Do 13 de outubro de 2018 ao 22 de decembro de 2018
Unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Santiago
Foto da actividade

Proposta

Obradoiro de exploración e creación teatral a partir de algunhas das condicións xerais de composición nas dramaturxias posdramáticas.

Experimentación e análise de dramaturxias colaborativas de proceso. A creación en equipo.

Pesquisa práctica e reflexión sobre a palabra como material no ámbito da danza e o teatro contemporáneos posdramáticos.

 

Participantes

Obradoiro dirixido a actrices, actores, bailarinas, bailaríns, dramaturgas/os, directoras/es de escena e persoas afeccionadas ás artes escénicas.

Ao tratarse dun obradoiro de dramaturxia colaborativa, cómpre un número de participantes múltiplo de 3, para poder facer equipos artísticos polo menos de 3 persoas. Máximo 15 persoas para poder aproveitar o tempo e facer un seguimento óptimo de cada proxecto.

Tamén é necesario contar co compromiso explícito de asistencia das/os participantes ás sesións de traballo e á mostra final, xa que, ao tratarse de creacións colectivas, resulta imprescindible a implicación íntegra para o bo funcionamento de cada grupo.

As persoas participantes deberán traer roupa cómoda para poder moverse.

 

 


 

Calendario e inscrición
-Días e horarios: sábados 13 e 27 de outubro; 3 e 17 de novembro; 1 e 15 de decembro: de 11:00 a 14:00. Sesión de Mostra ao Público o sábado 22 de decembro, de 12:00 a 14:00

- Máximo de 15 prazas para persoas maiores de 16 anos.

-Inscrición, necesaria e gratuíta, en proxectoscultura@santiagodecompostela.gal
 
As prazas asignaranse por orde de solicitude.
 
O obradoiro desenvolverase na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural Santa Marta (Antonio Rama Seoane nº 6), de Santiago de Compostela.