Unha iniciativa da Escola de Escritorĉs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra
Foto da actividade

E canto cambia a vida cando non hai papel? E canto cambia o xeito de escribir cando o papel non é o soporte? Aquí estamos para ver canto cambia e como cambia poñer unha palabra tras doutra nunha superficie que xa non é tan superficie. Canto cambia escribir cando incluso o papel moeda está en perigo de extinción.

Quedei sen papel é un curso para orientarse nuns soportes que se van multiplicando por temporadas e que, lonxe de reducir os estilos, piden xeitos diferentes para cada plataforma. A pesar dos cambios, do ruído e de quedar sen batería tantas veces, a escrita segue sendo o fluído fundamental diso que hai anos deixou de ser “nova tecnoloxía” e “novas formas de comunicación”. A historia di que cada cambio técnico produce alteracións artísticas e esas alteracións son o resultado de fedellar nos sistemas e de provocar un resultado que se arrede do convencional.

Escribir nas redes e ver como len os peixes é un dos obxectivos deste curso, que tamén se propón explicar como dous polgares poden escribir unha novela, aínda que non sexa a gran novela en papel.

 
  • Terá 8 sesións de tres horas cada unha.
  • Hai 9 prazas dispoñíbeis, para persoas maiores de 18 anos.
  • A inscrición, gratuíta e obrigatoria, farase en oficina@aelg.org
  • O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 8), no Pazo da Cultura de Pontevedra.
  • As persoas participantes deben levar teléfono móbil ou tablet.

 

Calendario

- Días:
Venres 1 e sábado 2; venres 8 e sábado 9; venres 15 e sábado 16; e venres 22 e sábado 23 de outubro de 2021.
- Horarios:
Venres: de 17:00 a 20:00 h.
Sábados: de 10:30 a 13:30 h.
 
 
 
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.
 

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.