24 de novembro de 2018
Organizado pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña
Foto da actividade
III Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG
A palabra teatral nas aulas

 

24 de novembro de 2018

Espazo Normal (Paseo de Ronda, 47 -como chegar-) | A Coruña

 

Matrícula para o certificado homologado:

O prazo de matriculación abrirase en breve.

Destinatarios-as do certificado homologado: Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes.

Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación (certificado homologado):
Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%

 

Matrícula para o certificado emitido pola AELG:

Desde 17/10/2018 até 22/11/2018 (oficina@aelg.org)

Destinatarios-as do certificado emitido pola AELG: Outras persoas que queiran un certificado de asistencia.

 


PROGRAMA

 

O programa completo previsto é este:

Mañá

09:45 Apertura da III Xornada.

10:00 Mesa redonda A literatura dramática galega no último cuarto do século XX.

11:25 Mesa redonda A literatura dramática galega nas primeiras décadas do século XXI.

12:45 Mesa redonda O teatro nas aulas.

 

Tarde

16:00 Festival Pezas dun teatro do porvir. Procesos abertos de escrita dramática.

Convocatoria aberta a 4 dramaturgas/os que estean a escribir algunha peza nova ou que teñan unha peza recente e queiran abrila ao público amosando un fragmento ou mostra desta.

Terá lugar unha exposición ou mostra dun fragmento da peza (máximo de 15 minutos), e haberá un tempo complementario para un breve debate ou conversa ao seu respecto (máximo 15 minutos).

As presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o considere máis axeitado á peza que vai amosar a través dun fragmento desta.

No breve debate posterior ás presentacións buscaríase coñecer a reacción do público, nun diálogo que, quizais, poida servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o, o acabado desas pezas en proceso.

Condicións:
- Asígnase un orzamento total de 300 euros para cada proxecto seleccionado.
- Prazo para a presentación de propostas: 8 de outubro de 2018. Enviaranse ao correo electrónico oficina@aelg.org

 

18:30 Clase maxistral a cargo de José Maria Vieira Mendes, recoñecido dramaturgo portugués. Presenta: Cilha Lourenço Módia.

Aberto a todas as persoas interesadas. O autor falará sobre as relacións entre literatura e o teatro, centrándose nos textos e contextos no teatro portugués actual, e posteriormente manterá un coloquio co público asistente.

 

Coa coordinación de Afonso Becerra de Becerreá, Vogal de Literatura Dramática da AELG, e Cilha Lourenço Módia, da Universidade da Coruña.