Un lugar industrial que se abre ao océano. As nubes constantes e efémeras, o vento lontano e na pel, móvense entre liñas de tensión que desfiguran horizontes. Os "non lugares" dan paso a unha historia desfeita nunha post-narración que se achega a un ensaio visual. As "non-imaxes" convértense, polo imaxinario colectivo, en iconos. Signos dunha época postindustrial(o derrube da chimenea) na que a economía postcapitalista se refuxia e desdebuxa no dique, nos almacéns do porto exterior, nas fábricas, ... As flores (silvestres), reifican a existencia nesa praia, portadoras de desexos constantes. Actualización do futurismo (neofuturismo) nas estradas, nos camións, nos coches. Sentir a textura diluírse no espazo do soño mentras o sol e a choiva a avellentan. Os primeiros planos constitúen un acto de humanismo, no que o "aquí e agora" fai aparecer a consciencia de ser ao estar sendo gravado. O movemento dos corpos transforma o plano cun xogo de distanzas. Os corpos, finitos, e a infinitude do espazo, da area, da auga,...Corpos que sobreviven a unha batalla cotiá: a deshumanización. Non é o ollo o que ve senón o "logos". O interior produce así imaxes pero a materia xa estaba aí. O dispositivo fílmico: a imaxe non é o real. Só e unha imaxe ou mesmo unha "non-imaxe".