Aberta a inscrición para o Curso de literatura práctica, impartido por Camilo Franco
19/6/2014
Un novo obradoiro da Escola de Escritoras/es da AELG

A Escola de Escritoras e Escritores da AELG convoca un novo obradoiro de creación literaria.

O Curso de literatura práctica, conducido polo escritor Camilo Franco, ofrecerá unha aproximación á literatura a partir de reflexións sobre onde comezan as historias ou a quen debe convencer o escritor ou escritora. Contará tamén coa participación doutros autores-as convidados-as.
 
O curso, gratuíto grazas ao apoio da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela, componse de dez sesións, os sábados de 11.30 a 13.30 horas, na aula de didáctica do Museo-Fundación Eugenio Granell (praza do Toural) e comeza o 13 de setembro.
 

A inscrición cómpre facela por correo electrónico, enviando os datos persoais (nome, enderezo e teléfono de contacto) ao Departamento de Lingua Galega (dlg@santiagodecompostela.org). A data límite é o 5 de setembro e o número de prazas, que se asignarán por orde de chegada das inscricións, é de 25.