Do 13 de novembro de 2015 ao 21 de novembro de 2015
A AELG colabora neste curso coa Universidade de Santiago mediante o patrocinio da Secretaría xeral de Política Lingüística.
Foto da actividade

Este curso tivo que ser adiado. A seguir, a información actualizada, coas novas datas de matrícula e celebración, así como coa inclusión dun novo lugar de celebración.

 

O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre o tratamento dos conflitos bélicos na Literatura Infantil e Xuvenil, co obxectivo de salientar aquelas obras que se consideran imprescindibles para a formación lectora no Ensino Primario e Secundario e así axudar á planificación da educación literaria. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo  de licenciaturas, diplomaturas e graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita. Analizaranse obras imprescindibles, realizaranse talleres literarios e artísticos, encontros con autores que representaron estes conflitos nas súas obras. Polo tanto, o tema específico a tratar é “Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos”.

 
Convocan:
  • Universidade de Santiago de Compostela. Instituto de Ciencias da Educación.
  • Grupo de Investigación LITER21. MINECO-FEDER.
  • Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
 
 
Directora
Blanca-Ana Roig Rechou
Universidade de Santiago de Compostela
 
Coordinación e Secretaría
María Josefa Mosteiro García
Instituto de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela
 
Marta Neira Rodríguez
Universidade   de   Santiago   de   Compostela/Escola   Universitaria   CEU   de
Maxisterio de Vigo
 
Isabel Mociño González
Instituto de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela.
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
 
Carga lectiva: pendente de homologación de 16 horas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como formación permanente do profesorado.
 
Novas datas de realización: 13-14 e 20-21 de novembro de 2015
 
Novos lugares de celebración:.
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa San Roque, 2, 15704, Santiago de Compostela)
Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, 15701, Santiago de Compostela) 
 
Requisitos de acceso: Mestres-as e profesorado de Ensino Secundario e Bacharelato. Calquera interesado-a no tema.
 
Novo prazo de matrícula: ata o  ata o 9 de novembro de 2015 (descargue aquí a folla de inscrición).
 
Prezo: 25 €
Nº de conta para efectuar o ingreso: Banco Santander
ES40-0049-2584-9022-1400-2210
 
Concepto: Workshop/Seminario - XII Curso de Formación: “Obras imprescindibles para o Ensino Primario e Secundario sobre conflitos bélicos”
 
Prazos de pagamento de matrícula: un único prazo.
 
Número de prazas: 150
 
Información:
  • Universidade de Santiago de Compostela Instituto de Ciencias da Educación (ICE): Telf. 881814470/881814475/881814478 icesecretaria@usc.es / blanca.roig@usc.es
  • Universidade de Vigo/Universidade de Santiago de Compostela: Marta Neira Rodríguez, marta.neirarodriguez@ceu.es, marta.neira@usc.es
  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG): oficina@aelg.org
  • Biblioteca Afundación: Telf. 981 59 34 67 biblio.santiago@afundacion.org
 
 
Colaboran:
  • Biblioteca Afundación
  • Rede  Temática  “As  Literaturas  Infantís  e  Xuvenís  do  Marco  Ibérico  e Iberoamericano” (LIXMI)
  • Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) – USC
  • Asociacións: ANILIJ-ELOS; ELOS-GALICIA
 
 
 
NOVO PROGRAMA
 
Venres 13 de novembro
Lugar de celebración: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
(Rúa de San Roque, nº 2, 15704, Santiago de Compostela)
  • 17,30-18,00 
    Recollida do material
     
    18,00-18,30
    Inauguración: Secretario Xeral de Política Lingüística, directora do Instituto de 
    Ciencias da Educación, director da Biblioteca Afundación e directora do curso.
     
    18,30-19,30
    Conflitos bélicos e sistema educativo: unha perspectiva necesaria.  
    Sara Reis da Silva (UMinho)
     
    19,30-20,00 
    Descanso 
     
    20,00-21,30
    Presentación das obras: Historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega (Xerais,
    2015); Retorno aos clásicos. Obras imprescindíbeis da narrativa infantil e
    xuvenil (Xerais, 2015); De como a Literatura Infantil e Xuvenil «é chamada á
    guerra». Reflexións sobre os conflitos bélicos en Galicia e Portugal
    (Tropelias&Companhia, 2015), Libros galegos de onte e hoxe para a nenez e a
    mocidade (2010-2015) (USC, 2015) e Libros en galego de onte e hoxe para a
    nenez e a mocidade (2010-2015) (USC, 2015).
     
     
  • Sábado 14 de novembro 
     
    Lugar de celebración: Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16,
    15701, Santiago de Compostela)
     
     
    10,00-11,30.  
     
    Como levar ás aulas as obras imprescindibles sobre conflitos bélicos para o
    Ensino Primario e Secundario. 
    Eulalia Agrelo Costas (USC) 
    11,30-12,00
    Descanso 
     
    12,00-13,00
    Encontro de Marcos Calveiro con Mar Fernández Vázquez (USC) 
     
    13,00-14,00 
     4
     
    Encontro de Pepe Carballude con Eulalia Agrelo Costas (USC)
     
     
    Venres 20 de novembro 

    Lugar de celebración: Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16,
    15701, Santiago de Compostela) 
     
     
    18,00-19,00. 
    Viñetas bélicas. A visión das guerras no mundo da narrativa gráfica.  
     
    Kiko da Silva 
    19,00-19,30
    Descanso  
     
    19,30-21,30
    Taller de ilustración: Achega a propostas artísticas contemporáneas que tratan o 
     
    tema dos conflitos bélicos.  
    Olalla Cortizas Varela, Cristina Trigo Martínez e Guillermo Calviño Santos
    (USC) 
     
    Sábado 21 de novembro 

    Lugar de celebración: Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16,
    15701, Santiago de Compostela) 
     
     
    10,00-11,30. 
    A guerra na obra de Fina Casalderrey. Encontro da autora con Isabel Mociño 
    (USC)
     
    11,30-12,00
    Descanso 
     
    12,00-13,30 
    Os conflitos bélicos na obra de Paula Carballeira. Encontro da autora con
    Carmen Ferreira (USC). Sesión de contacontos de Paula Carballeira.
     
    13,30-14,00
    Clausura: representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua
    Galega, directora do Instituto de Ciencias da Educación, director da Biblioteca
    Afundación e directora do curso.
     
    Entrega de certificacións
Vexa aquí o programa en .pdf