou todo e decidín escribir sobre o canto das sereas.
Unha vez inventei unha historia duns piratas que ían pasar por unha zona chea delas. O capitán pediulle aos tripulantes que se taponaran os oídos con cortiza, para non quedar hipnotizados coa súa voz. Namentres meteunos na bodega e quedouse manexando o barco desde o temón, tamén coas orellas tapadas. Iso provocou que non escoitara vir a unha gaivota que llas destapou. Uns metros máis adiante xa se encontraban as sereas e mareou. Ninguén na bodega escoitou a caída e o barco manexado polo canto destas, caeu por unha fervenza infinita polos anos.
Como xa contei a historia, non ten graza que escriba o poema que tiña pensado sobre o mesmo, así que escribireino sobre unha moza que quedou namorada dunha serea.

Érase que se era
un pobo afastado
cun grande mar,
cuns grandes xeados.
Turistas visitábano cada ano,
mais os nenos desa vila
adoitaban ignoralo.
-Eu quero ir á cidade!
Berraba o neto.
-Se marchas de aquí
nunca atoparás o segredo.
-Quero quedar na casa!
Gritaba a filla.
-Se marchas de aquí
non atoparás a illa.
E alá foron os dous,
a filla e o neto.
Levantáronse cedo,
cun pouco de medo.
-Se é mentira eu marcho!
-E se hai un tesouro?
-Pois non penso darcho.
-Non falaba do ouro,
mira que es tolo,
Pero que é ese son?
-Son as sereas,
practicando os seus tons.
-Onde?
-Detrás desa pedra.
-Non vexo nada!
-Iso é porque nunca medras.
Mirou a filla ao lonxe,
nunca vira tal fermosura.
Os seus ollos tiveran un roce,
das feridas sempre cura.
Achegouse a ela,
-É vostede unha serea?
Mais ela non falou, que cantou
e ofreceulle unha boa cea.
O neto marchara,
xa anoitecera,
pero a nosa filla
quedou con aquela nena.
-Que queres de min?
Faloulle por fin.
-O teu amor
poríame o mundo de cor.
-Acepto a proposta.
E púxose de costas.
-Se es capaz de abrir
estoutra ostra.
-Ben, así sexa.
De alegría case se mexa.
Abriu o que ela pedía,
non houbo ningunha queixa.
-Queda comigo.
e nos beizos deulle un bico.
Quedou alá para sempre,
na illa do segredo escondido.

Podedes observar que é un pouco surrealista e cun tanto de humor. Pero nenos, as sereas non existen, ou si?
Vémonos mañá. Bicos.

 

***

A personaxe III

Nahir Prado Regueira. 3º B.

Estúpida, así me considerei nese momento, tamén podía saber o que penso, dende logo, as sorpresas só acababan de empezar. E si, iso era un si.
—Eu non te diría estúpida, só un pouco ida— a burla era clara.
—Que gracioso —soltei unha amarga risa— Non haberás xantado paiaso?
—A verdade é que non, non te son moito de comer carne humana —e rin, esta vez non pude evitalo, o certo é que sinto que o coñezo dende sempre— Xa cho dixen, moza— non sei exactamente como interpretar iso, pero case de seguro era para molestar.
E alí estivemos un rato, falando e coñecéndonos, aínda que non descubrimos nada do outro que non sabiamos xa.
—Eu invito.
—Non vou deixar que invites, de momento teño diñeiro...
—Lembras que son rico verdade? — riuse na miña cara.
—Oh, é certo... Pero repito, non por eso vou deixar que pagues o meu.
—Querida, lamento dicircho, pero xa paguei eu mentres ti ías ao servizo.
—Tes que estar de coña— empecei rir.
—Xa sabes que non, paguei todo.
—Ahá... Agora que se supoñe que debemos facer? Estou perdida con isto— cun dedo sinalei o entorno.
—Pois temos dúas opcións, imos pasear por ahí ou te acompaño á túa casa, ti elixes.
—Imos dar unha volta entón, pero teño que chegar cedo, quedei de ir durmir a casa de Paula.
—Tranquila muller, non imos ir ata China andando— a súa risa empezaba a facérseme irresistible— Deixas que te guíe?
—Dalle, seguro que me levas a un lugar moi coñecido... Eres novo aquí, non creo que coñezas algo que eu non— díxeno en alto, ía a quedar peor se el se enteraba por lerme os pensamentos.
—Seguro que te sorprendo— así colleume da man e empezou arrastrarme con el, ía falando e falando, iso é algo que me gusta del.
E chegamos, era unha especie de parque que estaba agochado tras un grupo de edificios enormes,  a verdade é que era un sitio fermoso e non o debía coñecer moita xente, porque estaba practicamente vacío.

 

***

Colocar as aristas (cara á esquerda)

Anne Saavedra Otero.

Para colocar a arista do lado esquerdo hai que seguir os mesmos pasos que no anterior pero cos algoritmos espellos.
Primeiro, hai que buscar as aristas que non teñan amarelo e que estean na capa superior. Cando se atopa, hai que facer que o color da arista que estea enfrente de nós coincida co seu centro. Despois, con esa arista enfrente nosa, comprobase que cun movemento de F’ este no seu lugar. Esto quere dicir que a arista elexida ten que ir cara á esquerda. Despois de comprobalo faise un movemento de F’ e faise o seguinte algoritmo: U’ L’ U L F’ L F L’.
Os catro primeiros movementos son para xuntar a esquina coa arista e os catro seguintes serían coma insertar unha arista.
Se unha arista está no lugar incorrecto, so habería que insertar outra calquera no seu lugar, realizando o mesmo algoritmo para que esta se vaia e poder insertala correctamente.

 

***

Estela Díaz Díaz.

"Dende aquí vexo un camiño que non sei a onde vai; polo mesmo que que n' o sei quixera o poder andas."
 

***

 

27/04/2021

 

***

A personaxe IV

Nahir Prado Regueira. 3º B.

E chegamos, era unha especie de parque que estaba agochado tras un grupo de edificios enormes, a verdade é que era un sitio fermoso e non o debía coñecer moita xente, porque estaba prácticamente vacío.
—Este sitio é increíble— dixen aínda revisando o lugar.
—Xa o sei, tamén sei que nunca estiveches neste parque, a verdade é que vivo naquela casa de alí— sinalou unha casa xigante situada no outro extremo do parque— non foi difícil atopalo.
—Quen o diría? Non pensei que foses tan intelixente, e iso que prácticamente eu fixen a túa conciencia— empecei a rir.
—Quin i diri— estaba irritado, e iso só me fixo rir máis.
—Se pretendes facer que esto se me pase, sera mellor que peches a boca.

Estivemos nese parque toda a tarde e el ofreceuse a acompañarme a casa polas miñas cousas, e logo á da miña amiga, así o fixo, non se separou de min.
—Paréceme que ata aquí a nosa xornada, foi un día longo— dixen mentres buscaba no meu peto as chaves da casa da miña amiga, ese era o noso punto de confianza.
—Si, a verdade foi un día de tolos... Espero que descanses— dixo rascando a cabeza, era obvio que estaba incómodo, era a primera vez que o veía así.
—Igualmente— encargueime de romper o xeo, dinlle unha gran aperta—. E foi un placer coñecerte.
—Non o digas así, parece unha despedida definitiva, isto só é un ata mañá —despois de dicir eso xirouse e marchou.

Cando entrei na casa, a miña amiga achegouse a min e comezou a facer preguntas.
 

***

Colocar e orientar as aristas

Anne Saavedra Otero.

Primeiro hai que facer una cruz amarela na capa de arriba. Pódenche tocar tres casos pero todos se resolven cun mesmo algoritmo: F R U R’ U’ F’.
- Se che toca o caso do punto  realizalo unha vez.
- Despois tócache o caso da L ao revés e faráse o algoritmo outra vez.
- Por último, tocarache unha liña horizontal. Farase o algoritmo unha vez máis e a cruz amarela xa estaría.
Cando xa tes a cruz, tes que poñer as aristas no seu lugar. Primeiro hai que buscar dúas aristas que estean no seu lugar. Hai dous casos pero tamén se resolven cun único algoritmo: R’ U’ R U’ R’ U2 R (baixo, xiro, subo, xiro, baixo, xiro2, subo).
- Cando che tocan un en fronte doutro realizase o algoritmo unha soa vez e se pasara ao seguinte caso.
- Neste último caso, están as aristas unha ó lado doutra e farase o algoritmo outra vez engadindo ao final un movemento de U’.

 

***

Día 9

Adriana Fernández Pazó.

Ola a todos! Hoxe veño contarvos unha cousa divertida. Trátase dunha celebración que facemos cada 27 de abril na miña familia, fai máis ou menos 5 anos. Inventouna o meu pai e ao meu irmán e a min gústanos moito. Chámase: “marciano regalón”.
Basicamente, trata dun extraterrestre que reparte regalos. Ata o meu curmán animouse a facelo un ano na súa casa. Para entretervos un pouco vou escribir un pequeno poemiña sobre iso.

Estaba o pequeno,
imaxínao como queiras,
verde, azul, amarelo,
paseando polas feiras.
Que lles merco este ano aos nenos?
Non tiña idea.
Agora só queren móbiles e nintendos,
porque teñen a carteira chea.
Vaia, tal vez non merezan nada,
do esencial levan consigo,
dormen nunha casa
e convidan aos seus amigos.
Mellor volvo outro ano,
se é que de fame morren,
tal vez xa teñan o cabelo cano
e con agasallos soñen.
Deu a volta o pequeno,
imaxínao como queiras,
verde, azul, amarelo,
índose das feiras.

Se vos preguntabades se foi á miña casa, pois si. Porque vive na miña casa e naceu alí, tal vez por iso aínda non sabedes que existe, porque por agora non se decidiu se ir á túa. Pero xa sabes, se queres, podes empezar a celebralo.

 

***

Estela Díaz Díaz.

Hoxe gustaríame recomendar algún dos fermosos paisaxes que podemos encontar en Galicia:

Ourense:
- O pobo de Allariz
- Ribadavia
- Castro Celta de Castromao

Pontevedra:
- Combarro
- O Grove
- Illa de Arousa

Coruña:
- A ponte Maceira
- Muros
- Fisterra

Lugo:
- Canóns do Sil
- O Caurel
- Os Ancares
 

***

 

28/04/2021

 

***

Colocar e orientar esquinas e aristas

Anne Saavedra Otero.

Para colocar as esquinas primeiro hai que buscar unha que estea no seu lugar ainda que non estea co color amarelo arriba. Se non hai ningunha, realizase o algoritmo dende calquer lado, se hai unha no seu lugar, realizarase coa esquina ben colocada abaixo a dereita. Despois realizase o seguinte algoritmo: U R U’ L’ U R’ U’ L [(xiro, subo) coa dereita, (xiro, subo) coa esquerda, (xiro, baixo) coa dereita, (xiro, baixo) coa esquerda]. O algoritmo repetirase ata que estean todas as esquinas no seu lugar, ainda que no estean coa parte amarela arriba.
Para orientalas e que todas estean coa parte amarela arriba hai que realizar un so algoritmo: R’ D’ R D (baixo, esquerda, subo, recupero).
Este algoritmo realizarase en calquera esquina que estea mal orientada. Primeiro farase ata que esta esquina teña a parte amarela arriba. Cando xa estea, xírase a capa de arriba e realizarase o mesmo algoritmo. Así con todas ata que toda a cara amarela estea resolta. Hai que realizar o algoritmo enteiro sen olvidarse do recupero, porque sino o cubo desfarase e haberá que volver a empezar de novo.
Se realizaches todo correctamente, o cubo xa estaría resolto.

 

***

Día 10

Adriana Fernández Pazó.

Ola, bos días, veño contar unha historia que se repite na miña mente e non podo alcanzar. Mellor o conto nun relato e interpretádelo vós.

Dorme nun berce, engurro de trapos, saca os pés para refrescalos. Non aprendera a camiñar firme e xa suspiraba por apoiar o seu primeiro paso na lúa. Pecha os olliños. Imaxina no seu espazo magnético, como xiran sobre os eixos as novas estrelas do ceo. Salta que salta por enriba das constelacións, ensina no alto canta paixón leva por riba, por visitar esas casas, eses planetas diversos, con porta de saída desde este universo. Ri, xoga cos seus dedos, dorme esperta na galaxia dos nenos, sabe outra forma de poñer o pé alí. Non era máis que soñar e deixar os anos pasar, para se astronauta e a gravidade levar, o seus primeiros pasos na Terra.

Gústame moito a astronomía, entón penso continuamente como sería viaxar ao espazo. Por iso escribín esta historia, desa nena curiosa que levo escondida con moitas cousas.

Fica atrapada no pensamento de contar se un río máis caese dos seus ollos, as bágoas nas meixelas non a deixan atopar. Atopar, que é o que sinte? Non é consciente, só pensa canto chora, querendo reducilo, sen solucionar o problema. Somente enche esas botelliñas da auga salgada que desprende, semellando unha psicópata aos ollos dos demais.

Este vai dunha nena que pensa moito cada mes que chorou moito e quere ir superándoo, así que garda as bágoas en frascos. Para iso, pode comparar os meses, que ten postos con rótulos nos frascos. Este relato escribino porque é o que fago eu :).

Case nunha milésima de segundo, aquel balón entrara nas redes. Escoito os berros nas bancadas: - loitadoras!! LU- CEN- SE!
Síntome moito mellor, acabou a tempada. Non quedamos de primeiras pero algo é algo. Cara á ducha rimos e escoitamos música, dicimos algunhas parvadas e danzamos respirando a néboa que deixa no aire a auga quente. Quen quixese  ter esta sensación nas pernas, só por pasalo ben!

Isto expresa un pouco o que sinto ao practicar o meu deporte, o balonmán, nos adestramentos e nos partidos. Facer deporte non só é san para o corpo, senón tamén para a mente!

Vémonos mañá. Bicos.

 

***

Estela Díaz Díaz.


A miña primeira carreira foi con 2 anos e dende esas apunteime a un equipo e agora teño 87 trofeos e 170 medallas.
Actualmente a miña meta é baixar de 3:00 minutos no 1000 ml e conseguir mínima para o de España.
Este ano quedeime a tan só 5 segundos de poder entrar, por iso quero intentalo para o aire libre.
As probas que máis me gustan son os 600, o 1000 o 2000 e o 3000, son de fondo pero tamén se me daban ben os saltos e os 220 metros valados.
 

***

 

29/04/2021

 

***

Categorías oficiais - NxN​

Anne Saavedra Otero.

Os cubos NxN son os cubos que teñen forma cúbica con igual número de pezas en cada cara. Hai 6 cubos NxN que se utilizan para as competicións oficiais, de 2x2 ata 7x7. Ademais para os cubos 3x3, 4x4 e 5x5 hai outra categoría: a cegas. Para o 3x3 hai, a maiores, outras 4 categorías: a unha man, menos movementos, cos pes e multi-cegas.
En que consisten:
● 2x2 - 7x7: Consiste en facer o cubo normal no menor tempo posible.
● 3x3 - 5x5, a cegas: Consiste en facer o cubo sen mirar. Cando che dan o cubo memorízao e  resolvelo no menor tempo posible.
● Multi-cegas: É igual ca no anterior pero soamente co 3x3, e consiste en facer sen mirar o máximo número de cubos posibles. A memorización é toda seguida.
● Unha man: É unha categoría na que se usa o 3x3 e na que tes que facelo igual pero usando unha única man.
● Cos pés: Tamén é unha categoría na que se utiliza o 3x3 e igual que nas anteriores tes que resolvelo no menor tempo posible pero esta vez cos pés.
● Menos movementos: en esta categoría non hai que facer o menor tempo posible, senón que hai que facelo cos menos movementos posibles. Nesta categoría tes unha hora para buscar a solución do cubo no menor número de movementos.

 

***

Día 11

Adriana Fernández Pazó.

Seguro que máis dunha vez vos parastes a mirar o ceo. O ceo libre, o ceo aberto, sincero e verdadeiro. A min é unha das cousas que máis me gusta do mundo, estea como estea sempre é agradábel á vista. Por iso vou escribir unha historia sobre el e o que me fai sentir.

Os medorentos, coa treboada, agocháranse do ceo. Atópanse baixo as mesas, as camas, coas persianas baixadas. Eu escoito os sons do vento dando contra as árbores, os tronos... e miro pola fiestra en busca de algún lóstrego que ilumine o meu día. O ceo está gris, cansado e triste. Berra e chora, danlle perrechas, como a nós cando eramos uns mociños. Os nenos piden que acabe xa, pero eu desfruto o ceo gris, cansado e triste. Algo que é fermoso, porque hai moitas cousas grises bonitas: algún coello e elefantes, un pequeno rato e unha pedra, o meu vestido novo e os sofás que saen na tele. A cicerania marítima, que é unha flor agrisada, os ollos daquela nena e o gato do meu amigo. Gústame o ceo hoxe.
Ao día seguinte temperán, saíra cheo de cor. Uns poucos vermellos e laranxas por enriba, converténdose en amarelo e rosa cara o voo dos paxaros. A hora chegou; saio á rúa, dou mil pasos coa cabeza erguida. “Cada día sorpréndesme máis”. Fago unha fotografía coa miña mente para quedar coa imaxe de que hoxe, coma onte ante este ceo, comeza un bo día.
Xa é máis tarde, despexouse por completo, adoptou o seu azul celeste característico enchido desas esponxosas nubes perfectas. Inspiro o aire do meu redor e os meus pulmóns falan con el, “Alegras moito os meus días”. Respóndeme cunha leve brisa e marcho para casa.
Cae a noite e decide ir calmando a súa enerxía pouco a pouco. Despide ás nubes do seu fogar: “Adeuus, ata outra”, despide á electricidade da súa cor: “Mañá non me faltes”, pecha os ollos dalgúns nenos, pero os meus seguen abertos. Máis que nunca, máis que sempre, observando a benvida das estrelas cando cae a noite.
Gústame o ceo de hoxe.

Quero vivir nun sitio onde se poida ver ben o ceo sempre, porque é o meu único respiro ante os meus problemas, unha capa xigantesca de maxia que che aprende calma.
Ás veces imaxínome pendurando dunha nube, nunha randeeira de cristal coma unha cama, observando todo desde alá arriba. Entón pecho os ollos, gardo ese recordo e nada máis importa.
Aconséllovolo para cando esteades tensos.
Vémonos mañá. Bicos.

 

***

Estela Díaz Díaz.

Vou recomendar unha serie de de artistas de música galega:

-Nao Galiza
-Heredeiros da Crus
-Guadi Galego
-Ortiga
-Verto
-Dakidarría
-Carlos Núñez
-Luar na Lubre
-Baiuca

Paréceme moi interesante a música en galego, entón empecei a investigar máis nisto e eses son os artistas que máis me gustaron.

 

***

 

30/04/2021

 

***

Categorías oficiais - Outros

Anne Saavedra Otero.

Á parte dos NxN, hai outros 5 cubos oficiais para as competicións da WCA:
● Megaminx: É un dodecaedro. Funciona igual que un 3x3 e a súa cruz está formada por 5 aristas con forma de estrela. Tamén ten 5 esquinas e 12 caras en total. Si resolversun 3x3 e moi doado de aprender.
● Pyraminx: É un tetraedo. Ten forma de pirámide con catro caras. É moi doado de facer ainda sen un tutorial se sabes facer o 3x3.
● Skweb: Ten forma cúbica e está formado por 8 esquinas e 6 centros. As caras xiran ao redor dos seus centros e xira a metade do cubo con cada xiro. E tamén moi doado de resolver ao ser os algoritmos moi cortos e sinxelos.
● Square-1: Tamén ten forma cúbica pero este xira coas capas horizontais mais a capa vertical (só unha). Este cubo defórmase.
● Clock: Non é un cubo. Ten forma redonda e está formado por 9 agullas con forma de reloxo en cada cara (dúas).

 

***

Día 12

Adriana Fernández Pazó.

Ola, como andades, xa comezamos outra fin de semana. Hoxe vou falar da música e das miñas amizades. Conéctanse moito entre as dúas, veredes: as miñas dúas mellores amigas chámanse Marta e Noa e estas son algunhas cousas que me fan relacionalas coa música.

Están cheas de melodías. Cada vez que pasa unha escoito algo e queda na miña cabeza. Cando vexo ou escoito a voz de Marta, por exemplo, son capaz de imaxinar cousas bonitas ao meu redor, todo brilla como nunca e empezo a escoitar unha melodía alegre que di así: bolboreta amarela, queres ser a miña amiga? Podes voar lonxe, pero sempre ao meu lado. Bolboreta amarela, non me mires con esa cara, sabes que despois de toda unha vida, seguiremos dicindo: quérote.
Outras veces di: encóntraste nas pequenas cousas, es máis valente que os mellores soldados. Fas que entre na superficie do teu pequeno mundo e vexa como de fermosa pode chegar a ser a lúa. O cheiro a libros e xirasoles recórdame a ti; vivo facendo o parvo pola túa culpa, para poder verte sorrir.
E outras non tan distintas: un toque de maxia baixo a túa pel, menos maldade baixo a miña, quero escoitar con todo o meu orgullo, como o teu corazón bate co mellor ritmo.
E todos eses sons mesturados, forman a canción perfecta que é Marta.
Desta vez, cando vexo ou escoito a voz de Noa, sinto unha melodía que coida de min e que é fiel aos seus sentidos. Estoutra di: caín nun profundo sono escoitando a túa risa. Voei ata un lugar onde o sol nunca se vai e onde as flores cheiran a pastel.
Outras veces di: é o teu cabelo, son os teus beizos, é a túa forma de camiñar; son os teus sentimentos e os teus brazos, os que me fan querer as túas apertas. Son os teus ollos, os que me fan ver como todo corre mellor.
E finalmente remata dicindo: como debería tratar a unha raíña? Sei que non teño que recordalo, pero ti es doutro planeta. Se a xente fora a metade de boa ca ti... pero todos están pensando, como debería tratar a unha raíña? Levanto a man unha e mil veces se preguntan quen morre por ti, seguirei sendo a tola que che fai rir. Hoxe é un bo día para querernos cada vez máis.
E todos estes outros sons mesturados, forman a canción perfecta que é Noa.

Eran as melodías máis marabillosas que escoitara nunca. Espero que algún día vós tamén atopedes as vosas.
Vémonos mañá. Bicos.

 

***

 

01/05/2021

 

***

Día 13

Adriana Fernández Pazó.

Ola, hoxe teño unha idea diferente sobre que escribir. O outro día lin un libro dun neno que explicaba as cousas facendo planos e ilustracións do que quería mostrar, e como a miña familia e máis eu estamos arranxando o rocho ultimamente para facer un espazo divertido para nós, ocorréuseme amosarvos o que queremos facerlle.

Ben, este sería un plano da forma do rocho:

Pero está cheo de cousas:

Marrón: estantes; gris: colchón vello; verde: cousas do traballo de mamá; morado: futbolín; marrón escuro: mesa rota e azul: porcalladas varias. :)

Queremos desfacernos do colchón e da mesa primeiro. Logo quitar dous dos estantes do fondo e tirar algunha roupa e porcalladas de dentro e fóra. Quedaría así:

Por último, colocaremos o futbolín ao fondo, poremos unha televisión nun estante baixo, meteremos o que haxa que almacenar nos outros armarios e colocaremos tamén un sofá (amarelo) que nos agasalla a miña madriña.

Despois de moito traballo e esforzo, como nos programas de reformas que ve a miña nai, intentaremos que quede así.

Vos algunha vez fixestes reformas? Eu estou emocionada. Espero que vos axudaran os planos. Vémonos mañá. Bicos.

 

***

Algunhas categorías non oficiais - NxN

Anne Saavedra Otero.

Nos cubos NxN só son oficiais do 2x2 ata o 7x7 pero hai moitos máis cubos:
● 8x8: ten  oito capas e  pódese resolver coma un 2, 3, 4 e 8.
● 9x9: ten nove capas e pódese resolver coma un 3 (grande é pequeno) e un 9.
● 10x10: ten dez capas e pódese resolver coma un 2, 3, 5 e 10.
● 11x11: ten once capas e pódese resolver coma un 3 e un 11.
● 12x12: ten doce capas e pódese resolver coma un 2x2, 3x3 (grande e pequeno), 4x4, 6x6 e 12x12.
● 13x13: ten trece capas e pódese resolver coma un 3 e un 12.
● 14x14: ten catorce capas e pódese resolver coma un 2, 3, 7 e 14.
● 15x15: ten quince capas e pódese resolver coma un 3 (grande e pequeno), un 5 e un 15.
● 17x17: ten dezasete capas e pódese resolver coma un 3 e un 17.
● 19x19: ten dezanove capas e pódese resolver coma un 3 e un 19.

 

***

 

02/05/2021

 

***

A personaxe

Nahir Prado Regueira. 3º B.

Cando entrei na casa, a miña amiga achegouse a min e comezou a facer preguntas.
—Entón? Estiven esperando unha mensaxe co que te fora dicindo, pero iso non chegou. Xa podes falar— Paula empezou a falar rápido e confundir as palabras, como cada vez que quere algo.
—Primeiro reláxate, traeme algo de comer e xa falo—non me apetecía levantarme do sofá do seu salón.
—Marchando— e así se levantou do seu sitio e regresou increíblemente rápido— Aquí tes. Agora merezo sabelo, como é que el está aquí e non no libro ou que sei eu onde?
—É un pouco complicado pero bueno, eu resumo... Resulta que as personaxes que non teñen un final feliz, e con iso me refiro a un desamor ou corazón roto, poden saír do libro e buscar a súa escritora. —expliquei eu.
—E para que queren atopar a súa escritora?
—Polo que me contou se a atopan, poden tratar de convencela para tener o seu bo final ou sinxelamente poden quedar aquí e buscar o seu final feliz nesta dimensión.
—Nesta dimensión? Pero e logo, el ven doutra dimensión?
—Oh... Si, básicamente é así, e ademais polo visto, eu podo saber o que pensa cando esta comigo e el pode saber o que eu penso cando estou con el, sinxelamente iso é o peor, sinto que me coñece mellor que eu misma.
—Non creo que sexa para tanto... De feito pode ser unha vantaxe, non cres que iso pode estar ben cando a súa paciencia se esgote? Xa sabes que el é un pouco violento nesas situaciones, iso pode xogar ao teu favor— a miña amiga deu o seu punto de vista.
—Tamén é verdade... Só que hai algo máis.
—Conta
—Lembras que che dixen que podían vir a buscar o final feliz no? Como explico que estou saíndo cunha personaxe do meu libro?
—Saíndo cunha personaxe dun libro... —repetiu as miñas palabras en voz baixa, tratando de entendelo— Un momento... Estades xuntos?
—Si
—Pero... Como? En que momento?
—Non o sei, nun principio eu non o tiña claro, pero comeume a cabeza e convenceume.
—Tan pouco lle custou? Co cabezona que ti es.
—Cala cala, que dixo verdades como templos, por exemplo que sabemos o que outro pensa todo o tempo ou que eu o creei e que se non me gusta como se comporta podo darlle un final feliz no libro e non volver a velo— conteille eu.
—Xa vexo... Entón por fin desde que te coñezo tes mozo, aínda non o creo— as risas dela eran as mellores.
—Que graciosa eres de verdade, espero que notes o sarcasmo.
—Xa o sei, supónse que agora non podo intentar nada con Poe? É unha pena, a verdade dudo que atope a alguén tan perfecto.
—Nunca pensaches en escribir un libro? É dicir, podes crear ao home dos teus soños e logo darlle un mal final, así terás a oportunidade de coñecelo e que te ocorra o que me sucedeu a min—encollinme de ombreiros, a verdade é que bastante obvio.
—Como non o pensara antes? Vou poñerme agora mesmo a facer unha lista con cousas que debe ter— colleu un papel e un lapis e comezou a escribir.
—A todo esto, non lle digas a ninguén o de que as personaxes saen dos libros, serían capaces de chear todo o planeta con personaxes de libros e non considero que iso sea bo.
—Xa sabes que non vou falar con ninguén de isto.
—Confío en ti, agora co teu permiso vou á cama, estou esgotada.
—Que fariades?—a miña amiga comezou rir de novo.
—Pois dar voltas por un parque, non malpenses, porca.
Así acostei e durminme nada máis pechar os ollos, cando quixen darme conta xa estaba entrando no instituto de novo e tiven que escoitar comentarios das compañeiras de clase. "É que Poe é guapisimo" "Cres que lle gusten as louras ou as morenas?" "De seguro prefire estar comigo que con calquera outra" "Gustaranlle as mulleres ou os homes?" Son os comentarios que máis se repiten, e non sei por que, pero iso molestabame.
—Bu! — fíxome saltar.
—Poe! Non fai graza, casi me matas animal— así son eu, unha dramática por excelencia.
—Tiñas que verte a cara— Paula comezou rir con el.
—Sabedes que? Ide á merda— así deixeinos no corredor, buscando calquera lugar libre no que poder sentarme.
Rematei sentada xunto con Brais, un rapaz que non fala moito coa xente ainda que si comigo. Alí me quedei sentada conversando con el ata que o timbre que anunciaba o comezo das clases sonou. Estiven nesa clase as tres primeiras horas así que non tiven que verlle a cara a ninguén que non fora a mestra ou o meu compañeiro preguntando algunhas cousas, pero que non vise non quere dicir que non oíse os comentarios das miñas compañeiras de clase, quenes dician de falarlle a Poe.
Un timbre soou de novo e cando vin a xente saír foi cando caín en conta de que tiñamos receso. Saín o máis rápido que puiden da aula e practicamente corrín hacia a biblioteca do centro, xa que en teoría hoxe chegaba un libro polo que preguntei fai un par de semanas.
—Viña buscar un beso baixo a chuvia, antonte dixeronme que hoxe chegaba.
—Claro, dime nome e apelidos e poderás levalo.
Así é como eu actúo con libros que me gustan ou interesan, sendo a primeira en levalo da biblioteca escolar. Tiven que abrir o libro e ulirlo mentres entraba á cafetaría, é una costume facelo cando os libros son novos.
—Agora te atopo— esa voz era a de Paula.
—Ah es ti... Que te trae por aquí? Nunca tes diñeiro.
—Estaba buscándote, creo que deberías ver algo...
—Moito secretismo, deixasme comprar e imos si? Ti queres algo? —ofrecinlle eu, sabía que se non preguntaba logo ía a estar de mal humor.
—Non quero nada, apura— e así colleume da boneca e comezou tirar de min entre a xente da cafetaría ata chegar a barra— Pide rápido.
Xa co meu bocadillo na man comecei a camiñar con ela e deixándoa darlle bocados á miña comida.
—É por aquí— díxome sinalando en dirección aos patios traseiros.
Seguimos o noso camiño en completo silencio e cando chegamos ao sitio Paula sinalou algo despois de facerme unha sina de silencio.
Asomeime polo muro e sorprendinme ao ver a Poe coa chica popular completamente sós cun libro de xeografía aberto.
De nahir:
Pódese saber que fan os dous sós alí?      11:08
De Paula:
Ela pediulle que lle explicara o tema e polo visto el dixo que si, creo que non sabe que a rapaza non quere estudar xeografía, quere que lle ensine anatomía.            11:08
Iso non o ía permitir, decidín asomar de novo e a imaxe que vin foi horrenda. Poe estaba pegado a pared con Claudia enriba del, ela tiña os seus brazos exercendo forza sobre os del, o peor foi cando ela tratou de besalo e el xiraba a cabeza para non facelo. De súpeto unha forza superior a min decidiu que era o momento de interrumpir, e empuxei a Paula ao patio no que eles estaban.
—Oh... Ahmm.. Interrumpo algo? — Paula falou un tanto incómoda pola encerrona.
—A verdade é que si, non podías vir un pouco máis tarde?
—Non, non interrompes nada. Que querías? — non podía asomarme xa que me verían así que só escoitaba voces, esa era a de Poe.
—Nahir estaba buscándote, parecía urxente— e así Paula regresou comigo, para a miña sorpresa apareceu Poe tras dela.
—Grazas por sacarme de ahí, era asqueroso tela enriba de min— puxo cara de asco, obviamente non se percatou de que eu estaba alí— E onde esta Nahir?
—Xa sei que son máis baixa ca ti, pero non son inexistente— falei eu.
—Que querías entón?— Poe estaba no borde da miña paciencia.
—Sacarte de ahí, non te penses ques e te veía cómodo nesa situación, pero se queres te empuxo alí de novo como fixen con Paula.
—Estás ben? Pareces de mal humor, acaso estás celosa dela? — pasou o seu brazo por enriba dos meus ombreiros e achecoume un pouco máis a el rindo.
—Pode ser... Pero da igual xa pasou, o peor foi que os vin porque Paula tróuxome ata aquí. Parace que non sabes que cando as populares falan de estudar xuntos, estudar é o ultimo que queren facer— solteime do amarre e comecei a rir— Es moi estúpido cando queres, agora salgamos de aquí, xa sei onde buscarte cando alguén máis te pida que os axudes a estudar.
Pasei todo o recreo pegada a el e a Paula, e tiven que ver como varias persoas se achegaban a Poe, ben para pedirlle ir a estudar ou para pedirlle unha cita directamente, el sempre dicía que estaba coa sua noiva e que o deixaran en paz.
O timbre sonou de novo e tivemos que entrar á clase de novo, agora eu sentei xunto con Poe, quen non quería separarse de min.
—Poe, que se sente ao estar con alguén que só te quere por diñeiro? Todo o mundo sabe que eres asquerosamente rico— o grupo de Claudia achegouse a nós, pero aínda estando cerca de nós berraban, era claro que querían que todo o mundo as escoitase.
—Eu non creo que sexa así... Se quixera só o meu diñeiro xa habería pedido algo e non o fixo, é dicir onte fomos a pasar a tarde xuntos, ofrecinme a invitala a tomar algo e non quixo aceptar, ti saberás se iso é querer o diñeiro dunha persoa.
—Este é o teu segundo día aquí, dalle un par de semanas e verás como é en realidade.— Claudia estaba molesta polo ocorrido no recreo— Se non me cres podes preguntarlle a Nicolás, fíxolle o mesmo, finxiu ser a súa moza para sacarlle cousas.
—Pero... Ti escoitas o que estás dicindo? Non ten pés nin cabeza, todos saben que nunca tiven mozo— e comecei rir ata atragantarme.
—Iso é certo, nunca tivo mozo dende que a coñezo... E diso van uns 14 anos tal vez— Paula comezou rir detrás de min.
—Bueno nós avisamos, ti elixes a quen crer— así o grupo de bruxas volveu ao seu lugar.
—De verdade chegan ata ese punto de invencións por rechazalas?— Poe soaba estrañado.
—É un instituto, hai moita envexa.
O tempo pasou e a xente deixou de chamarme cazafortunas, ladroa e esas cousas, tamén sorprendeume que todo iba ben con Poe, aínda que levaba uns días falando con el só por chamada, xa que estaba enfermo e non podía ir velo.

 

***

Algunhas categorías non oficiais - Modificacións

Anne Saavedra Otero.

A parte dos NxN hai máis cubos non oficiais pero a maioría deles son modificacións do 3x3. Algúns dos máis famosos son:
- Mirror: é un 3x3 pero as súas pezas non son iguais e se deforma un pouco. Non é moi difícil de resolver xa que, tomando como referencia a capa máis fina como capa branca, resólvese igual que o 3x3.
- Ghost: é un 3x3 e defórmase moito. É algo máis difícil có anterior e tamén hai a modificación do 4x4.
- Axis: tamén é un 3x3 que se deforma e igual ca no anterior haino de 4x4. Este é algo máis fácil.
- Fisher: é unha modificación do 3x3 que se deforma un pouco pero non é moi difícil.
- Mastermorphix: Ten unha forma parecida ao pyraminx pero xira diferente. Defórmase tamén. Hainos de varias capas.
- Gear: éste é moi fácil de resolver. Tamén é unha modificación do 3x3 pero aino de 2x2 e pyraminx.

 

***

Día 14

Adriana Fernández Pazó.

Hoxe é o día da nai e decidín escribir sobre a miña. Non vou explicar nada máis.

Aínda que ás veces discutamos, eu continúo loitando por ti e polo que me fas sentir cando rimos a gargalladas e facemos o tolo. Aínda que ás veces berre, tamén che falo amodiño e te arroupo cando te encontras mal. Aínda que me distancie e me peche no meu cuarto, non deixarei de querer estar contigo, sempre teño medo de perderte. Perder a quen se preocupa por min, a quen me axuda en todo e me brinda o seu apoio, a quen sorrí as miñas tolerías, a que me fai aprender dos meus erros. A quen me coida coma un tesouro, a que vale máis que todo este planeta, a que pecha os ollos sentíndose orgullosa de min, algo que non todos fan. A que fai miles de traballos para que eu siga camiñando tranquila, durmindo nunha cama, viaxando polo mundo, comendo cada día. A que me deixa facer cousas aínda que ás veces non o teña merecido. A que me perdoa as miñas torpezas. A que penso que é a mellor nai do mundo ao espertar cada día. Como cando decidiu levarme dentro da súa barriga moitos meses que se volveron eternos, como cando me comprou o meu primeiro chupete, ou o meu primeiro peluche. Como cando me deu a probar do seu xeado ou agasalloume algo improvisado. Como cando me deixou quedar ata tarde coas miñas amigas e cando me leva a todas partes. Como cando me deu unha aperta despois dun día canso da miña vida coma calquera outro. Como cando veu unha peli que non lle apetecía por min. Como cando me contou as súas anécdotas divertidas. Como cando me fixo os disfraces de Entroido. Como cando bailou comigo, cantou comigo, pintou comigo, xogou comigo. Como cando me escoita o que lle leo ou pregúntame polos meus amigos. Como cando me axuda a estudar ou permite que me apunte a eventos. Como cando me pide que lle cante algo para poñer como ton de chamada no teléfono ou como cando me fai bromas.
Estou nunha etapa na que me enfado moito coa miña familia e son consciente de que non é bo, e doume conta cando me paro a pensar, por exemplo, que a miña nai é a máis fermosa e marabillosa do mundo. Cando o penso boto unha bágoa de ledicia, cando recordo, cando desfruto o presente ao seu lado.
Téñolle tantas cousas polas que pedir perdón... que se me creba o corazón.
Como cando a levantei na metade da noite pedindo axuda, porque non facía máis que chorar e ter ataques de ansiedade e ela só veu, meteume na cama e díxome: pecha os ollos. Mentres aloumiñaba a miña fronte cun dedo, poñendo as mans aos lados da miña cara. Deume bicos e achegouse a min. Deume calor e tranquilidade... e quedei durmida.

Coidade ás vosas nais, non sabemos a sorte que temos.
Vémonos mañá. Bicos.

 

***

 

03/05/2021

 

***

A personaxe

Nahir Prado Regueira. 3º B.

O tempo pasou e a xente deixou de chamarme cazafortunas, ladroa e esas cousas, tamén sorprendeume que todo ía ben con Poe, aínda que levaba uns días falando con el só por chamada, xa que estaba enfermo e non podía ir a velo.
—Nahir, paréceme moi raro que Poe non volvera aínda, xa fan catro semanas dende que enfermou... —Paula estaba comigo tratando de saber que lle pasaba a Poe.
—Xa cho dixen, non se atopa con forzas de vir, díxome que era unha gripe, así que non sei, de todos modos hoxe pola noite falarei con el sobre iso— e así saín hacia a miña casa.
Pasei a tarde pensando en Poe e en porque non ía a clase, cando quixen darme conta xa era a hora de cenar e tras iso faltaría de novo con el. Baixei a cear e logo entrei a habitación, chagaba tarde á chamada, pero sorprendeume non ver a chamada de Poe. Collín o meu mobil e busquei o seu numero na miña axenda, pero non estaba alí, iso non tiña sentido, ninguén me collera o mobil, así que decidín chamar a Paula.
—Paula, non sei que pasa, non atopo o numero de Poe na miña axenda.
—Nahir, de que estás a falar? Da personaxe do teu libro? Como vas ter o seu número se é unha personaxe ficticia?
—Non ten graza, de verdade que non entendo como ocorreu isto —comecei a dar voltas pola miña habitación.
—Paréceme que escribir non te fai ben, deberías acostarte —e así colgou a chamada.
Pero iso non ía quedar así, só se me ocurría que alguén escribira un final feliz para Poe, para comprobalo ía ter que releer o final do libro. E así o fixen, a sorpresa foi que o final estaba cambiado, agora Poe tiña un final feliz, iso significa que volveu a súa realidade.

 

***

Algunhas categorias non oficiais - Outros

Anne Saavedra Otero.

Á parte dos cubos vistos anteriormente, tamén hai outros moitos cubos diferentes que non se parecen en nada aos outros.
Hai cuboides que son como os NxN pero algunha das súas capas faltan como por exemplo: 2x2x3, 3x3x1, 2x3x4, ...
Despois outros cubos como o Redi Barrel, o Dino, a Máquina do tempo, o 1x1, ...

Tamén hai outros moi diferentes como por exemplo:
- Meilong Mixup Skewb: é parecido a un skewb pero cunhas pezas que se poden intercambiar nos centros cando non fas un xiro completo.
- Lanlan Sunflower: é un cubo que se deforma bastante pero ten moitos eixes de xiros que no se parecen en nada aos cubos NxN.
- Curvi-Copter: tamén se deforman. Os xiros son arredor das aristas e as esquinas en fila.
- Lanlan Clover Octaedro, Void cube, Lanlan Flower Copter, ...

Non dou máis información destes cubos porque son bastante difíciles de describir.

 

***

Día 15

Adriana Fernández Pazó.

Hoxe vou falar do tempo. O tempo varía na nosa mente, mentres que na realidade pasa constante, fluído. O tempo pode ser inexistente e lixeiro ou consistente e denso. Sexa o factor que sexa, pode influírnos de dúas maneiras:

1. Estaba pensando en todo facendo nada. Só me sentei e meditei no medio do camiño, respiraba o ar libre e movía os pés ao ritmo da música que saía daquel bar da esquina. Quero moverme, pero dáme preguiza. As miñas forzas limítanse a adestrar ao meu cerebro para que imaxine, deixando pasar o tempo, coma unha simple brisa. Faise tarde, ou iso di o meu reloxo, os minutos pasan sen me dar conta en un abrir e pechar de ollos, como a xente di. Cando fago o que me gusta, ou cando durmo, o tempo voa, vaise das miñas mans. Intento aproveitalo, pero non é suficiente. Non entendo, a miña vida entón será máis curta se son feliz?

2. Canto máis quería que pasaran as horas, máis amodo ían. Parecía de cada vez, que quedaba máis tempo para saír daquela visita infernal. As agullas daquel analóxico non axudaban a rematar co meu sufrimento. Fago que escoito o que din, mais, a quen lle importa o material dese muro? Case que consigo non pechar os ollos, aínda que desexo quedar durmida e espertar cando finalice todo. Sinto o mesmo ca nos días tirada no sofá, sen saber que facer, nin sequera tendo o móbil na miña posesión, só quero que acabe o día. Alguén dáme un consello para empurrar o aborrecer do meu pensamento?

En ambos os dous casos, unha cousa queda clara. Non somos quen de controlar o tempo.

Vémonos mañá. Bicos.

 

***

Estela Díaz Díaz.

"E se chove, que chova".

Frase que todo galego coñece. Vivamos como galegos!!!! 🤍💙🤍
 

***

 

04/05/2021

 

***

Como facer un 2x2

Anne Saavedra Otero.

Primeiro hai que facer unha capa dun mesmo co (explicareino coa branca). Para facer a capa branca do 2x2 hai que facer o mesmo que coas esquinas do 3x3 pero tendo en conta que non hai centros, polo que haberá que seguir o código de cores.
Cando xa está, toca facer a capa amarela. Aquí é onde hai dous algoritmos novos. Primeiro de todo, co baixo esquerda, subo e recupero, ponse de cor amarela toda a capa superior, sen ter en conta a colocación das esquinas. Despois mírase como quedaron as esquinas, hai tres casos:
- O cubo xa está feito.
- Dúas esquinas ben colocadas e outras dúas mal (recoñécese porque no lateral hai unha barra dun mesmo cor).
- Non hai ningunha barra de cor.
No segundo caso, coa barra de cor no lado dereito farase o seguinte algoritmo (Permutación da T): R U R' U' R' F R2 U' R' U' R U R' F'o No terceiro caso, dende calquera posición realizarase o seguinte algoritmo (Permutación da Y): F R U' R' U' R U R' F' R U R' U' R' F R F'

 

***

Día 16

Adriana Fernández Pazó.

Onde vos gustaría viaxar? Hai tantos lugares que se poden visitar... Claro que agora é moito máis complicado e algo que me gustaría facer cando acabe todo isto, será viaxar.

Non podo dicir que estivera en moitos sitios, de feito, fóra de España só fun a Italia e Portugal. Pero é algo do que me apetece falar.

Cando cruzaba as rúas quentes en pleno verán collida das súas mans. Sentíase tan ben estar alí os 4... Mamá, papá, meu irmán e máis eu. Facía tanta calor que nos tirábamos auga uns a outros. En tirantes observábamos as cores das casas, da vestimenta e do ceo. Comiamos en sitios diversos, coa súa saborosa pasta e pizza. Instalábamos nos pisos máis divertidos e especias. Aínda recordo como un tiña as camas case pegadas ao teito, subidas a unhas columnas. E como outro tiña varia portas en todos lados para atravesar as habitacións. Logo as compras, de recordos, de gustos propios nosos...

Como esquecer á miña nai entrando en todas as igrexas para ver os seus debuxos e estética, e por suposto o subir ao “Duomo” en Florencia, de máis de 450 escaleiras.

Viaxar é emocionante e único.

 

Iso é de cando fun a Florencia e a Milán, en Italia.

Gustaríame ir a outros sitios como a New York, para ver os seus altos e luminosos edificios, sobre todo pola noite, deben de verse xenial.

Gustaríame ir a Francia, en concreto a París, para ver a Torre Eiffel e a cidade do amor en xeral. Gustaríame tamén ir ao Disneyland que teñen.

Gustaríame ir a Londres, onde viven moitos persoeiros que me gustan e está a Warner de Harry Potter.

Gustaríame ir a Estados Unidos tamén, e a China e a Roma; a Xapón, a Arxentina, a Escocia, á India, a Exipto ou Marrocos, a Alemaña...

Podería ir a calquera sitio con boa compañía.

Isto é porque...

Viaxar é emocionante e único.

 

***

 

 

 

***

 

 

 

 

***

 

 

 

***

 

 

IES Muralla Romana de Lugo

 

PRIMEIRO ENVÍO

 

***

Pablo Dorado Loureiro, 1º ESO A.

A cousa máis fermosa do mundo
é a maxia de querer
non dubides nin un segundo
que é o que nos fai crecer.

É o que importa na vida
todos necesitamos amor
un amor que nos queira e que nos coide
que estea aí cando sintas dor.

Un amor fiel
e aínda que penses que non queres as ninguén
sempre hai un amor tan riseiro e amábel
sempre hai alguén.

 

***

María Penín García, 3º ESO A.

A miña historia non é un conto de fadas, nin un romance de verán; a miña historia é a verdade vista polos meus ollos, por uns ollos que choran e rin. Recordo aqueles días como se fora onte, foron uns días tristes e alegres, fugaces e lentos. Eran as oito da mañá cando me levantei, vestinme e fun ao instituto, xa facía sol pola mañá, corrín para chegar á hora. Senteime no meu sitio, xusto diante da profesora, non me gusta estar diante de todo pero dinme que é polo meu ben. Os meus compañeiros míranme coma sempre, son miradas que antes non soportaba, pero agora son normais para min. Comezamos as clases, a mañá foi pasando, chegamos a última hora, nos primeiros quince minutos da clase, a miña mente voou cara a outro universo, pasa un minuto, que para min son dous días, agora escoito o de todos os días: “mira a tola”, “pero que rara é”, “está enferma”. Eu non estou tola, nin enferma, pero é o que toda a xente di, non me vou á cama sen escoitar a palabra “tola”.

Cando chego á miña casa vou correndo cara á miña habitación, collo o pincel, pinto unha bolboreta na parede e doulle un bico. A semana pásaseme moi rápido, chega o sábado e miña nai dime que me vai levar a un sitio máxico, eu monto no coche con toda a ilusión do mundo. Cando chegamos ao lugar miña nai déixame cun señor nunha habitación branca e luminosa. Dime que me sente nun pequeno sofá, el colle unha libreta e faime unhas preguntas, algunhas delas foron: que tal a túa relación cos teus pais? a cal respondín que eu non teño pai; outra foi que tal na escola? eu dixen que ben, que non teño amigos, pero si bolboretas, e a última foi que é o que máis queres neste mundo? ao que respondín: as miñas bolboretas. Pasada unha hora, veume recoller a miña nai. Eu non sabía por que me levaran a ese sitio “máxico”. Fomos para casa e deiteime.

O domingo pasóuseme moi rápido, escoitando música e lendo. O luns levanteime con moita ilusión por comezar un novo día, o cal non ía ser bo. A primeira hora pasouse rápido, toca o timbre, e comezamos unha nova clase; pasan dez minutos, e viaxo a outro universo; pasa o tempo, estou feliz, teño as miñas bolboretas comigo, cando de repente escoito o profesor berrar o meu nome, todos os meus compañeiros rinse de min, chámanme de todo, “tola”, “enferma”, “psicópata”... Chega a hora do recreo, vou ao baño, cando saio, atópome, con varios rapaces e rapazas da miña clase, cóllenme do pelo, e danme na barriga, outros patadas nas costas, e puñazos na cabeza, dinme que non diga nada, que as consecuencias serán peores, marcho para clase. O día acaba, corro á miña habitación, pinto unha bolboreta e bícoa. Voume durmir e penso por que me chaman iso, se eu son doce, e penso canto duraran as bolboretas ao meu lado.

O martes vólvenme levar a ese sitio “máxico” e perdo as clases. Séntome nese sofá e o señor faime máis preguntas: por que che chaman tola no instituto? Ao que respondo: non sei, só sei que mo chaman porque viaxo a outro universo. Que fas cando viaxas? Saltar, bailar, porque nese espazo síntome ben coas miñas compañeiras, as bolboretas. Se desaparecen as bolboretas que pasaría? As bolboretas non desaparecerán, se non iría con elas.

Pasan os días e chega o venres, á entrada do instituto están rapaces da miña clase agardando por min, cóllenme as cousas, péganme, e rómpenme a roupa, corro cara á miña casa, perséguenme, a miña nai non está, collo rápido as chaves e encérrome, corro ao meu cuarto, non teño forzas de pintar a bolboreta, fago todo o posible e píntoa e bícoa. Os rapaces marcharon. A miña nai entra pola porta e pregúntame por que estou así, dígollo todo e abrázame. Está chorando e eu tamén: “Ti non estás tola, ti es especial, es única neste mundo, tampouco estás enferma. Ti es ti, es a persoa máis boa que coñezo cun corazón máis grande có mundo, vou ir falar co director de todo o que fan contigo, mudarémonos a un lugar onde haxa máis xente especial, coma ti, para que poidas bailar e coñecer outras bolboretas, e pídoche, dende o meu corazón, que esas bolboretas nunca se acaben. Abrázoa con moita forza, canto a quero! E dígolle que espero non acabar coas bolboretas.

Agora estou escribindo isto dende o meu novo fogar, coñecín a outra xente coma min, presentáronme as súas bolboretas, faláronme das súas visitas a ese lugar “máxico”, dos seus medos e das súas alegrías. Adoro vivir aquí, a miña nai tamén é máis feliz, xa que encontrou a unha nova amiga, que vive con nós e que tamén a quero tanto como miña nai. Espero que os que me fixeron mal, xa non llo fagan a máis persoas. Agora as miñas bolboretas voan en liberdade.

 

***

Jennifer Fernández Fariñas, 3º ESO A.

Ai, violencia! Quen te inventaría?
Xamais serás a miña amiga.
        Oxalá te despedises dunha vez!

Ai, violencia! Quen te crearía?
Xamais serás a miña amada.
        Oxalá te despedises dunha vez!

Xamais serás a miña amiga
Desexo a túa partida
        Oxalá te despedises dunha vez!

Xamais serás a miña amada
Desexo a túa marcha.
        Oxalá te despedises dunha vez!

 

***

O planeta Terra

Carolina García Gónzález, 1º ESO A.

No planeta Terra
hai moita natureza,
está cheo de cores
e de moitos olores.

Pero hai nubes grises
que arruínan a nosa vida,
empeoran o planeta
que estaba cheo de alegría.

Tamén as persoas contaminan
cos seus automóbiles
e as máquinas que fabrican
ensucian todo e non limpan.

Coidemos o noso planeta
para ter unha vida mellor.
Non tires o lixo ao chan
e recicla para sentirte mellor.

 

***

Cun só acto de amor o mundo pode dar mil voltas

Uxía Alonso Vieira, 1º ESO A.

Era un martes máis de instituto. A primeira hora tocábanos relixión, a mestra é simpatiquísima. Púxonos un vídeo na pantalla táctil, a verdade é que non lle prestei ningunha atención, xa que estaba tan cansada que case durmo na clase. Sorte que soou o timbre e tocaba a hora de Educación Física. Helena e mais eu non cursamos esta materia porque estudamos no conservatorio de danza e nesa hora imos á biblioteca a estudar, falar, facer deberes... Como non nos deixan entrar soas tivemos que ir buscar a nosa profesora de lingua galega, que se chama Ánxeles. Como dentro de pouco celebraríase o Día da Paz propúxonos ir buscar  unhas pólas da oliveira que temos fóra do instituto. Helena e  mais eu aceptamos a proposta e fomos por elas. Na porta do instituto atopamos un canciño, non lle demos importancia e corremos a buscar as pólas. Cando regresamos o can seguía alí, como Ánxeles adora os animais decidimos chamala. Cando chegou e o viu, namorouse del! Non o podemos deixar tirado aí!- dixo. Entón, ás tres ocorréusenos unha brillante idea. Na nosa clase hai unhas columnas e podemos agochalo alí. Así o fixemos. Cando rematou Educación Física viñeron os demais compañeiros e compañeiras e Ánxeles deulles a noticia. Todos e todas quedaron abraiados, pero felices.   

Cando chegou a hora do recreo deixamos que o canciño camiñara pola clase, o malo é que deixamos as fiestras abertas e, a que non sabedes que pasou? Cando regresamos do patio, xa non estaba!

Durante unha semana buscamos o can, preguntamos aos mestres e mestras, aos alumnos e alumnas... O canciño non daba sinais de vida. Xunto ás ventás da aula estaban facendo obras  e pensamos que igual os obreiros sabían algo. O último traballador ao que lle preguntamos púxose moi nervioso... Decidimos seguilo cando rematase a xornada. Vivía nunha casa en mal estado. Petamos na porta, abriunos unha nena en cadeira de rodas. Preguntounos que queriamos e de pronto xurdiu un imprevisto, da sala saíu o can que atoparamos nós!

Soubemos que cando o pai traballaba a nena quedaba soa na casa e o home leváralle o can para que lle fixese compañía durante ese tempo. Nós comprendemos a situación e deixamos que a nena quedase co canciño a cambio de que viñese ao noso instituto a estudar. Ela aceptou e púxose contentísima porque coñecería a moitos máis amigos e amigos, aprendería cousas e ademais tería moitos e moitas compañeiros e compañeiras que a axudarían en todo o que ela precisase.

 

***

Déboche todo

Jennifer Fernández Fariñas, 3º ESO A.

A luz da mañá
A cor das árbores
O froito do meu ser.
As cristalinas augas escondidas
Baixo unha manta de
Rosas vermellas
E intensos tulipáns.
A melodiosa voz
Dos paxaros ao cantar
Que calman
A forte tormenta
Do meu interior.
Natureza do meu corazón
Dásme a vida
.
As bolboretas e as xoaniñas
Danzan
Grazas ao compás do río
Ao borboriñar
Cando descende pola ladeira.
O frondoso carballo
Do meu xardín
Cóidame
Nos calorosos veráns e
Nos fríos invernos.
Cando chega a primavera
Pinta un cadro multicolor
Que dende a miña ventá
Ilumina o meu día
Dende que me ergo
Ata que polas noites
Soño coa túa fermosura.
Natureza do meu corazón
Dásme a vida
.

 

***

José Ramón Maseda Carracedo, 3º ESO A.

E cando pensaba que xa todo chegara ao seu fin,
mirei pola fiestra e vin unhas raiolas de sol…
Unhas raiolas de esperanza, de alegría…
Unhas raiolas que me fixeron ver que todo se supera,
que pode chover 50 anos sobre min pero sempre chegará a calma
e nese momento deime conta da importancia da vida
e sobre todo saber vivir a vida.

 

***

Pablo Dorado Loureiro, 1º ESO A.
 

Eran as 20:00 e atardecía,
xa era tarde e tiña que volver
non sei se choraba de dor ou da alegría
porque minutos antes estiven a caer.

Daban as 21:00  e xa era noite
ía andando pola rúa
pensando en que alguén me escoite,
xa brillaba a lúa.

Brillaba con esplendor
non podía máis coa dor nin coa desesperación
buscando algunha persoa
que me encontre nesta situación.

 

***

Haiku

María Penín García, 3º ESO A.

Sentir e viaxar,
aprender e fantasiar,
ler e navegar.

 

***

Haikus

Jennifer Fernández Fariñas, 3º ESO A.

 

Es nostalxia,
recordos dunha vida
que xa despedín.


Brisa mariña,
Cálida, estrelada,
apaixonante.

 

***

Alexandre Fraga Sal, 3º ESO A

 

O sufrimento do pasado
no futuro non estará
Volverá a liberdade.

O sufrimento polo teu amado
no futuro desaparecerá.
Volverá a liberdade.

No futuro non estará
e volverás rir.
Volverá a liberdade.

No futuro desaparecerá
e volverás gozar
Volverá a liberdade.

E volverás rir
pois el non volverá
Volverá a liberdade.

E volverás gozar
pois el non te domará
Volverá a liberdade.

Pois el non volverá
el xa non é o teu amigo
Volverá a liberdade.

Pois el non te domará
el xa non é o teu amado.
Volverá a liberdade.
 

 

***

Oda á natureza

Alexandre Fraga Sal, 3º ESO A

Natureza fermosa,
dona do meu corazón,
non morras, non morras
producirasme moita dor.

Anhelo os teus montes
ansío os teus vales
e as túas fervenzas
amo as túas fermosas paisaxes.

O Sol brilla para ti,
nos teus bosques e ríos.
faiche cóxegas sen fin,
sodes coma dous cativos.

Quérote,
ás veces sen demostrarcho,
necesítote
e non me decato.

Os teus vizosos peitos
nun alborecer limpo
alimentarán os nosos degoiros
no teu xacer materno.

 

***

Que aprendín do amor?

Ainhoa Reija Crespo, 3º ESO A.

O amor é un agasallo
e hai que saber mantelo,
pois custa moito atopalo
e pérdese nun momento.

Por amor fanse as cousas,
con amor e agarimo.
Cando se fan polos cartos
teñen pouco sentido.

O amor é verdadeiro
e nunca pode enganar.
Só enganan as persoas
cando non saben amar.

Neste mundo sempre hai tempo
para poder namorarse.
Para o amor non hai idade,
para o amor nunca é tarde.

 

***

Reflexión

Sara Rodríguez González, 3º ESO A .

 

Un novo día empeza,
pero non me quero levantar.
O día remata,
mais non quero perder a noite.

Fai Sol, ódioo,
queima e colorea
a miña pel espida
facendo que doia.

Chove, non me gusta.
O baixo da miña saia mánchase,
o repiqueteo na ventá é melancólico,
sinto que a vida se esvaece.

Odio estar soa,
pero odio as persoas
arrogantes e avariciosas.
Ódioas, ódioas máis ca nada no mundo.

 

***

Solidaria

Uxía Alonso Vieira, 1º ESO A.

O día 25 de novembro
non queremos ter máis dor,
porque ti es moi capaz
e debes mostrar valor.  


Cada día que pasa
morre unha muller,
se loitamos contra esta violencia
todos e todas ímola vencer.


Cada muller,
unha esperanza,
se ti tes valor
recobrarás a confianza.

 

***

 

SEGUNDO ENVÍO

 

***

 

 

***

A rabia

Candela Fernández Vázquez, 3º ESO A.

Rabia intensa
que inunda a alma,
que anega o corazón.

Rabia de lume
que, coma unha arma
mata a esperanza,
destrúe a ilusión.

Rabia doce,
que, coma un caramelo,
deixa sabor.

Rabia de cores,
negra coma o mañá,
azul coma as bágoas
gris coma o meu interior.

 

***

Cando sae a lúa

Claudia Díaz Casavella, 1º A

Cando sae a lúa
os gatos miañan,
as curuxas espertan
para estar alerta.

Cando sae a lúa
as estrelan guían,
os nenos soñan
con festa e alegría.

Cando sae a lúa
crecente ou minguante,
nova non pode ser
porque non é totalmente brillante.

Cando sae a lúa
a min só me inspira,
versos e poesías
que me divirten e me animan.

 

***

Esa habitación

Sara Rodríguez González 3º ESO A.

Esperto,
estou na mesma sala de sempre.
Amarela e luminosa,
Vexo o teito.

Ese teito que teño visto tantas veces,
ese teito que odio con toda a miña alma.
Síntome nun transo,
coma se non existira nada máis.

Os recordos corren pola miña mente.
A alegría, a tristeza, a ira
vagan polo meu corpo
nesta amarela habitación.

O meu fin chega,
non teño medo,
voume en paz
e dou o meu último respiro neste odioso cuarto.

 

***

Marioneta

María Penín García, 3º ESO A.

Son unha marioneta
nun teatro perdido,
miro os meus fíos,
están enredados.
O meu corazón de madeira,
frea en cada paso.

 

***

O cantar dos pequenos

Hugo Cortiñas Álvarez, 1º A.

O cantar dos pequenos
dende os extensos viñedos,
situados nos bancais
ao lado dos rosais.

Falamos dun pequeno pobo
de terra de viño, terra de auga
onde se xuntan tres ríos
que che recomendo visitalos.

Este pequeno pobo
está cheíño de xente
que só quere conversar
ou polo menos agradar.

E si, así é
fáloche dos Peares
Terra onde meu pai naceu
e estou orgulloso de pertencer eu.

 

***

O xogo final

María Penín García, 3º ESO A.

Os dous somos
un xogo sen palabras,
movementos absurdos,
que non falan.
Ti moves o rei,
eu movo a dama,
corremos polo taboleiro,
sen medo a nada.
Ti non te rendes,
queres seguir,
tesme presa
co teu feitizo,
eu quero saír,
gañar.
Ti moves o rei,
eu movo a dama,
non me deixas fuxir,
non me deixas falar,
encérrasme no teu mundo,
eu quero saír,
quero gritar.
O xogo remata,
o universo dío,
agora son eu quen manda,
rompo os meu medos,
róuboche o poder.
Eu movo a dama,
ti foxes co teu rei,
non tes saída,
por fin te apagas.
 

***

Os minerais e Luisiño

Hugo Cortiñas Álvarez, 1º A.

Un día, como outro calquera, a profesora María Luisa estaba explicando a lección e, de súpeto, Luisiño decatouse de que todos os minerais e os traballos que fixeran das partes da Terra estaban movéndose nos estantes da aula. Luisiño preguntáballe unha e outra vez á profesora, que era o que pasaba nos andeis; por que se movían todos os traballos? Pero a profesora non lle facía ningún caso e seguía explicando o tema. El cada vez sentía máis medo, porque pensaba que  na clase había fantasmas e lembrábase da película de terror que vira pola noite. Luisiño vía como cada vez os minerais e as maquetas da Terra se movían  máis rápido ata que desapareceron dos estantes e baixaron ao chan da clase para saltar e brincar entre todos e todas os/as compañeiros/as. Pero que pasa? É que ninguén máis ca min se dá conta do que acontece? Luisiño non o cría, todo o mundo atento á explicación da profe e ninguén se fixaba no boureo que organizaban estes obxectos feitos por todos e todas. O medo de Luisiño crecía a cada momento, xa que as maquetas seguían saltando por toda a clase e os minerais cada vez se facían máis grandes e todos xuntos se achegaban máis e máis  a el. Luisiño morría de medo ao ver  que as terras estaban xa na súa cabeza e facíanlle cóxegas entre o cabelo, os minerais cada vez eran máis grandes e metíanselle nos petos, e pisábanlle os pés... Xa non podía máis! Cando estaba a piques de berrar, nisto tocou o timbre. A profesora espertou a Luisiño e díxolle: HAI QUE ESTAR MÁIS ATENTO!

 

***

Palabras que doen como coiteladas

José Ramón Maseda Carracedo, 3º ESO A .

Meu amigo, xa non te quero ver máis,
frío amargo e cortante
palabras que doen como coiteladas.  

Meu amigo, xa non quero máis abrazos teus,
frío amargo e aterrecedor
palabras que doen como coiteladas.

Frío amargo e cortante
anos de amor en van
palabras que doen como coiteladas.

Frío amargo e aterrecedor
anos de amor perdido.
palabras que doen como coiteladas.

 

***

Perdida no museo

Carolina García González, 1º ESO A.

O 23 de abril, a miña clase e mais eu fomos de visita ao museo máis grande do mundo. Había moitas cousas e todo era alucinante! Chegamos á sección de cadros, que eran moi bonitos, e de súpeto empeceime a marear e tiven que  apoiarme nun deles. Aparecín noutro lugar raro e tenebroso e os meus compañeiros e as miñas compañeiras non estaban. Cando me fixei, deime conta que me encontraba dentro dun cadro que lembraba a PREHISTORIA! Todos os nómades desta época me perseguían. Eu corrín ata que encontrei unha porta verde chea de plantas.
Entrei e estaba todo rodeado de natureza por todas partes. Todo estaba tranquilamente, só se escoitaban os paxaros e o son do río. Deiteime na herba e mirei ao ceo. De súpeto, o meu corpo comezou a retumbar, levanteime rapidamente e todo volveu tranquilizarse, todo. Xirei a cabeza e.... vin un dinosauro detrás de min. Queríame comer e eu corrín velozmente ata que volvín atopar outra porta, pero esta vez non era verde nin tiña plantas, era dourada. Entrei e vin edificios en forma de triángulo e ía moita calor. Estaba en Exipto! Camiñei ata unha pirámide e entrei para ver o que contiña. Vin moitas cousas raras ata que cheguei a unha zona chea de xoias e de ouro. Tropecei cunha moeda e caín dentro dun túnel que me levou a rolos ata parar noutra porta, que nesta ocasión era branca e poñía 2020-2021. Entrei e había un montón de máscaras e un cartel que poñía: CORONAVIRUS. Todo era horrible! Notei que alguén me chamaba e aínda hoxe non sei se estiven soñando ou é a realidade.

 

***

Unha onda do mar

Ainhoa Reija Crespo. 3º A. 

Foi unha onda do mar,
foi unha onda perdida,
a onda que me levou
o amor da miña vida.

Coa luz das estrelas
eu puiden soñar,
soñei que te vía
na beira do mar.

Agora estou no mar,
no mar estou buscando
ese amor que me levou,
ese amor que quero tanto.

Ondiña que mo levaches,
ondiña vólveo traer,
se non é vivo é morto
eu quero volvelo ver.

***

 

TERCEIRO ENVÍO

 

***

 

A bolboreta, o monstro e o soño

María Penín García. 3º A.

Pode escoitarse aquí.

 

***

A cova máxica

Jennifer Fernández Fariñas. 3º A.

Pode escoitarse aquí.

 

***

A cova misteriosa

Ainhoa Reija Crespo. 3º A.

Pode escoitarse aquí.

 

***

Bolboretas

Sara Rodríguez González. 3º A.

Pode escoitarse aquí.

 

***

Conto

Alexandre Fraga Sal. 3º A..

Pode escoitarse aquí.

 

***

Inxustiza por camiño

Candela Fernández Vázquez. 3º ESO A..

Pode escoitarse aquí.

 

***