Terceiro Obradoiro de Narración Oral da Escola de Escritoræs da AELG
CONTAR CON-TENTO TEORÍA E PRÁCTICA DA NARRACIÓN ORAL Organiza: Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG Patrocina: Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do concello de Lugo Aulas: Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, rúa Quiroga Ballesteros, Lugo. Duración: 26 horas / 13 sesións semanais de 2 horas cada unha Imparten: Isidro Novo (6 sesións), Antonio Reigosa(6 sesións) e un especialista (Ana Carreira) en narración oral (1 sesión). Participantes: 25 (maiores de 15 anos) Calendario: Os martes 23 e 30 de setembro, 7, 14, 21 e 28 de outubro, 4, 11, 18 e 25 de novembro, 2, 9 e 16 de decembro de 2014. Horario: de 18 a 20 horas Inscricións: No Rexistro Xeral do concello de Lugo, Ronda da Muralla s/n. »» FORMULARIO Solicitude Xeral concello de Lugo As inscricións realizaranse desde 30 de xuño até o 12 de setembro de 2014. Terán preferencia os alumnos/as asistentes aos 1º e 2º Obradoiro de Narración Oral, celebrados en Lugo en 2012 e 2013. CONTIDOS -Consellos básicos e exercicios prácticos para narradores orais -Recursos non verbais dos contadores -Improvisacións dialogadas -Oralización. Ferramentas para adaptación de textos escritos -O noso contar/cantar e o doutras culturas -Ensamblar micro-historias para construír unha gran historia -Polo San Martiño, contos ao camiño O 11 de novembro desenvolverase, coa participación do alumnado asistente, unha sesión práctica, aberta ao público, no Salón de Actos do Centro Social Uxío Novoneyra. -Clase maxistral de -4 sesións prácticas en centros de convivencia xestionados polo concello de Lugo. Máis información: Oficina da AELG (As. de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) 981 13 32 33 / oficina@aelg.org |
|