Do 23 de setembro de 2017 ao 30 de setembro de 2017
Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra
Foto da actividade

Paseos pola cidade con autoras e autores que escribiron sobre Pontevedra.

Todos os paseos con partida ás 11.30

Para a inscrición, as persoas interesades deben enviar os datos (nome completo, teléfono e correo electrónico) a pontevedraliteraria@gmail.com e indicar a que paseo/s queren apuntarse, a partir do 18 de setembro. Inscrición por orde de chegada ao correo. Prazas limitadas.

 

 

Sábado 23 de setembro, Pontevedra e a literatura infantil e xuvenil, con Eva Mejuto.

Este roteiro procura, a través da miña experiencia persoal e profesional, facer un percorrido de Pontevedra usando como fío condutor a LIX, que vai desde a presenza na cidade das editoras Kalandraka e OQO (ás que estiven vencellada nestes case vinte anos da miña vida na boa vila), á Facultade de Belas Artes, onde dou aulas no Master de Libro Ilustrado, facultade da que saíron ilustradores e ilustradoras de recoñecemento internacional.

 

Sábado 30 de setembro, A voz secreta das pedras, con Xesús Constela.

O punto de partida será o cruceiro da Igrexa de Santa María. Despois entraríamos na propia igrexa para falarmos da contraportada (non vou desvelar agora o segredo)...

.