Declaración a favor da adscrición das Ensinanzas Artísticas Superiores á Universidade
3/3/2017
A AELG apoia esta declaración
Foto da novidade

Plataforma pola incorporación das Ensinanzas Artísticas Superiores (EEAASS) ao sistema universitario galego

Declaración a favor da adscrición das Ensinanzas Artísticas Superiores á Universidade

 

Reunidas en Compostela, o pasado día 1 de febreiro de 2017, convocadas pola Plataforma Galega pola Integración das Ensinanzas Artísticas Superiores na Universidade, as asociacións e entidades que máis abaixo se sinalan acordan trasladar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o seu apoio á petición da Plataforma en relación coa adscrición das ditas ensinanzas ao sistema universitario galego.

En consecuencia, e tendo constancia de que existe un amplo consenso en todos os sectores implicados (alumnado, profesorado, sindicatos do ensino), ao que se suman as asociacións e entidades que promoven esta petición, e sabendo que a adscrición vai resultar sumamente positiva para a posta en valor das titulacións (con graos e posgraos), para a mellora da súa calidade, para equiparar os dereitos do alumnado, e moi especialmente para facilitar unha máis fluída e produtiva relación dos centros superiores co tecido cultural de Galicia en todo tipo de actuacións e programas,

SOLICITAN da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, segundo establece a LOMCE no seu artigo 58 (7 e 8), se poñan en marcha os mecanismos que permitan que as ensinanzas artísticas superiores e os centros que as imparten inicien a súa adscrición á universidade no curso escolar 2017-2018, proceso para o que ofrecemos todo o noso apoio e a nosa leal colaboración.

  • Academia Galega do Audiovisual
  • Asociación Cultural A Pipa de Becerreá
  • Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)
  • Asociación de Conservadores e Restauradores (ACRE)
  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
  • Asociación de Festivais de Artes Escénicas de Galicia (AFEARTE)
  • Asociación Galega de Guionistas (AGAG)
  • Asociación Circonove
  • Asociación de Profesionais de Circo de Galicia
  • Asociación de Tradutores Galegos (ATG)
  • Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg)
  • Dramaturga. Asociación Galega de Dramaturxia
  • ESCENA GALEGA, Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas
  • FEGATEA, Federación Galega de Teatro Afeccionado
  • Nova Escola Galega (NEG)
  • Unión de Titiriteiros Galegos (UNIMA Galicia)

Conforman a Plataforma:

Asemblea de alumnas e alumnos do CSM de A Coruña; Asemblea de alumnas e alumnos do ECRBC de Galicia; Asociación de alumnos e alumnas do CSM de Vigo; Asociación de alumnos e alumnas da ESAD de Galicia; CIG Ensino, Confederación Intersindical Galega; Comisións Obreiras. Federación do Ensino de Galicia; Conservatorio Superior de Música de Vigo; Conservatorio Superior de Música de A Coruña; Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia; FETE-UGT Galicia; STEG, Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia; Asemblea aberta de nais e pais en apoio da Plataforma pola Incorporación á Universidade das EEAASS.