Só cando vemos inexorabelmente a guerra de perto, queremos a paz. A ansiada paz. A solidaridade internacional concebida como elemento crucial para o entendemento entre persoas, entre pobos. Seremos donas dos nosos corpos sempre que nos alonxemos dun estado de guerra. Cotián e político. Así a paz será un mantra repetido e asimilado. Porque o mundo está repleto de exemplos de guerras. Proclamemos o devir da paz, no que o amor sexa a chave “Áma-me tanto como poidas”. Compromiso co amor, como menciona Hardt nas páxinas finais do seu ensaio Imperio. Guerras con diferentes causas: o xenocidio en Ruanda, o desmembramento e posteriores conflitos en Iugoslavia, a guerra e guerrilla en Colombia, a guerra do golfo coa invasión USA en Iraque, …A existencia dun Tribunal Penal Internacional, pon de relevo a necesidade da política internacional coa que os crimes e criminais sexan xulgados. A gobernanza mundial (véxa-se a ONU) buscará instaurar a paz, o non-sufrimento da poboación…Queremos un xornalismo alternativo onde os medios nons exan igual ás guerras e onde se promulgue a diplomacia co respectivo entendemento entre dirixente e países a priori enfrontados. Porque a eclosión ha de dar paso á comprensión. Metonimia desta é o mirar-se, Marina Abramovic como influencia, mirar-se aos ollos, saber da existencia do outro non como outredade senón como alteridade nun movemento no que a diferenza sexa vista desde a igualdade. Xela Arias, Denuncia do equilibrio “E nós eramos tantas veces o inimigo…”. Culturizar en valores: igualdade, liberdade, felicidade, e desculturizar leis que segundo Lacan son consideradas como naturais, tal o patriarcado. As flores metáfora da ansiada paz, o derradeiro poemario de Luz Pozo Garza, Rosa Tántrica, un canto á espiritualidade, ao esencial, ao que nunca pasa por eterno, o amor. Pero aí están as guerras… Baudrillard sostén que estas xa non se fan só no campo de batalla senón non medios, fundamentalmente na tv, CNN. Kant sostén que a paz non é un estado natural polo que hai que construi-la. Construír a paz, Manuel Antonio, De catro a catro “o mar, o barco amáis nós”; nós que non queremos guerras, que non somos as guerras e os nosos corpos terras que se unen.