POLAFÍA na Estrada
Venres, 9 de outubro de 2015, a partir das 20:00 no MOME (Museo do Moble e da Madeira da Estrada)
HISTORIAS, CANTOS, CONTOS, MÚSICAS E OFICIOS DAS TERRAS DA ESTRADA
Como resultado da actividade, á que asistiron 70 persoas, obtivéronse case dúas horas de gravación: música, baile, contos, un monólogo inspirado nun texto de Varela Buxán, informacións de moito interese sobre o Entroido do Ulla e sobre o traballo do liño na comarca, incluíndo unha excepcional mostra de espadaleiras fermosísimas.
Participou como presentador David Otero, profesor que recordou na súa intervencióna figura de Ramón de Liripio. Tocante ao recitado, foi Isidro Novo, quen recitou algúns poemas tradicionais recollidos en el municipio. A parte da tradición musical chegou da man de Tequexetéldere e Tamparratán, dúas formacións de música tradicional galega que traballan na recuperación do cancioneiro da zona. Asistiron especialistas en literatura de tradición oral, como Ana Guerra e Calros Solla, así como moitos membros dos colectivos anteriormente citados.

Organizaron:
Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
A. C. Vagalumes
Colaboraron:
Grupo Tequexetéldere
Asociación Cultural “Tamparrantán”.

O cartel en pdf, aquí.
Reportaxe fotográfica, aquí. A primeira das fotos é da autoría da AELG; as demais son da web http://www.tabeirosmontes.com/novas/celebrouse-a-polafia-na-estrada, á que a AELG agradece o seguimento da actividade.