Do 1 de xullo de 2014 ao 4 de xullo de 2014
A AELG colabora neste curso, mediante o patrocinio da Secretaría xeral de Política Lingüística, coa Universidade de Santiago neste curso
Foto da actividade

O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre a evolución das Literaturas Infantís e Xuvenís do marco ibérico e iberoamericano. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo de licenciaturas, diplomaturas e graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita. Analízanse estas literaturas desde un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico, as narracións visuais a partir da ilustración que axuda ou complementa a narración textual e a súa influencia na innovación educativa, tendo en conta sempre  as visións do feminino para contribuír á non discriminación por cuestións de xénero. O tema específico a tratar é Movementos migratorios na Literatura Infantil e Xuvenil. Visións do feminino.


Carga lectiva: 30 horas recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como formación permanente do profesorado.

Datas de realización: Do 1 ao 4 de xullo de 2014.

Lugar:

  • Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela). Día 1 de xullo.
  • Biblioteca Novacaixagalicia (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela). Días 2, 3 e 4 de xullo.

 

Requisitos de acceso: Mestres e profesorado de secundaria e bacharelato. Calquera interesado/a no tema.

Matrícula: Ata o 30 de xuño de 2014. Descargue aquí a folla de inscrición

Formalización da inscrición: 
Por correo electrónico: enviar xustificante de pagamento e folla de inscrición ao enderezo: icesecretaria@usc.es
Por correo postal: Instituto de Ciencias da Educación. Avda. das Ciencias,s/n. Chalé nº 3 Campus Vida
15782 - Santiago de Compostela

 

 

Prezo: 50 €

Nº de conta para efectuar o ingreso:

BANCO SANTANDER CENTRAL HISPANO. 

C/C da USC nº: 0049.2584.90.2214002210

Concepto: XI Curso de Formación Movementos migratorios na Literatura Infantil e Xuvenil. Visións do feminino

Prazos de pagamento de matrícula: Un único prazo.

Número de prazas: 150

 

  

Programa

 

Martes 1 de xullo

Lugar: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela).

 

9,30-10,30.

Recollida do material.

10,30-11,00.

Inauguración: Representante da Xunta de Galicia e do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Directora do ICE. Directora do curso e Director da Biblioteca Novacaixagalicia.

 

11,00-12,30.

  • Os movementos migratorios na LIX do ámbito castelán. Visións do feminino. Jesús Díaz (ULL. España).
  • Os movementos migratorios na LIX do ámbito catalán. Visións do feminino. Caterina Valriu (UIB. España).
  • Os movementos migratorios na LIX do ámbito vasco. Visións do feminino. Mari Jose Olaziregi (UPV. España).

 

12,30-13,00. Pausa

 

13,00-14,00.

  • Os movementos migratorios na LIX do ámbito portugués. Visións do feminino. Sara Reis (UMinho. Portugal).
  • Os movementos migratorios na LIX do ámbito galego. Visións do feminino. Mar Fernández (ICE.USC.CRPIH. España).

 

16,00-17,00.

           

  • Os movementos migratorios na LIX en Brasil. Visións do feminino. Alice Aurea Penteado Martha e Vera Teixeira de Aguiar (PUC. Rio Grande do Sul. Brasil).
  • Os movementos migratorios na LIX en México. Visións do feminino. Laura Guerrero (UIA.MX.México) e Marta Neira (ICE.USC.EU-CEU-UVigo.CRPIH. España).

 

17,00-18,00.

Encontro cos escritores Alfredo Gómez Cerdá e Antonio García Teijeiro. Blanca-Ana Roig (ICE.USC.CRPIH. España).

 

18,00-18,30. Pausa

 

18,30-19,30.

Encontro co escritor António Mota. Sara Reis (UMinho. Portugal).

 

19,30-20,30.

Presentación do libro Inmigración/Emigración na Literatura Infantil e Xuvenil. Interveñen: Representantes institucionais, Karina Oliveira (Brasil), Manuel Bragado e Blanca-Ana Roig.

 

Mércores 2 de xullo

Lugar: Biblioteca Novacaixagalicia (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela).

 

9,30-10,30.

Inmigración/emigración a partir das manifestacións artísticas. Visións do feminino. María Jesús Agra e Carmen Franco (USC. España).

 

10,30-11,30.

Encontro cos escritores galegos Concha Blanco e Rafael Lema. Carmen Ferreira Boo (ICE. USC.EU-CEU.UVigo.CRPIH. España).

 

11,30-12,00. Pausa

 

12,00-14,00.

Encontro co escritor galego Fran Alonso. Berta Dávila (ICE.USC.CRPIH. España).

 

16,00-18,00.

Movementos migratorios: unha proposta de traballo nas aulas de primaria e secundaria. Berta Dávila e Eulalia Agrelo (ICE.USC.CRPIH. España).

 

18,00-18,30. Pausa

 

18,30-20,00.

Taller de creación literaria. Francisco Castro (AELG).

 

 

Xoves 3 de xullo

 

10,00-11,30.

Taller de ilustración de Inés Fernández Mallada. Presenta José María Mesías (UdC. España).

 

11,30-12,00. Pausa

 

12,00-14,00.

A Literatura infanto-juvenil no Plano Nacional de Leitura em Portugal. Fernando Fraga de Azevedo (UMinho. Portugal).

 

16,30-18,30.

Innovación educativa a partir da Literatura Infantil e Xuvenil. Unha proposta. Ana María Porto e María Josefa Mosteiro (ICE.USC. España).

 

18,30-19,00. Pausa

 

19,00-20,30.

Innovación educativa e narrativa visual. Inés Sánchez Díaz-Marta e Iria Méndez Neira (USC. España).

 

Venres 4 de xullo

 

10,30-12,00.

Como contar un conto? Celso Fernández Sanmartín.

 

12,00-12,30. Pausa

 

12,30-13,30.

Clausura: Reitor ou representante do Reitor. Representante da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Directora do ICE. Representante da AELG. Directora do curso.

 

13,30-14,30.

Avaliación e entrega de certificacións.

 

 

 

Información:           

Universidade de Santiago de Compostela

            Instituto de Ciencias da Educación (ICE)

Telf. 881814470/881814475/881814478

 

icesecretaria@usc.es

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

blanca.roig@usc.es

 

 

 

 

 

 

 

Universidade de Vigo/Universidade de Santiago de Compostela

Marta Neira Rodríguez

marta.neirarodriguez@ceu.es

 

 

 

 

 

 

 

marta.neira@usc.es

 

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

oficina@aelg.org

 

Biblioteca Novacaixagalicia

Telf. 981 59 34 67

 

 

bibliofundacion@caixagalicia.es

 

 

  

Colaboran

 

·       Biblioteca Novacaixagalicia.

·       Rede Temática “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI).

·       Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) – USC.

·       Asociacións: ANILIJ-ELOS; ELOS-GALICIA; Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.