
Os premios Follas Novas do Libro Galego renovan imaxe e formato de xurado nesta nova edición. Corenta obras son finalistas dos premios até o vindeiro 9 de maio, en que se darán a coñecer as obras gañadoras en cada unha das categorías, como vén sendo tradicional, na gala de entrega que terá lugar no Teatro Principal de Santiago.
Este galardón, que homenaxea a creación literaria en lingua galega, volve destacar o talento e a calidade das obras presentadas nesta edición. Tras un rigoroso proceso de selección, o xurado deu a coñecer os autores e obras que optarán ao recoñecemento nas diferentes categorías.
Nesta edición chegan á final arredor de 40 escritoras/es, tradutoras/es e ilustradoras/es xunto con máis de 20 editoriais. As obras finalistas desta edición dos premios Follas Novas son o resultado dun proceso de selección de tres fases, que supón unha lectura e valoración da produción editorial galega. O proceso ten unha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras que selecciona un cento de títulos publicados entre decembro de 2024 e novembro de 2025. Na segunda fase de selección, o xurado, establecido en tres seccións -literaria, deseño e edición-, escolleu as obras finalistas por cada categoría. O proceso terá o seu cumio o sábado 9 de maio de 2026, coa gala na que se darán a coñecer cada unha das obras gañadoras nas trece categorías nas que se organiza este premio.
Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Contan co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e a Xunta de Galicia.

Para renovar a identidade gráfica nesta edición, a organización quixo contar co traballo de Pepe Barro, un nome ben coñecido no ámbito do deseño en Galicia por creacións como a camiseta da Selección Galega de Fútbol ou a renovación da Casa de Rosalía de Castro.
O deseñador, Pepe Barro, explicou sobre o novo deseño que toda a imaxe dos Premios Follas Novas está pensada desde a forza do lugar, a Casa de Rosalía, coa forza vexetal e coa forza da terra, mesmo coa propia imaxe de Rosalía de Castro. O punto de partida son as follas de loureiro, que na literatura xa teñen relación cos recoñecementos a escritores e artistas. O logotipo parte da folla máis o perfil dun corazón e o sinal de direción cara adiante que representa a motivación da organización por seguir medrando na difusión e visibilidade do mundo literario.
No que respecta á peza que recibirán os premiados, as follas de loureiro incorporadas están tratadas e secadas cun proceso natural e proceden da árbore situada no xardín da casa de Rosalía de Castro en Padrón. Ademais, o estoxo que protexe a folla foi fabricado cunha pedra proveniente da Canteira do Oso.
FINALISTAS DOS PREMIOS FOLLAS NOVAS DO LIBRO GALEGO 2026
PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
- As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936. Carmen V. Valiña. Editorial Galaxia.
- Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes. Alba Rodríguez Saavedra. Edicións Laiovento.
- Vidas e historias LGBT da Idade Media. Carlos Callón. Edicións Xerais de Galicia.
PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
- Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia?. Susana Reboreda Morillo (coord.). Editorial Galaxia.
- Somos Pandeireteiras. VV.AA. Edicións Xerais de Galicia.
- Vigo na liña do tempo. Manuel Bragado. Instituto de Estudos Vigueses.
PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
- Punto de araña. Nerea Pallares. Editorial Galaxia.
- Sarela. Marga Tojo. Edicións Positivas.
- Son coma glaciares os barcos de aceiro. Cynthia Menéndez. Editorial Galaxia.
PREMIO Á OBRA INFANTIL
- O Peculiar. Érica Esmorís. Cuarto de inverno.
- Pernascochas. Ramón D. Veiga e Blanca Millán. Antela Editorial.
- Queco e Kika. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia.
PREMIO Á OBRA XUVENIL
- Bruxas e dragóns. Ledicia Costas e Luismi Pérez. Triqueta Verde.
- O enigma de Sempreviva. Andrea Maceiras. Edicións Xerais de Galicia.
- Unha historia de amor coma outra calquera. Rosa Aneiros. Editorial Galaxia.
PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
- A panadería. Lucía Belarte e David Lorenzo. Kalandraka.
- Alicia e a mestra de Oza. Iván R. e Paula Carballeira. Edicións Xerais de Galicia.
- Filla das ondas. Xosé Cobas e Fina Casalderrey. Kalandraka.
PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
- A miña outra vida. Miguel Rojo. Retranca Editora.
- Adelina. Sandra Lodi. Editorial Galaxia.
- Rosalía Oculta. Paula Mayor. Editorial Galaxia.
PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
- Diarios. Syra Alonso. Alvarellos Editora.
- Guía ilustrada do Entroido Galego. Alba de Evan, Xabier Domínguez e Iria Prol. Edicións Xerais de Galicia.
- Premios Compostela de álbum ilustrado (XVIII Edición). VV.AA. Kalandraka.
PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
- A máis recóndita memoria dos homes, de Mohamed Mbougar Sarr. María Alonso Seisdedos. Aira Editorial.
- Cos sinais da auga, de Lourdes Álvarez. Xavier Rodríguez Baixeras . Kalandraka.
- O pequeno león, de Jacques Prévert e Ylla. Tamara Andrés. Kalandraka.
PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
- arte menor. Susana Sanches Arins. aCentral Folque.
- Insomnia. Luís Valle. Edicións Malafera.
- Mapa da estría. Andrea Nunes Brións. Chan da Pólvora.
PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
- As fillas bravas de Momán. Chévere teatro. Kalandraka.
- Manchea. Andrea Freire. Baía Edicións e Xunta de Galicia.
- O proceso. Apaga o candil. Cándido Pazó. Editorial Galaxia.
PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
- A caligrafía das espigas. Carlos Negro. Apiario.
- Autobiografía do vermello. Unha novela en verso. Anne Carson. Chan da Pólvora.
- Drácula. Bram Stoker. Aira Editorial.
PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
- Club de lectura feminista A Lila + A Sega,
- Libraría Cartabón.
- SELIC Semana do Libro de Compostela.