Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela
Foto da actividade

Nova edición deste Ciclo de percorridos literarios por Compostela, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.

As inscricións, gratuítas, realizaranse no correo electrónico teatroprincipal@santiagodecompostela.gal, indicando o nome, apelidos, un teléfono de contacto, e o(s) Paseo(s) ao(s) que se quere asistir.

 

 

Xoves 14 de xuño, ás 18:00 h.

A cidade das augas, con María do Cebreiro

Punto de partida: Ponte Vella do Sar.

 

Xa tiveron lugar os paseos:

 

Xoves, 31 de maio, ás 18:00 h.

Compostela negra, con Diego Ameixeiras.

Punto de partida: Praza de Cervantes.

 

Sábado 2 de xuño, ás 19:30 h., no marco da SELIC.

Paseo por unha cidade na palabra, homenaxe a Salvador García-Bodaño. Con Xosé María González Xil.

Punto de partida: Praza do Obradoiro

 

Xoves 7 de xuño, ás 19:30 h.

Roteiro arredor de Fermín Bouza-Brey en Compostela, con Antón Lopo.

Punto de partida: número 43 da Rúa do Vilar.