Homenaxe Nacional a Bernardino Graña. Sábado, 1 de setembro de 2012.
Bernardino Graña (Cangas, 1932) é un mestre da literatura galega e como tal quixemos honralo –na súa persoa e na súa obra- cunha grande homenaxe.
Principiou ás once da mañá no parque da Torre de Hércules con Mirando ao Mar, encontro de artistas plásticos ao redor da obra de Bernardino.
Ás cinco menos cuarto da tarde, o propio poeta embarcou na compaña de amigos e amigas na lancha de pasaxe Rías Altas, para vivir unha travesía literaria polo mar da Coruña.*
Ás seis da tarde partiu dende a Dársena a Marcha gaiteira en loanza de Bernardino Graña, que nos conduciu até o paraninfo da Universidade, onde –a partir das seis e media da tarde- se desenvolveu o acto central da homenaxe: a lectura pública dunha escolma da súa poesía, coa presenza de diferentes actuacións musicais.
Programa
MIRANDO O MAR. No Parque da Torre de Hércules, zona dos menhires.
- 11:00 h. Os artistas crean arredor da obra do poeta, sendo expostas pola tarde no patio do Reitorado (Maestranza) da Universidade. Con: Carlos Botana, Carmen Cierto, Alfonso Costa, Suso Cubeiro, Inma Doval, Rubén Mariño, Martazul, Miguel Melero, Augusto Metztli, Mercedes Molares, Begoña Pastoriza, Ánxela Pérez Meilán, Isabel Pintado, Soledad Pite, Tino Poza, Mely Secas, Nolo Suárez e Begoña Tojo.
- 12:00 h. Contacontos e lecturas dramatizadas, a cargo de Ana Hermida e Zezilia Meléndrez.
- 12:45 h. Outras voces, recital. Con Natalia Concheiro, Berta Dávila, François Davo, Alfredo Ferreiro, Nolim González, Denís Graña Fernández, Tati Mancebo, Mou de Lugh, Alexandre Nerium, Begoña Paz, Henrique Rabuñal, Alexandre Ripoll, Dores Tembrás e Ramiro Torres.
PASAR A MAROLA. Na Dársena.
- 16:45 h. Travesía polo mar da Coruña. Con Anxo Angueira, Xabier P. DoCampo e Luís Dopico. É preciso reservar previamente no correo oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, de 10:00 a 14:00 h.
- 18:00 h. Marcha gaiteira en louvanza do poeta, con Maghúa, Peixe e amigos e Os Vicentes de Elviña.
MEDRE O MAR!. Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza.
- 18:30 h. Acto poético-musical, con proxeccións audiovisuais. Coa participación de: Xosé María Álvarez Cáccamo , Anxo Angueira , Marica Campo , Marta Dacosta , Lois Diéguez , Miguel Anxo Fernán-Vello , Xosé Luís Méndez Ferrín , Xosé Manuel Millán Otero , Pilar Pallarés , Manuel Rivas , Cesáreo Sánchez Iglesias , Xavier Seoane , Xulio L. Valcárcel , Diana Varela Puñal , A Quenlla, Pablo Coello e Xacobe Meléndrez Fassbender, TingaLaranga Audiovisual, Coro mar das Acentes e Xurxo Souto.
Medre o mar! -título tomado dun dos seus poemas- quere significar a profunda actualidade da súa obra, co océano como elemento recorrente, símbolo maior da natureza, poderosa e humilde, diante da arrogancia prepotente do ser humano.
Medre o mar ! é unha atlántica aperta da cidade da Coruña e de Galiza toda ao gran poeta de Cangas!
Bernardino Graña, voz fundamental da literatura galega contemporánea. A súa obra abrangue a narrativa o teatro e, nomeadamente a poesía, con libros tan destacados como Profecía do mar (1966), Se o noso amor e os peixes... (1980), ou Himno verde (1992).
http://gl.wikipedia.org/wiki/Bernardino_Graña