A AELG anima a adherirse ao manifesto Temos que mudar o rumbo
21/8/2025
Foto da novidade

Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), animamos á adhesión ao manifesto Temos que mudar o rumbo.

As persoas que queiran facelo, poden enviarnos un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando a súa vontade de sumarse a el.

Iremos colocando os seus nomes a medida que actualicemos as solicitudes de adhesión.

 

 

 

 

Temos que mudar de rumbo

 

Cando o lume sexa apagado e se poida socorrer as persoas e familias prexudicadas e darlles conforto, o seguinte que debe facer a sociedade galega é dar homenaxe e, sobre todo, escoitar a veciñanza dos concellos tan afectados polo lume, así como escoitar os traballadores que apagaron os lumes, que até agora non foron escoitados e, polo contrario, foron desoídos pola Xunta e desprezadas as súas razóns.

Cando o lume sexa apagado, todo o país, toda Galiza, ten que reflexionar sobre o camiño de desidia e destrución no que nos teñen desde hai anos. Temos que reflexionar criticamente sobre AS POLÍTICAS QUE FAN DO NOSO PAÍS UNHA MERCADORÍA QUE SE VENDE A PEDAZOS A EMPRESAS FORÁNEAS. Reflexionar criticamente sobre AS POLÍTICAS DESTRUTIVAS QUE MALTRATAN O NOSO TERRITORIO E DESTRÚEN AS NOSAS RIQUEZAS NATURAIS E O NOSO FUTURO.

Cando o lume sexa apagado, o noso país tense que ollar nun espello limpo e dicir en voz alta: “Non queremos seguir así, non podemos permitir que destrúan a nosa Terra, non podemos permitir que nos destrúan. Temos que mudar de rumbo.”

 

Persoas adheridas:
- Abraham Pérez.
- Alberte Momán.
- Amador Castro Moure.
- Amauta Castro.
- Ana López.
- Ana Romaní.
- Andrea Fernández Maneiro.
- Andrés Cambeiro.
- Antón Lezcano.
- Antón Lopo.
- Antonio Manuel Fraga.
- Anxo Angueira.
- Azucena Arias Correa.
- Beatriz Dourado.
- Beatriz Maceda Abeleira.
- Bernardo Máiz Vázquez.
- Branca Trigo Cabaleiro.
- Carlos Callón.
- Carme Fernández Pérez-Sanjulián.
- Carmen Ares.
- Celsa Perdiz Álvarez.
- Cesáreo Sánchez Iglesias.
- Concha de la Fuente Pérez.
- Concha Losada.
- Conchita Nogueira.
- Cruz Martínez.
- Daniel Landesa.
- David Carballal.
- David Otero.
- Dores Tembrás.
- Emma Pedreira.
- Eva Teixeiro.
- Gisele Mato.
- Helena Pérez.
- Igor Lugris.
- Javier Viéitez Castro.
- Jorge Emilio Bóveda.
- Jorge Rodríguez Durán.
- Lois Pérez.
- Luís Álvarez Pousa.
- Luis Zahera.
- Manuel Ferreiro.
- Manuel Iglesias Turnes.
- Manuel Vilar Álvarez.
- Margarita Ledo Andión.
- María Álvarez Lagarón.
- María Besteiros.
- María Pilar García Negro.
- María Ramos Silva.
- María Xosé Bravo.
- Martiño Maseda.
- Míriam Ferradáns.
- Moncha Fuentes.
- Mónica Camaño.
- Natalia Crecente García.
- Nieves Neira Roca.
- Nolo Suárez.
- Olga Novo.
- Oriana Méndez.
- Pablo Blanco Veiga.
- Pablo Honey.
- Patricia Torrado Queiruga.
- Pedro Noguerol Martínez.
- Pepe Barro.
- Raquel Castro.
- Rebeca Baceiredo.
- Rita Doallo.
- Rita López Torres.
- Roberto Pascual.
- Rosa González Bello.
- Tino Viz.
- Uqui Permui.
- Uxía Senlle.
- Suso de Toro.
- V. Montserrat Moreda García.
- Víctor Barús Diaz.
- Xan Silvar.
- Xavier Queipo.
- Xavier Villaverde.
- Xerome Calero.
- Xoán Piñón.
- Xosé Abad.
- Xosé Allegue.
- Xosé de Cea.
- Xosé Lois Martínez.
- Xosé Luís Méndez Ferrín.
- Xosé Manuel Penas Patiño.
- Xulio Correa Corredoira.
- Xurxo Lobato.
- Xurxo Souto.
- Yuri Carrazoni.

 


Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.