Do 1 de abril de 2017 ao 13 de maio de 2017
Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña
Foto da actividade

Hai moitas formas de pasear pola cidade. Nesta ocasión, seguirémolo facendo a través de paseos pola Coruña da man das propias autoras e autores que escribiron obras ambientadas na cidade: 

 

  • Sábado 6 de maio (12:00 h - 13:30 h): paseo con Nacho Taibo

O paseo percorrerá algunhas recordacións do autor sobre o centro da Coruña, fundamentalmente en relación cos escenarios da novela Os tres de nunca.

A Coruña: feminina e plural. Dous serán os fíos condutores: a particularidade de ser A Coruña unha cidade que deu, ou na que viviron, mulleres transcendentes no seu pensamento e nos seus feitos e, tamén, o de ser de sempre cidade liberal. Pasaremos por lugares vinculados a María Casares, María Miramontes, María Pita, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Herrera Garrido, Luísa Villalta. Falaremos do mito do nome da cidade, da razón da rúa das Damas, e invocaremos a  Juana de Vega, Concepción Arenal, Isabel Zendal ou Eugenia Osterberger, sen deixar de atender ás referencias liberais que atoparemos camiño.

Actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos. 55 prazas por paseo.

A inscrición previa, obrigatoria e gratuíta, pode facerse na conserxería do Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17) ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9.00 h, en calquera dos casos), ou en lingua@coruna.es, a partir respectivamente das seguintes datas:

  • Paseo con Nacho Taibo: inscrición desde o luns 24 de abril
  • Paseo con Chisco Fernández Naval: inscrición desde o martes 2 de maio

Xa tiveron lugar os paseos:

1 de abril, con Emma Pedreira. ​Paseo e ao mesmo tempo recital efémero, exposición fotográfica itinerante, homenaxe da poeta ao fotógrafo e ás rúas que pasearon e viviron xuntos como neta e avó, unha volta ao pasado nos tempos da guerra civil e, sobre todo, unha entrada exclusiva nun álbum de familia daquel neno que aprendeu o oficio da fotografía dentro dunha guerra. 

 22 de abril, con Beatriz Maceda. ​Camiñar, retornar ao barrio de Beiramar na compaña dos versos de Luisa Villalta e do pasado anarquista deste o meu lugar da infancia, que sempre mirou cara ao mar. No que aprendín que ser muller era sinónimo de afouteza, que os viquingos contaban historias máxicas e, que na vida hai barricadas.