A VIII edición do certame Inspiraciencia de relatos de inspiración científica xa ten gañadoras-es.
- O Museo Casa de la Ciencia-CSIC de Sevilla acolleu nesta edición o acto de entrega de premios, que contou cunha posta en escena inspirada nos relatos.
- A AELG colabora habilitando prazas para as persoas gañadoras nos Obradoiros da súa Escola de Escritoras e Escritores; así mesmo, propuxo unha persoa para o xurado, Pura Salceda.
Estes foron os relatos nas categorías xuvenil e adulto en galego, resultando gañadores e finalistas os seguintes:
Xuvenil
Relato gañador: "Sempre no meu corazón, Ada", de Julia Nieto Mantiñán
Relato finalista: “Vida”, de Javier García Bello
Adulto
Relato gañador: “Por un puñazo de SNPs” de Adrián Casanova Chiclana
Relato finalista: “Información”, de Rodrigo Justo Fernández
Facer da ciencia, ficción. Inspiraciencia é unha invitación a pensar e imaxinar a ciencia desde a creación literaria. O seu obxectivo é fomentar o achegamento ao pensamento científico a través da escritura. As persoas participantes puideron presentar relatos curtos, de como máximo 800 palabras, en castelán, catalán, galego ou eúscaro, nunha das dúas categorías: mozo/a (de 12 a 17 anos) ou adulto (a partir de 18 anos). Como novidade desta edición, entregouse un premio accésit Feynman aos relatos de calquera categoría e lingua que trataran a obra ou a figura de Richard Feynman; como parte dos actos conmemorativos do seu nacemento que organiza a Associació Catalana de Comunicació Científica.
Actividades paralelas
- En Barcelona, o concurso acompañouse dunha exposición e obradoiro a cargo do colectivo de artistas 4-Elements, explorando as relacións entre libros, ciencia e arte; ambos se organizaron no marco de Sant Jordi. A intención foi propiciar o encontro distendido con persoas de distintas disciplinas que quixeran explorar outras formas de pensar, exercitar habilidades diferentes ás que están habituadas e traballar nunha actividade de creación individual e colectiva. A exposición Post-libros, NeoLibros, No Libros: un viaje de reinterpretación puido visitarse do 20 ao 29 de abril na Sala de exposicións da Residencia de Investigadores (CSIC-Generalitat de Catalunya) de Barcelona. O obradoiro Esculpiendo el libro: ciencia, poética, técnica tivo lugar o 20 e o 27 de abril, de 16 a 19, na mesma sede (c/ Egipcíaques, 1-3. Barcelona).
Inspiraciencia está impulsado pola Delegación do CSIC en Cataluña coa colaboración de numerosas persoas e entidades. Conta co apoio da Vicepresidencia Adxunta de Cultura Científica do CSIC, das delegacións do CSIC en Andalucía, Aragón, Galicia, Illas Baleares, Madrid e Valencia, e institutos de Cataluña, Euskadi, Estremadura, Galicia, Madrid e Illas Canarias.
O proxecto conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e a colaboración especial de numerosas entidades culturais e científicas: Escola d’Escriptura de l’Ateneu Barcelonès, Escuela de Escritores, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Editorial Galaxia, Euskal Etxea. Centre Cultural Barcelona, Elhuyar Fundazioa, Idazten. Idazle Eskola, Mètode. Revista de Difusió de la Investigació de la Universitat de València, Associació d’Escriptors en Llengua Catalana, Investigación y Ciencia, Associació Catalana de Comunicació Científica, Biblioteques de Barcelona, Residència d’Investigadors (CSIC-Generalitat de Catalunya) e Museo Casa de la Ciencia-CSIC de Sevilla.
Máis información, aquí.
1. Pode participar calquera persoa que presente un relato orixinal, en calquera das linguas do concurso (catalán, castelán, éuscaro e galego), que estea inspirado nunha temática científica.
2. Os orixinais deben estar escritos en catalán, castelán, éuscaro ou galego. Deben ser inéditos e non ser premiados en ningunha outra convocatoria, certame ou premio literario, nin ser publicados nun medio ou blog persoal.

Modalidade e categorías
3. O concurso ten unha única modalidade competitiva:
- Relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras
4. Os participantes poden participar nunha das seguintes categorías:
- Adulto (a partir de 18 anos), enténdese que os participantes son maiores de idade na data de peche do prazo de presentación de relatos.
- Mozo (de 12 a 17 anos), é dicir, os participantes son menores de 18 anos na data de peche do prazo de presentación de relatos..
5. Cada participante pode presentar un máximo de catro relatos, sempre que estean escritos en linguas distintas. Os relatos dun mesmo participante deben ser orixinais e non se pode presentar o mesmo relato en linguas distintas.
6. Os relatos de calquera categoría e lingua que traten a obra ou a figura de Richard Feynman optan ao premio accésit Feynman.

Os relatos de calquera categoría e lingua que traten a obra ou a figura de Richard Feynman optan ao premio accésit Feynman.

Presentación dos relatos
7. Os orixinais deben presentarse a través do sitio web: inspiraciencia.es. Previamente, os participantes deben rexistrarse. A data de nacemento establece a categoría (Mozo ou Adulto) na que se participa.
8. Os participantes poden acceder á súa conta cun nome de usuario e un contrasinal. O pseudónimo é o nome co que asinarán os relatos.
9. Cada participante pode enviar un relato en calquera das linguas do concurso. Os gañadores dunha edición, para unha categoría e lingua, non poderán presentarse para a mesma categoría e lingua nas dúas seguintes edicións.
10. Os participantes que queiran optar ao premio accésit Feynman deberán indicalo no formulario de envío de relatos.
11. O prazo de presentación de relatos pecharase o 17 de maio de 2018.

Premios
13. O concurso prevé un premio institucional para cada categoría e lingua, e un premio do público por categoría. Este ano, ademais, o premio institucional outorgará o premio accésit ao mellor relato Feynman de cada categoría.
14. Os premios serán dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura e a subscrición a revistas de divulgación.
15. A organización do concurso resérvase o dereito de declarar deserta a convocatoria se considera que os orixinais presentados non alcanzan a calidade mínima necesaria.

Xurado e criterios de valoración
A comisión organizadora traballa para que os relatos se publiquen na web. Encárgase tamén de facer a preselección de relatos que pasará ao xurado, mediante un sistema de dobre moderación.
17. Para valorar os relatos terase en conta a adecuación á temática, a calidade literaria, a orixinalidade na formulación, a estrutura e a coherencia da narración, así como o estilo, a creatividade e a imaxinación.
18. O premio do público decídese a través dunha votación en liña aberta a todas as persoas. O público premia o relato máis votado de cada categoría, con independencia da lingua na que se escribiu.
19. A votación faise sobre a mesma selección de relatos que pase ao xurado. Para votar haberá que rexistrarse. Cada persoa pode dar un voto por relato, sen restrición do número de relatos a votar, a través do formulario habilitado.

Participación
21. Os relatos gañadores poderán ser publicados en medios físicos e dixitais, sempre mencionando a autoría.
Barcelona, 12 de marzo de 2018

