Organizado pola AELG, o cortexo cívico contou co apoio e colaboración de diversos colectivos, como as asociacións culturais O Galo, Medulio, Auriense, Maio Longo, Solfa e a Asociación Cultural de Meira, e fundacións como Manuel María e Bautista Álvarez, entre outras.
Un tren, identificado como Follas Novas, partiu da estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, o xoves día 15 de xullo ás 17.45 horas, para facer o traxecto Padrón-Compostela. Unha hora antes, ás 16.45, houbo unha concentración na colexiata de Santa María de Iria, no cemiterio de Adina, onde o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, informou do sentido dos actos (vexa aquí a súa intervención), á vez que se leu un poema de Rosalía de Castro.
Na estación de Compostela agardou a comitiva restante, actuando a Banda da Escola de Música de Rianxo. O cortexo saiu pola rúa do Hórreo cara a Praza do Toural, primeira parada da comitiva, onde houbo unha lectura de poemas de Cantares Gallegos, para continuar pola Praza da Universidade e pola Praza de Cervantes, onde se leron outros poemas de Rosalía.
Finalmente, en San Domingos de Bonaval celebrouse unha audición do Ángelus, de Massenet, e unha lectura de poemas de Follas Novas, intercalando actuacións do diversos grupos musicais e artistas participantes, para rematar o acto coa lectura dun comunicado reivindicativo da figura de Rosalía de Castro, cando se facían 125 anos da súa morte.
Vexa aquí nun mapa os diversos lugares que percorreu o cortexo.
O programa foi o que segue:
16.45 Concentración na colexiata de Santa María de Iria, cemiterio de Adina:
Lectura dun poema de Rosalía e marcha a pé até a estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, para tomar o tren deica Compostela.
Iniciada esta xornada de recoñecemento neste cemiterio que primeiro acolleu a alma inqueda da nosa poeta, de pluma incisiva e incómoda, cómpre agora rememorarmos o percorrido realizado durante a translación dos restos mortais de Rosalía de Castro da Adina ao Panteón de Galegos Ilustres, de Padrón a Compostela. Dirixámonos cara á estación situada ao pé da rosaliana Casa da Matanza para revivirmos intensamente, desde a reconstrución histórica e a implicación emocional, 125 anos despois, aquel acontecemento que don Alfredo Brañas reseñou en La Patria Gallega como “a mais grande, a mais portentosa declaración d´amor que pode dar un povo libre, a apoteosis feita en honor d´a inmortal Musa gallega señá Rosalía de Castro”.
17.45 Saída do tren cara a Santiago
18.00 Recepción do tren "Follas Novas" na estación de Santiago de Compostela
Onde agardou a comitiva restante que non acudiu ao cemiterio e que se sumou neste momento ao cortexo a pé polas rúas compostelás, con actuación da Banda da Escola de Música de Rianxo.
18.45 Praza do Toural, primeira parada da comitiva.
19.15 Praza da Universidade
Saída cara á Praza da Universidade trala Asociación de Gaiteiros Galegos
Escaparates da Libraría Couceiro dedicados ás obras de Rosalía.
Continúa este multitudinario cortexo cívico-rosaliano a súa ininterrumpida marcha até esta Praza de Cervantes, onde a Libraría Couceiro, casa da palabra, dos autores e autoras, das lectoras e lectores, dá a man e agasalla os ollos para regalía deste movemento cívico, coa súa homenaxe solidaria á autora que hoxe nos convoca desde a omnipresenza da obra rosaliana viva e sempre actual.
As Pandeireteiras de Bouba recíbennos neste contorno cunha versión musical rosaliana para cederen a palabra ao recitado de Mª Xosé Queizán, Xabier Docampo e Ana Romaní.
19.45 San Domingos de Bonaval
“Pra Eterna memoria Galicia fixo facer por suscripción nacional este moimento, onde descansa na paz do señor a que foi a groria da sua patria Señora Doña Rosalía de Castro de Murguía”.
Esta inscrición que se pode ler na lápida de mármore de Carrara no mausoleo, obra de Xesús Landeira, preside a fin do traxecto da nosa comitiva, no interior deste exconvento de San Domingos de Bonaval, pechado á sociedade civil por orde eclesiástica nos últimos meses e até onte mesmo, impedindo a normal visualización e o reencontro da sociedade con referencias simbólicas nacionais, que requirimos e vindicamos, para andar o tempo presente desde a conciencia transparente daquilo que orgullosamente queremos ser, daquilo que non agochamos nin moito menos negamos, apantallado por modernismos exhuberantes e alleos que nos disimulan e empañan baixo híbridos castizos que non somos.
Neste mesmo lugar, acubillo final de honra perpétua para Rosalía de Castro, por vontade do seu pobo, que acolleu definitivamente o seu corpo nun funeral devaluado, por mor da prohibición e impedimentos eclesiásticos doutrora, a orquestra Curros interpretou o Ángelus de Massenet, que hoxe poderemos escoitar tamén, desde o rexo compromiso con este histórico cortexo que conxuntamente construímos, pola Banda da Escola de Músicos de Rianxo.
Deseguido, a lectura de poemas de Follas Novas iranse sucedendo como doas entre as notas da palabra rosaliana musicada. Inaugurará este acto final o Coro da Asociación musical Solfa, para ceder a palabra a Rosa Aneiros, Uxía Senlle, Carlos Negro, Sonia Lebedynski, Yolanda Castaño, Ugia Pedreira, Rafa Villar, Guadi Galego, Francisco Castro, Pilar García Negro e Xabier Díaz.
- Recepción no exterior da Igrexa por parte do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez
- Coro da Asociación musical “Solfa”: Angelus
- Rosa Aneiros
- Uxía: Quérom'ire e Eu levo unha pena gardada no peito
- Carlos Negro
- Sonia Lebedynski: Noite negra
- Yolanda Castaño
- Ugia Pedreira. Mar
- Rafa Villar
- Guadi Galego:Tecín soia
- Francisco Castro
- Pilar García Negro
- Xabier Díaz: Alalá de Muxía
- Lectura do manifesto
- Agradecementos da Presidencia da AELG
- Agradecementos da Secretaría xeral da AELG
- Banda da Escola de Música de Rianxo: Himno.
- Ofrenda floral
Esta é a listaxe final das entidades que apoiaron o Cortexo Cívico:
- A Mesa pola Normalización Lingüística
- Acción Solidaria entre os Pobos, de Rubiá de Valdeorras
- Amigos das gamelas-embarcacións tradicionais Mar da Pedra, de Cangas
- Amigos dos Museos de Galicia
- Asociación Cultura do País, de Lugo
- Asociación Cultural A Barosa, de Barro
- Asociación Cultural A Corredoira, de Coristanco
- Asociación Cultural A Cova da Terra, de Lugo
- Asociación Cultural A lonxa literaria, de Moaña
- Asociación Cultural A Pomba do Arco, de Foz
- Asociación Cultural A Taboada, de Cuntis
- Asociación Cultural Alba de Gloria, de Soutomaior
- Asociación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña
- Asociación Cultural Altofalante, de Ribeira
- Asociación Cultural Anchoa, de Fisterra
- Asociación Cultural Anduriña, de Cervo
- Asociación Cultural Arelas de Aquelar, de Sanxenxo
- Asociación Cultural Arrincadeira, de Ribadavia
- Asociación Cultural Arrincadeira, de Riotorto
- Asociación Cultural Arumes do Corgo
- Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla, de Touro
- Asociación Cultural Auriense, de Ourense
- Asociación Cultural Avantar, do Carballiño
- Asociación Cultural Balandro Joaquín Vieta, de Noia
- Asociación Cultural Barbantia, de Ribeira
- Asociación Cultural Barqueiro, de Vilaboa
- Asociación Cultural Buril, de Burela
- Asociación Cultural Campo de Estrelas, de Santiago
- Asociación Cultural Casal de Lobos, da Arnoia
- Asociación Cultural Centro de Estudos do Corgo
- Asociación Cultural Cova da Serpe, de Friol
- Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!
- Asociación Cultural e Deportiva Albións, da Pontenova
- Asociación Cultural e Deportiva Brens, de Cee (Brens)
- Asociación Cultural e Deportiva Sociedade Cultural e Deportiva de Samieira, de Poio
- Asociación Cultural e Deportiva Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó, de Poio
- Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido, de Cerdedo
- Asociación Cultural e Musical Os Melidaos, de Melide
- Asociación Cultural e Musical Solfa, de Santiago
- Asociación Cultural e Veciñal Baltar-Grobas, de Melide (Baltar-Grobas)
- Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás
- Asociación Cultural Éche o que hai, de Marín
- Asociación Cultural Enredos, de Noia
- Asociación Cultural Ergueitos, de Sarria
- Asociación Cultural Feixóo Araúxo, da Guarda
- Asociación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo
- Asociación Cultural Irmandiños, de Ourense
- Asociación Cultural Lúa Chea, de Teo
- Asociación Cultural LugoPatrimonio, de Lugo
- Asociación Cultural Lumieira, de Carballo
- Asociación Cultural M de Meira, de Meira
- Asociación Cultural Maio Longo, de Pontevedra
- Asociación Cultural Mardouro, do Valadouro
- Asociación Cultural MariñaPatrimonio, de Viveiro
- Asociación Cultural Medulio, Sociedade Cultural, de Ferrol
- Asociación Cultural Meigallo, de Cuntis
- Asociación Cultural Millo Verde
- Asociación Cultural Molete Xicopop, de Carballo
- Asociación Cultural O Arco de Vilanova, Cangas (O Hío)
- Asociación Cultural O Arrieiro, de Moraña
- Asociación Cultural O Fervedoiro, de Cuntis
- Asociación Cultural O Galo, de Santiago
- Asociación Cultural O Milleiro, de Ourol
- Asociación Cultural O Naranxo, de Lalín
- Asociación Cultural O Penedo da Forca, de Castrelo de Miño (Prado)
- Asociación Cultural O Vello dos Cornos, de Vila de Cruces
- Asociación Cultural Ollomao, de Barreiros
- Asociación Cultural Os Arcos, de Vila de Cruces (Merza)
- Asociación Cultural Os Bardos, do Barco
- Asociación Cultural Os Penoucos, de Valga
- Asociación Cultural Os serandeiros, de Boborás
- Asociación Cultural Pedras Miúdas, de Cee (Lires)
- Asociación Cultural Pepa a Loba, do Carballiño
- Asociación Cultural Ponte de Navia Non Caias, de Navia de Suarna
- Asociación Cultural Quinta feira, da Laracha
- Asociación Cultural Revoltaina Cultural da Beira de Bergantiños, da Laracha
- Asociación Cultural Santa Bárbara de Escudeiros, de Ramirás
- Asociación Cultural Seixo Branco, de Ordes
- Asociación Cultural Tartares, de Narón
- Asociación Cultural Terra de Melide
- Asociación Cultural Terra de Outes
- Asociación Cultural Terras dos Arrieiros, do Carballiño
- Asociación Cultural Trentinán, da Lama
- Asociación Cultural Unha grande chea, de Cambados
- Asociación Cultural Universidade Popular de Corcubión
- Asociación Cultural Vagalumes, de Tabeirós-Terra de Montes
- Asociación Cultural Val de Láncara, de Láncara
- Asociación Cultural Val do Cereixo, de Tomiño (Tebra)
- Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz
- Asociación Cultural Xesús González Aboi, de Caldas de Reis
- Asociación Cultural Xevasio Paz Lestón, de Muxía
- Asociación de Acción social e cultural nacionalista do Ribeiro, de Castrelo de Miño
- Asociación de Amigos do Mosteiro de Melón
- Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde
- Asociación de Escolas-Taller e Casas de Oficios de Pontevedra
- Asociación de Gaiteiros Galegos
- Asociación de Labregos Ribeiraos, de Ribadavia
- Asociación de Mulleres A Rula, da Laracha
- Asociación de Mulleres Observatorio da Mariña pola Igualdade, de Ribadeo
- Asociación de Mulleres Rurais As Hermidas, da Lama
- Asociación de Mulleres Rurais Leilía, de Ribadavia
- Asociación de Mulleres Terra de Miranda, de Riotorto
- Asociación de Nacionalistas do Ribeiro, de Castrelo de Miño
- Asociación de Naseiros Alvedosa, de Soutomaior (Arcade)
- Asociación de Troiteiros Río Furelos, de Melide
- Asociación de Veciños A Cutareira, da Laracha
- Asociación de Veciños A Moreira, de Castrelo de Miño
- Asociación de Veciños A Piteira, do Carballiño
- Asociación de Veciños Arouca, de Arou (Camariñas)
- Asociación de Veciños Campo da Feira, da Laracha
- Asociación de Veciños Carrizáns, da Lama
- Asociación de Veciños Catro Camiños, do Carballiño
- Asociación de Veciños Cristo de Xende, da Lama
- Asociación de Veciños e socio-cultural Macendo, de Castrelo de Miño
- Asociación de Veciños Eduardo Pondal, de Pontevedra
- Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta, de Pontevedra (Salcedo)
- Asociación de Veciños Longoseiros, do Carballiño
- Asociación de Veciños Madarnás, do Carballiño
- Asociación de Veciños O Agro, de Cotobade
- Asociación de Veciños O Outeiro, de Castrelo de Miño
- Asociación de Veciños O Pargue, do Carballiño
- Asociación de Veciños Pol, do Carballiño
- Asociación de Veciños Río Acheiro, da Laracha
- Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña, de Cambados
- Asociación de Veciños Santa María de O, de Muxía
- Asociación de Veciños Vilela, de Punxín
- Asociación de Veciños Xurde Caldebarcos, de Carnota (Caldebarcos)
- Asociación Deportiva Agrupación de Atletismo de Porto do Son
- Asociación Deportiva Club Deportivo Porto do Son
- Asociación Deportiva Club Deportivo Portosín, de Porto do Son
- Asociación Deportiva Clube de Remo de Noia
- Asociación Deportiva e Cultural Coira, de Porto do Son
- Asociación Deportiva e Cultural Esteirana, de Muros
- Asociación Deportiva Egovarros, de Viveiro
- Asociación Deportiva Furia Atletic Club, de Valga
- Asociación Deportiva Monteferreiros-Clube Deportivo, de Tomiño (Sobrada)
- Asociación Educativa Medio Ambiental Os Carballos, de Cotobade
- Asociación Musical Banda de Gaitas Amigos do Mosteiro de Melón
- Asociación Musical Grupo de Gaitas de Leiro
- Asociación Musical Vai de roda, Grupo de Música Tradicional, de Rianxo
- Asociación Socio-Cultural Adellis, de Silleda
- Asociación Socio-Cultural Carballas, do Rosal
- Asociación Socio-Cultural Cedofeita de Lérez, de Pontevedra
- Asociación Socio-Cultural O Burgo, de Pontevedra
- Asociación Socio-Cultural Redes Escarlata
- Asociación Socio-Pedagóxica Galega
- Asociación Veciñal A Miñoca, de Vigo (Coia)
- Asociación Veciñal A Paz, de Vigo
- Asociación Veciñal A Unión, de Vigo (Matamá)
- Asociación veciñal Agra do Orzán, da Coruña
- Asociación Veciñal Atochas-Montealto-Torre de Hércules, da Coruña
- Asociación Veciñal de Navia, de Vigo
- Asociación Veciñal de Pontenova-Freixeiro, de Vigo
- Asociación Veciñal de Saiáns, de Vigo
- Asociación Veciñal de San Roque, de Vigo
- Asociación Veciñal de Teis, de Vigo
- Asociación Veciñal Dr. Fleming, de Vigo
- Asociación Veciñal e Cultural de Valladares, de Vigo
- Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello, de Vigo
- Asociación Veciñal O Carballo, de Vigo (Sárdoma)
- Asociación Veciñal Rosalía de Castro (da Salgueira), de Vigo
- Asociación Veciñal, Cultural e de Usuarios Val de Fragoso, de Vigo
- Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Lavadores, de Vigo
- Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Sampaio, de Vigo
- Asociación Xuvenil Antre os pinos, de Rianxo
- Asociación Xuvenil AXVALSO, de Vimianzo
- Asociación Xuvenil e Cultural Colectivo Chilindrín, de Viveiro (Celeiro)
- Asociación Xuvenil Galiza Nova
- Asociación Xuvenil Illa Lobeira, de Corcubión
- Asociación Xuvenil Muimenta, de Tomiño (Sobrada)
- Asociación Xuvenil O Baluarte, de Porto do Son
- Asociación Xuvenil O Escalambroeiro, de Ribadavia
- Asociación Xuvenil Taiña, de Tomiño (Goián)
- Asociación Xuvenil Unión da Mocidade Galega
- Ateneo de Pontevedra, de Pontevedra
- Ateneo Ferrolán
- Ateneo Republicano de Valdeorras
- Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Os Casais (Maniños-Fene)
- Biblioteca Virtual Galega
- Bloque Nacionalista Galego
- Candea-Asociación de Ensinantes do Salnés, de Cambados
- Centro Social Setestrelo, A Estrada
- Club Cogomelo Melide Xuvenil, de Melide
- Club Petos Melide, de Melide
- Comunidade de Montes Comunidade de Montes das Bouzas, de Castrelo de Miño
- Comunidade de Montes Comunidade de Montes de Cenlle, de Cenlle
- Comunidade de Montes Comunidade de Montes de Marcón, de Pontevedra
- Comunidade de Montes Comunidade de Montes de San Paio e Santa Cristina, de Ribadavia
- Confederación Intersindical Galega
- Coro Cantigas da Terra, da Coruña
- Edicións Positivas
- Federación de Asociacións de Veciños Castelao, de Pontevedra
- Federación Rural Galega (FRUGA)
- Feministas Independentes Galegas
- Fundación Bautista Álvarez
- Fundación Castelao
- Fundación do Pedrón de Ouro
- Fundación Manuel María
- Fundación Rosalía de Castro
- Instituto de Estudos Chairegos, de Vilalba
- Instituto de Estudos Miñoranos, de Gondomar
- Irmandade Manuel María, de Vilalba
- Irmandade San Caetano, de Barreiros
- Mancomunidade de Montes Caldebarcos e San Cibrán, de Carnota
- Meiramar-Axóuxeres, Asociación Folclórico Cultural e Xuvenil, de Moaña
- ProLingua
- Revista de Creación literaria Casa da Gramática, de Noia
- Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte
- Sociedade Liceo de Noia
- Sociedade Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus, de Vigo (Comesaña)
- Teatro do Vilar, de Ribadavia