Fallo do I Concurso de Relato Curto Agustín Fernández Paz
3/4/2018

O I Concurso de Relato Curto “Agustín Fernández Paz” foi unha actividade complementaria das Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura: Cando ler non serve para nada, coa finalidade de promover a literatura infantil e xuvenil en lingua galega e homenaxear, ao tempo, unha das súas figuras máis representativas.

 

Fallo do I Concurso de Relato Curto “Agustín Fernández Paz”

Reunido na Coruña, a 27 de marzo de 2018, o xurado do I Concurso de Relato Curto “Agustín Fernández Paz”, constituído por Inma Doval Porto, Iria Sobrino Freire e Mercedes Queixas Zas, decidiu conceder o premio ex aequo aos relatos

  • "Gadoupa", da autoría de Guillermo Rodicio Cimadevilla
  • "Timbrol e a pega", da autoría de Leticia Barbadillo Vázquez

Así mesmo, dada a calidade dos outros traballos presentados, concéderonse dous accésits a

  • "O trato", da autoría de M.ª de los Ángeles Madriñán González
  • "Rezar ao dragón", da autoría de Verónica Pazos García

Os textos premiados, así como os accésits serán expostos na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.


 
ACTO DE ENTREGA
O galardón entregarase nun acto organizado pola Facultade de Ciencias da Educación o 23 de abril. A