O poema é un animal escondido
Se queres escribir, desanda o camiño.
Abre os ollos, as orellas, as portas da casa.
Escoita o inaudible.
Achégate como quen pasa a man polo lombo dunha besta salvaxe.
Estou dentro de ti.
Eu son o poema.
Obradoiro de creación literaria da Escola de Escritoras/es da AELG, a cargo de Carlos Negro, cunha sesión de malabarismo creativo a cargo de Baldo Ramos.
No Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda)
Cubríronse as 25 prazas, gratuítas, para maiores de 16 anos, que se adxudicaron por orde de solicitude (inscricions@pontevedra.eu)