Do 20 de outubro de 2018 ao 10 de novembro de 2018
Unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, coa colaboración e patrocinio do Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, e os Concellos de Baiona, O Grove e Bueu
Foto da actividade

Os obradoiros enmárcanse na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.

Nesta ocasión, buscan encontrar a conexión entre a palabra poética e o mar desde perspectivas diferentes, en tres emprazamentos privilexiados da provincia de Pontevedra.

 

CALENDARIO DOS OBRADOIROS

- Palabras Varadas
Autora: Marta Dacosta
Data: 20 de outubro de 2018
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Lugar de realización: Baiona. Capitanía Marítima (Rúa Elduayen, 20 -como chegar-)
Cada persoa levará un poema en lingua galega no que o mar estea presente
 
 
Poemando o Mar
Autor: Antonio García Teijeiro
Data: 27 de outubro de 2018
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
Lugar de realización: O Grove. Museo da Salga, Punta Moreiras (-como chegar-)
Dirixido especialmente a profesorado e persoas interesadas no ensino
 
 
De Brea e Mar
Autora: Miriam Ferradáns
Data: 10 de novembro de 2018.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h.
Lugar de realización: Bueu. Estaleiro de Purro (Avenida de Montero Ríos, ao carón da praia da Banda do Río)
 

 

INSCRICIÓNS

- Máximo de 25 prazas por obradoiro.
- Inscrición previa, necesaria e gratuíta, en oficina@aelg.org, no teléfono 981133233 (de 09:30 a 14:00 h. os días laborábeis), ou no móbil 696581971 (no mesmo horario, por chamada telefónica, WhatsApp ou Telegram).
- Indicaranse os seguintes datos:
  • Título do obradoiro
  • Nome e apelidos
  • Documento de Identidade
  • Contacto telefónico

 As prazas asignaranse por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.

 

Información básica sobre Protección de Datos. O Responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é atender a súa solicitude de inscrición nesta actividade e a base legal do mesmo é o seu consentimento como persoa interesada. Ten dereito a acceder, rectificar, suprimir os seus datos e outros dereitos. Pode consultar a nosa cláusula adicional premendo no epígrafe Aviso Legal da páxina principal da web da AELG (aelg.gal).