Do 25 de outubro de 2019 ao 13 de decembro de 2019
Unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG, coa colaboración do Pazo da Cultura e o patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra
Foto da actividade

A poesía infantil e xuvenil conxuga a súa capacidade para seducir desde a lectura coa maxia da palabra, coa súa enorme disposición para o xogo e a súa vocación rebelde e subversiva. Sen dúbida, é un xénero, cheo de forza e de futuro. Nese curso coñeceremos e escribiremos poesía infantil e xuvenil penetrando nos seus segredos, mergullándonos nas súas formas, nos temas, nas voces ou nos silencios. Exploraremos a súa relación coa música, coa ilustración, coa oralidade e coa arte, sen esquecer os mecanismos para saber transmitila e os camiños que levan á súa publicación.

 
  • Terá 8 sesións de dúas horas cada unha.

Calendario e inscrición

- Días: venres 25 e xoves 31 de outubro; venres 8, 15 e 22 de novembro, xoves 28 de novembro; xoves 5 de decembro e venres 13 de decembro de 2019
- Horarios: de 18:30 a 20:30
- 25 prazas para persoas maiores de 16 anos.
- Inscrición, gratuíta, no correo electrónico oficina@aelg.org
 - As prazas asignaranse por orde de solicitude.
 
O obradoiro desenvolverase no Pazo da Cultura (Rúa Alexandre Bóveda), no Seminario 8 - Aula da Escola de Escritoræs da AELG.
 
 
 

O obradoiro enmárcase na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.