A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento do seu socio Fernando Cabeza Quiles
1/5/2026
Foto da novidade

Fernando Cabeza Quiles, poligrafo que destacou pola súa obra sobre a toponimia galega, cultivou tamén outros xéneros, como o ensaio e a narrativa, xunto a centos de artigos sobre temática etnográfica, histórica e social.

O seu exemplo, sempre comprometido na difusión e coñecemento da nosa cultura, fai del un referente unanimente recoñecido por toda a sociedade.