Se queres inventar coa palabra outros mundos máis interesantes….
Se aspiras a que na túa imaxinación as persoas volvan nacer, talvez mellores e máis fermosas do que en realidade foron...
Se desexas que a literatura faga vida en ti e, por que non, nas lectoras e lectores… Agardamos por ti.
10 sesións de 2 horas cada unha, en horario de 11:00 a 13:00, que se celebraron os sábados:
- 5, 19 e 26 de outubro
- 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro
- 7 e 14 de decembro
Tivo lugar na aula grande do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo (como chegar).
20 prazas, gratuítas, para maiores de 15 anos, que se adxudicaron por orde de solicitude.
O obradoiro enmárcase na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.