Este espazo está pensado pola AELG como unha ferramenta de traballo e de coñecemento ao redor da obra dos/as nosos/as escritores/as. Pretende ser, pois, unha xanela aberta á divulgación de contidos pedagóxicos en lingua galega enfocados ás diferentes etapas educativas (primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato), sen esquecer aquel alumnado con necesidades educativas específicas.
A colaboración dos/as profesionais do ensino resultou indispensábel á hora da elaboración e deseño das diferentes unidades didácticas que este espazo virtual ofrece ao sector da docencia, docentes e discentes, mais tamén accesíbel ao conxunto da sociedade.