Do 26 de abril de 2019 ao 28 de xuño de 2019
Unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG, coa colaboración do Pazo da Cultura e o patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra
Foto da actividade

Se te sentes tanto de letras como de ciencias; se sempre quixeches achegar un gran de area a temas universais como o amor e a morte, pero cos ollos, o enfoque e á luz do coñecemento científico [dende a mecánica cuántica ata as ondas gravitacionais, pasando pola xenética, a neurociencia ou a bioloxía]; se cres que un poema é a criatura literaria máis híbrida, que tamén pode expresarse cunha viñeta, banda deseñada ou nunha infografía; se queres artellar e compartir poemas e tamén todo o universo que colle neles... agardámoste nesta primavera en Pontevedra cun programa cheo de letras e ciencia, cunha convidada moi especial.

 

 

As aulas, nas tardes dos venres, versarán sobre a escrita de poemas e sobre diversas ramas da ciencia coas que adoptar un enfoque literario, de cara a un proxecto final.

O proxecto literario constará de:

- Por unha banda, a elaboración dun poemario científico curto [adubiado con ilustracións, viñetas ou infografías, ao gusto]

- Por outra, un recital final en xuño

As obras que o desexen poderán subirse á páxina laboratoriodapalabraudc.wordpress.com

Calendario e inscrición
- Días: venres 26 de abril; venres 3, 24 e 31 de maio; venres 7, 14, 21 e 28 de xuño
- Horarios: de 17:00 a 20:00
- 25 prazas para persoas maiores de 16 anos
- Inscrición, necesaria e gratuíta, en inscricions@pontevedra.eu, indicando os seguintes datos:
  • Nome e apelidos
  • Correo electrónico
  • Núm. do documento de identidade
  • Enderezo completo
  • Data nacemento
  • Ocupación
 As prazas asignaranse por orde de solicitude.
 
O obradoiro desenvolverase no Pazo da Cultura (Rúa Alexandre Bóveda), no Seminario 8 - Aula da Escola de Escritoræs da AELG.