Organiza: Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG
Patrocina: Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do concello de Lugo
Aulas: Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, rúa Quiroga Ballesteros, Lugo.
Duración: 26 horas / 13 sesións semanais de 2 horas cada unha
Imparten: Isidro Novo (6 sesións), Antonio Reigosa(6 sesións) e un especialista (Ana Carreira) en narración oral (1 sesión).
Participantes: 25 (maiores de 15 anos)
Calendario: Os martes 23 e 30 de setembro, 7, 14, 21 e 28 de outubro, 4, 11, 18 e 25 de novembro, 2, 9 e 16 de decembro de 2014.
Horario: de 18 a 20 horas
Inscricións:
No Rexistro Xeral do concello de Lugo, Ronda da Muralla s/n.
»» FORMULARIO Solicitude Xeral concello de Lugo
As inscricións realizaranse desde 30 de xuño até o 12 de setembro de 2014.
Terán preferencia os alumnos/as asistentes aos 1º e 2º Obradoiro de Narración Oral, celebrados en Lugo en 2012 e 2013.