A rúa, o non-lugar onde todo está en potencial para ser. É dicir, un “estar sendo” continuo. A vida que pasa, adoquín sobre adoquín e abaixo, alí está a praia. A xente viaxa nesta rúa da Coruña que era centro e agora é a periferia. Non hai máis Zara. A inmigración foi acollida por este barrio pero aínda viven alí xente de antes. Unha mestura que confirma que Coruña é multicultural, aínda que cremos no poder dos guetos para permitir a independencia e non a supresión de comunidades. E como toquinho e vinicius observando a “xente pasar” en Ipanema. Ver xente e xente.
As persoas ás veces como sombras, outras como protagonistas espontáneos.