Os escritores/as
galegos, vascos e catalans, reunidos na 21ª edicion do
Galeusca, celebrada en Ourense e Allariz, acordan:
1) Reclamar
a consideracion a todos os efectos das nosas linguas e literaturas,
en pé de igualdade, en todo o Estado. 2)
Seguindo coa nosa vontade de romper fronteiras, xa expresada
no Galeusca de Mallorca, e retomada no de Guernika, manifestar
a nosa satisfacion polos cambios anunciados polo instituto
Cervantes verbo da apertura ás nosas linguas das suas
actividades no exterior, agardando que as promesas se concreten
en feitos. 3)
Instar aos concellos de todas as vilas e cidades para que
contribúan a unha presenza viva e real dos seus escritores/as.
4) Lembrar
a necesidade dun urbanismo máis respectuoso coa nosa
historia e identidade, de cara a unha maior humanizacion.
OURENSE,
a 1 de novembro de 2004.
|