Este é o maio,
maíño é;
e ste é o maio
que baila de pé.

Este é o maio
que vai polas hortas
cargadiño
de mazarocas.

Eu leveille o maio
a unha señorita
e non tiña que dar
mais que a falda e a camisa.

Eu leveille o maio
a unha costureira
e non tiña que dar
mais que a punta da tixeira

 

Este maio foi recollido pola Asociación Álvaro das Casas, como podes comprobar se premes no nome da asociación.

 

Se queres saber máis sobre os maios, preme na foto

Maio de Leiro

 

-Que diferenzas atopas entre o maio popular e o maio de Curros Enríquez?

Anterior

Seguinte